Este ano 2021 vaime/nos deixar sen o entroido. Como non vou poder sair a tomar un viño cos amigos polo Barrio de Abaixo e tampouco vou poder visitar outros entroidos para coñecer e disfrutar da súa festa e sacar unhas fotos, púxenme a facer unhas coplas entroideiras.
A verdade é que non quería publicalas pero penseino mellor e vouno facer porque:
1.- Xa teño anos para considerar que neste campo podo facer o que me pida o corpo.
2.- Formo parte por nacemento dun espazo onde a tradición do entroido por enmascararase, por disfrutar da vida nestes días, curtos días, aparace no ADN.
3.- Pódese dicir que ao formar parte da tradición pode engadirse a esta parte da cultura popular. E senón é así, polo menos paseino ben escribíndoas e matei a morriña.
Foto que xa ten os seus aniños na que estou cos meus amigos de Pantalla.
Nacho, O Pepiño Calleja, Kiko, Juan Carlos, Manolito, Zalito e Sindito. |
A ver que vos parecen as coplas:
I
domingo de entroido sorriso alegre,
esperta o día debaixo dos ollos
co son dos estrondos. os dous coloretes.
Por riba da cama Os cornos de punta
todo colocado, o fleco a brilar
a roupa está limpa e a percalina
co ferro pasado. por min a agardar.
A camisa branca, -Vístame miña nai
a capa encarnada, que quero troulear.-
a faixa vermella -Vístame miña nai
as campás douradas. e a Pantalla bailar.-
O pantalón branco, Xa poño o pantalón
as polainas negras, e máis a camisa,
negro o zapato, poñendo as polainas
así din as regras. comezan as risas.
Vexigas inchadas, A faixa apretada,
e luvas para as mans por riba o cinturón
e o pano de cor pegar un saltiño
mellor se é da nai. para escoitar o son.
Está a Pantalla Ca capa xa posta
mirando para min, e tamén o pano
co seu colorido, comeza o sermón
co seu eterno rir. que non me fai dano.
Ten no cucurucho Non és ti soliño
debuxos de planetas vai a casa contigo,
nun fondo infinito se vas dar vengoña
cheiño de estrelas. queda aquí comigo.
A cara rosada Outros xa a levaron
a barba ben negra e chegou ata ti
como o bigote. faino como eles
e as dúas cellas. ou quédate aquí.
E PASAO MOI BEN,
TROULEA POR TODOS
POLOS VELLOS TAMÉM.
ela monxa preta.