Quixo a casualidade que nunha visita a Seiró, Concello de Vilar de Barrio, ollase os encalados e encintados da aldea. Era o ano 2016. Volvín estes días de agosto de 2021 para ollar o estado de conservación dos encalados e encintados.
O encalado é unha das manifestacións do arte popular da que máis gosto. Os de Seiró están moi ben.
Vou falar primeiro dos encintados e encalados desta casa que ao estar nun canellón dá traballo atopala.
Foto do 2021. |
Parede parcialemente encintada e encalada. Foto do ano 2016. |
A parede perdeu parte do encintado do medio para abaixo. Conserva na parte superior dereita un encintado ben traballado. Predominan as formas máis ou menos circulares que son as típicas de pedras que non está o suficientemente traballadas. Son pedras irregulares e cachotes, como se olla na parte de abaixo que perdeu o encintado.
É no lado esquerdo e por debaixo da xanela onde o artista se luciu máis.
Xanela con encalados. 2016. |
Penso que podo dividir o encalado en tres partes.
A parte superior á esquerda. O encintado é ancho e a parte negativa queda cunha forma redondeada que a min recórdame unha mazá.
Banda de medios círculos. Aparece debaixo do encintado anterior unha banda de medios círculos. A parte de arriba da banda está formada pola metade de dous círculos e medio.(Parte inferior do círculo). A parte de abaixo ten dous medios círculos. (Parte superior do círculo) Están colocados para que non coincidan as partes anchas dos círculos.
Banda con círculos de menor tamaño. Esta banda en parte pasa por debaixo da xanela. Na parte de arriba da banda ollamos sete círculos e medio. Na parte de abaixo da banda temos as metades de sete círculos e medio (Parte superior do círculo). Esta vez o artista fai coincidir as partes anchas dos círculos. No medio, para completar o espazo, aparecen outros sete círculos de menor tamaño.
Seguramente o encintado e as bandas seguirían cara a esquerda. Parece que ainda quedan restos do encalado. Hoxe está perdido.
CASA QUE FOI TABERNA:
Porta e xanela da casa que foi taberna. |
Esta casa ten uns encalados moi lindos. Na fachada da porta e tamén na lateral, debaixo das tellas que sobresaen do tellado, ten un encalado en banda que crea un xogo visual ben interesante co positivo e o negativo.
Xanela da taberna. |
Detalle da banda á dereita da xanela. O remate integra a forma do cáliz nos encintados anchos da dereita e da esquerda. |
Detalle da banda á esqueda da xanela. |
Detalle da banda debaixo da xanela que malamente conserva o encalado. |
Fachada lateral da taberna con encalado no balcón. Continúa o mesmo patrón de cálices e de círculos.
Casa que en tempos foi taberna fachada con balcón.. |
Balcón con encalado ano 2016. |
Restos de encintado e encalado na parte superior da xanela. |
Detalle do encalado na parte superior da xanela. Os que instalaron o cable deberían pagar en galeras a desfeita. |