Relatorio presentado nas Primieras Xornadas de Cultura Popular.
Xinzo de Limia. 23-06-2018.
Cando un se interesa por coñecer A Limia, a forma de vida da súa xente, o normal é consultar aos que escribiron sobre ela.
Os autores que falan da Limia, no que se refire aos cultivos, mencionan sempre a abundancia e calidade dos cereais e, aínda que lle dan importancia ao trigo, é o centeo o máis mencionado. O centeo é chamado directamente "PAN" co que se demostra a importancia para a alimentación dos nosos avós.
Aínda que agora é a pataca o producto principal da comarca, non arrancou a producción como a coñecemos ata o século XIX.
Vexamos o que deixaron escrito sobre os cultivos de A Limia:
Elixio Rivas Quintas, A Limia, afirma que deberon ser os romanos os que primeiro desecaron a Lagoa de Antela no primeiro terzo do S.II, en tempos do Emperador Adriano. Todo este espazo sen auga sementouse de cereal (centeo e trigo) co que dende aqueles tempos ata a Idade Media se coñeceu A Limia como PALLA AUREA. (A TULLA DE GALICIA ou GRANEIRO DE GALICIA).
O Catastro de Ensenada, 1749-1759, fálanos que nas terras de labranza o sementado era: trigo, millo groso, liño, centeo (o pan). Este último sementábase en terras de 2ª calidade e de secaño.
Cerrato A. Tierra, producción y precios. La Limia Alta, Siglo XVIII. Catastro de Ensenada 1753.
En 1777 González de Ulloa, Descripción de la Casa de Monterrey, fala de: "Los frutos de la planicie y montes poco ásperos que la circundan son: mucho centeno, algún trigo, mijo grueso y menudo, lino, patatas, toda especie de legumbres y hortlizas..."
Madoz no seu diccionario (1846-1850) comenta no apartado de producción: muchos cereales e en Industria y Comercio: extracción de centeno y lienzos.
Vicente Risco, Geografía General del Reino de Galicia de 1930 dinos: "Sus producciones más importantes son los granos: centeno, trigo y maiz, que se cosechan en abundancia, sobrando la mayor parte para la exportación y surtiendo los mercados de Allariz, Celanova, Verín, Ribadavia, pueblos limítrofes de Portugal, Redondela, Vigo, etc."
Todos os autores falan da importancia do cereal, o centeo sobre todo, como o gran producto da Limia.
Do centeo dinos Cerrato A.,Vellos Traballos Comunitarios do Mundo Labrego, que ademais que para a obtención de gran, era moi importante pola palla:

- Comida para as vacas.
- Cama para as cortes.
- Colmo para os palleiros e vivendas.
- Xergóns.
- A matanza do porco. (Chamusca e primeiro chourizo)
- Fachóns para os camiños na noite.
- Mulido das albardas.
- Mantas para as vacas.
- Para facer as corozas.
E Risco engade na obra mencionada anteriormente, que tamén servían para "sombreros para los hombres que ellos mismos fabrican"
A conservación da palla esixiu a aparición dunha cosntrucción adxectiva específica para almacenala que é a Palleira.
Non podemos esquecer o "cornizó" (Claviceps purpurea) o fungo que recollían os pequenos e maiores para vender nas feiras de Xinzo e que tan ben pagado estaba.
PROCESO DA OBTENCIÓN DO CENTEO.
O centeo seméntase en setembro a manta, despois de estercar e darlle unha arada á terra.
En abril-maio arícase, que é unha pasada de arado suave. Cando o necesitase, porque nacían os cardos e as herbas, facíase unha escarda que é outra arada.
Na segunda semana de S. Xoan comezaba a sega. Un dos traballos comunais a destacar e estudado entre outros por A. Cerrato.
Tamén era un traballo comunal a malla que xuntaba a toda a aldea para este duro traballo.
A palla gardábase na PALLEIRA, e como se almacenaba o gran?
O gran necesita ser almacenado convenientemente para que non se esnaque e coa súa falta chegue a fame (o meu pai di que con isto aparece o peor enxendro: o páncaro)
Para o almacenado empréganse varios contedores:
Os pipos para cereal.
Teñen unha altura de 70 cm e 160 cm de diámetro na parte máis gorda. Estaba na casa de Benjamín Villarino en Baronzás.
Está construído totalmente en madeira. Non usa o metal para apertar as táboas como os do viño, non o necesita ao non conter líquido.
Arcas ou arcaces.
Son grandes caixóns de madeira 45 cm alto,168 cm largo e 50 cm ancho) que como nos comenta M. Mandianes Castro no Grial número 81 A seitura na rexión da Limia: "o gran gárdase todo o ano nos arcaces. Vaise sacando a medida que fai falta levar ao muíño."
Tamén Gonzalez de Ulloa, cando fala da condición de vida dos que estaban baixo o mando do Conde de Monterrei, dinos: "No debe llamarse casa la en que viven, sino choza pajiza. Los muebles que contiene se reducen a un carcomido apero de labranza, una arca, poco menos antigua que la de Noé.."
X. Lorenzo. O cantigueiro popular da Limia Baixa: "En xaneiro media arca e medio palleiro e o porco enteiro"
En Xinzo de Limia puiden ver a Tulla da casa da Sra.Virginia. Avisoume a súa filla Carmen porque a casa sufriría en breve unha reforma e a tulla desaparecería.
Esta Tulla era máis grande que a de Baronzás. Ocupaba casi unha parede enteira do segundo andar, menos o espazo dedicado á escaleira. Nesa sala estaba o lar co lume. Como a de Baronzás estaba por riba da escaleira para aproveitar a inclinación. Tamén tiña o marco con canle para que se deslizasen as táboas segundo se enchía a Tulla. O que si me dixeron, e que non puden comprobar polo mal estado da edificación, é que tiña unha canle dentro da parede pola que caía o gran do segundo andar á planta terrea. Se era así, parabéns ao que fixo esta obra.

Palleira en Xinzo de Limia.

Tullas.
Nos dicionarios:
Martín Samiento (1746-1770) "en Galicia significa granero, si bien no creo que se diga trulla sino tulla."
Juan Manuel Pintos Villar (1865) "granero, cilla."
Juan Cuveiro Piñol (1876) "granero o arcón grande para guardar el fruto."
Marcial Valladares Núñez (1884) "especie de arca grande de madera, con postiguillo para recoger y conservar granos."
Figueira, Tobio, etc. (1926) "arcón de conservar grano. Especie de silo, bodega o sótano donde se guarda las arcas de grano."
Carré Albarello (1928-1931) "silo. Cueva o lugar oscuro en donde se guarda el trigo y otros frutos. Arcón del mismo uso.
Ibañez Fdez (1950) Silo. Arcón para guardar el trigo y otros frutos."
Rodríguez González Eladio (1958-1961) "panera, habitación donde guarda el grano del trigo, centeno o avena. Especie de arca grande de madera, fija, con una pared movible, que sirve para recoger los granos de trigo o centeno, pues el maíz se guarda en el horreo.
A Tulla sen centeo é como o prado sen rego.
O que ten chea a Tulla, non ten porque ter carpulla (fame)
Tulla que está sin trigo non dá grau para facer pantrigo.
Franco Grande (1972): Panera. Especie de arca grande de madera, fija, con una pared movible, que sirve para recoger los granos de trigo o centeno. Casa para guardar el grano menudo.
García González (1985): depósito para guardar el grano.
Estraviz: Celeiro construção ou compartimento seco e escuro onde se gardam ou depositam cereais e outros frutos.
Grande arca, de madeira, fixa, com uma tampa movivel, para guardar os grãos de trigo e outros cereais.
Vão existente debaixo das escalerias destinado a guardar o grão.

Tulla de Baronzás (Debuxo de Manuel Díz)
No Concello de Xinzo de Limia, nunha casa de Baronzás e noutra de Xinzo de Limia, puden ver dúas Tullas formando parte da construción.
A Tulla de Baronzás acupaba un espazo ao carón da lareira, alí a temperatura era máis estable e a humidade era menor ao aproveitar o calor do lume aceso. Estaba por riba da escaleria de acceso ao segundo andar. No Alzado A vemos que era por onde se enchía a Tulla. As madeiras que fan de marco ao oco son acanalados para que encaixen as táboas que se ían engadindo segundo se enchía a Tulla. Na parte de abaixo tamén tiña un pequeno oco que era por onde se baleriaba a tulla cara os sacos. Tiña unha pequena táboa que facía de fecho.
No Alzado B vemos o que era un oco, que estaba cubeto cunha tea metálica que facía de respiradoiro. Debaixo ten a porta de entrada ao segundo andar. Pola Sección vemos que é a parte estreita da Tulla.
Con este deseño tan funcional conseguían solucionar o problema do almacenamento do gran, así como dispor da cantidade que se quixese sen esforzo, porque o gran caía só ao aproveitar a forza da gravidade ao ter unhas das paredes inclinadas.
A Tulla de Baronzás acupaba un espazo ao carón da lareira, alí a temperatura era máis estable e a humidade era menor ao aproveitar o calor do lume aceso. Estaba por riba da escaleria de acceso ao segundo andar. No Alzado A vemos que era por onde se enchía a Tulla. As madeiras que fan de marco ao oco son acanalados para que encaixen as táboas que se ían engadindo segundo se enchía a Tulla. Na parte de abaixo tamén tiña un pequeno oco que era por onde se baleriaba a tulla cara os sacos. Tiña unha pequena táboa que facía de fecho.
No Alzado B vemos o que era un oco, que estaba cubeto cunha tea metálica que facía de respiradoiro. Debaixo ten a porta de entrada ao segundo andar. Pola Sección vemos que é a parte estreita da Tulla.
Con este deseño tan funcional conseguían solucionar o problema do almacenamento do gran, así como dispor da cantidade que se quixese sen esforzo, porque o gran caía só ao aproveitar a forza da gravidade ao ter unhas das paredes inclinadas.
En Xinzo de Limia puiden ver a Tulla da casa da Sra.Virginia. Avisoume a súa filla Carmen porque a casa sufriría en breve unha reforma e a tulla desaparecería.
Esta Tulla era máis grande que a de Baronzás. Ocupaba casi unha parede enteira do segundo andar, menos o espazo dedicado á escaleira. Nesa sala estaba o lar co lume. Como a de Baronzás estaba por riba da escaleira para aproveitar a inclinación. Tamén tiña o marco con canle para que se deslizasen as táboas segundo se enchía a Tulla. O que si me dixeron, e que non puden comprobar polo mal estado da edificación, é que tiña unha canle dentro da parede pola que caía o gran do segundo andar á planta terrea. Se era así, parabéns ao que fixo esta obra.
Tulla da Sra. Virginia. Xinzo de Limia. (Debuxo de Manuel Diz)
Tulla da Sra. Virginia. Xinzo de Limia (Con ristra de cebolas)
O gran ía da aira, despois da malla, metido en sacos. Os sacos subíanse ao lombo ata o segundo andar da casas, onde vimos que están as Tullas. O gran volvía a saír en sacos cara os muíños para a moenda e ter fariña para facer o pan.
Agradecementos:
Manel Diz polos debuxos tan ilustrativos.
Carmen e a Sra. Virginia por mostrarme a Tulla de Xinzo de Limia.
Maruja por mostrarme a Tulla de Baronzás.
Benjamín Villarino polo Pipo de cereal.
Fernández López polas Arcas de As Pergas.
X. Miguel Barrios polas correccións.