Cando visitamos o Barrio de Abaixo da Vila de Xinzo de Limia, podemos ver unhas poucas construccións que conservan a fasquia tradicional. Cada vez menos, ben é certo, pero pode darnos unha visión do que foi a construcción tradicional da vila. Dentro das que aguantan en pé están unhas pequenas construccións que ainda que son chamadas "palleiras" a súa función era distinta a de almacenar a palla.
Vou facer unha pequena descripción acompañada das miñas fotos e dos debuxos do meu amigo Manuel Diz que ten a mestría para facer tan ilustradoras láminas e a paciencia de aturar as miñas constantes peticións de colaboración.
As palleiras das que vamos falar están en dúas rúas ao norte do antigo Camiño Real (actual Rúa Galicia) casi ao fin do tramo urbán.
As rúas son a Rúa do Padrón e a Rúa Serra de Queixa. Estas palleiras están entre vivendas e algunhas son colindantes pola fachada traseira, ainda que non porta con porta.
Localización das palleiras. |
O piso era de terra, a mesma terra sobre a que se levantou a construcción. A terra pisábase para conseguir un nivel máis ou menos horizontal e para que o piso fose duro.
Palleira da rúa Padrón. |
Esta palleira da rúa Padrón ten unhas peculariedades que a fan especial. Chama a atención pola boa construcción. Só ten cachote sen colocar na parede lindeira coa construcción da dereita.
Ten unha pedra á dereita da porta cun burato que parece de gateira. Parece aproveitada doutra construcción e quen sabe se era parte dunha ventá, estaría no chan cun pao no burato, quen sabe...
A porta está dividida en dúas partes para airear o interior sin que se abra a porta na totalidade.
Á esquerda da porta ten unha argola na que se engancha unha cadea para pechar a porta. Debeu ser o sistema do peche de sempre porque as sucesivas cadeas deixaron a marca na pedra.
Ten outra peculariedade, está datada: 1878. Ainda que o sete é un pouco consfuto diferenciase claramente do un do comezo a data.
O triste que é que está esborrallada. Esta e as colindantes. Algunhas palleiras teñen as portas cegadas con ladrillos ou bloques porque algúns "preas" entraban para facer botellóns e outras cousas.
Pedra coa datación e detalle da cadea. |
Fachada e cuberta da palleira da rúa do Padron. Manuel Diz. |
Planta da palleira da rúa do Padrón. Manuel Diz. |
A palleira da rúa Serra de Queixa tamén é dunha planta. Os muros son de cantería concertada sen moito traballo e con cachote para encher ocos. O tellado é a dúas augas de tella curva do pais. Como se olla nas fotos a porta do carro ten a lumieira de madeira. Como as da rúa Padrón está en claro proceso de deterioro, sobre todo o tellado que é por onde empezan os problemas. Unha parte ten uralita e tella plana para impedir que entre a auga e pudra as madeiras do tellado. Frente a esta palleira hai outras dúas que tamén presentas serias deficiencias.
Palleira da rúa Serra de Queixa. |
A mesma palleria da rúa Serra de Queixa dende o outro carón. |
Fachada e cuberta dunha da palleira da rúa Serra de Queixa. Manuel Diz. |
Planta da Palleira da rúa Serra de Queixa. Manuel Diz. |
Nunhas leiras próximas a estas palleiras era onde os veciños colocaban os palleiros. A xente recorda este espazo con morriña pola beleza de ver o traballo feito, e ben feito. Con esto solucionaban o almacenamento de palla e podían usar estas pequenas palleiras para gardar e almacenar outras cousas; sobre todo a leña e os trebellos que todos os labregos tiñan para atender as labouras do campo. Era moi normal que os labregos tiveran coñecementos sufientes para arranxar as ferramentas, facer utensilios de madeira, arranxar as edificacións, etc. Cando eles non podían ou non sabían facer o traballo era cando acudían aos que coñecían o oficio: ferreiros, carpinteiros, canteiros, albardeiros, etc.
Tamén servían para criar a "facenda" que son os pequenos animáis que forman unha parte moi importante da mantenza da casa, pitas, polos, coellos... e moitas veces os porcos tamén. Nalgúns casos servían para gardar o carro se non tiñan outro sitio.
A utilidade era diversa e eran un apoio na economía dos veciños da vila que como xa comentei noutros artigos tiñan unha vida como en calquera aldea, lonxe da vida dos que vivian no Barrio de Arriba.
Este tipo de construcción ten diferente sorte. Algunhas esmorecen e siguen o proceso de deterioro, outras arranxaronse para continuar co uso, outras foron modificadas radicalmente e outras ata son vivendas.
Palleiras na rúa do Padrón. |
Palleira na rúa Serra de Queixa. Esta foto é do ano 2016. Esta palleira foi modificada radicalmente. |
Palleiras na rúa Serra de Queixa en claro deterioro. |
Palleira na rúa do Cemiterio modificada na fachada principal agrandando a porta e nunha fachada lateral coa apertura dunha nova porta. |
Palleira na rúa do Cemiterio modificada para transformarse en vivenda. |
No Barrio de Abaixo hai máis palleiras. Moitas familias tiñan casa e palleira como centro de almacenamento das colleitas do ano e para criar os animáis. Algunhas caerán esborralladas e outras tranformaranse tendo outros usos.
O tempo dirá...
Como sempe gracias ao Manuel Diz polos planos.