O meu amigo Gonzalo deixoume a Pantalla que hoxe imos coñecer. Con Gonzalo compartín a directiva da ANPA do Colexio Rosalía de Castro de Xinzo de Limia e fixémonos amigos. Ademais teño que agradecerlle o apoio "naqueles marabillosos anos".
Imos o choio. Esta Patalla foi feita polo Barge que foi compañeiro do Pucho á hora de facer as Pantallas. É deste último o corte e a forma da Pantalla.
|
Pantalla do Barje. |
A principal diferencia con outras Pantallas é que o corte do sobreiro, sobre o que se fai a cara, non é como o que facía o Julio Villarino que é considerado o corte máis tradicional.
O sombreiro ten un gran corte na parte superior coa forma dun triángulo ou V. En triángulo tamén son os ollos e o nariz. Incorpora un triángulo de cartón por riba da cara no que se cose o corno da Pantalla.
|
Interior da cara da máscara co corte de sombreiro en V e o triángulo de cartón. |
O perímetro da cara é de 27 cm. Da frente ao queixo ten 20 cm.
A BARBA.
A barba nace dende a parte inferior das orellas. Ten unha ondulación a cada lado da cara e unha ondulación central no queixo. A barba é de cor negra
BARBA LADO ESQUERDO.
Ten de longo 5,50 cm ata a parte máis estreita que mide 2,30 cm. De alto mide 4 cm dende o floco.
BARBA LADO DEREITO.
Ten de de longo 5,50 cm ata a parte máis estreita que mide 1,70 cm. De alta mide 3,60 cm dende o floco.
BARBA DO QUEIXO.
De alto dende o floco ten 4,90 cm. De ancho ten 6,60 cm.
A BOCA.
A boca é de cor vermella e ten de longa 5,40 cm. De ancha ten 1,40 cm. O labio superior ten de ancho 0,80 cm. O labio inferior ten de ancho 0,50 cm.
O BIGOTE.
Está pintado sobre a máscara. Ten as puntas lixeiramente cara arriba. Está pintado todo seguido dunha peza cunha fenda no medio.
Ten de longo 8 cm, de ancho 0,80 cm e a fenda é de 0,60 cm.
OS COLORETES
Os coloretes son vermellos e teñen un diámetro de 2 cm. A separación entre eles é de 7,20 cm.
O NARIZ.
O tabique mide 4,20 cm. De alta mide 2,50 cm e de ancha 4 cm. O grosor do papel é de 0,70 cm.
OS OLLOS.
O ollo esquerdo mide de longo 6 cm. De alto ten 3,30 cm. O ancho tanto na parte superior como na inferior é de 0,80 cm.
O ollo dereito mide de longo 6,30 cm. De alto 3,10 cm. O ancho mide 0,80 cm. tanto na parte superior como na inferior.
Os ollos están pintados de vermello e teñen pestanas pintadas en negro.
Pestanas ollo esquerdo arriba: 21. Pestanas ollo dereito arriba: 22
Pestanas ollo esquerdo abaixo: 14 Pestanas ollo dereito abaixo: 13
AS CELLAS.
As cellas son duas pinceladas irregulares en negro con 0,70 cm de ancho. A esquerda mide 7,30 cm de longo. A dereita mide 7,50 cm de longo.
AS ORELLAS.
O CORNO.
De alto mide 35 cm. O ancho da parte inferior mide 18 cm. O ancho do triángulo da parte de atrás mide 15,10 cm. O mínimo do ancho da parte de atrás é de 2 cm.
O pequeno corno saínte que está por riba da cara da Pantalla mide de ancho 10,20 cm, Dende onde dá a volta ata o cumio ten 11,40 cm.
O lado esquerdo ollando a Pantalla de fronte.
Ten unha fita branca perimetral. O fondo é de cor negro.
Ten o debuxo dunha ra de cor verde. Ten liñas amarelas dorsais e pintas da mesma cor por todo o corpo.
Tamén ten liñas negras. O único ollo que se olla é de cor amarelo e vermello. Está pousada sobre fondo prateado con puntos verdes. Na parte superior aparecen a cada lado da ra dous xuncos de cor verde con liñas amarelas e puntos vermellos. Rodeando a parte inferior da ra temos 15 puntos da mesma cor que os xuncos, verde con puntos amarelos e vermellos. Da boca da ra saen en total 24 puntos amarelos que supoño teñen a intención de simular o canto. Como todos sabemos o motivo da ra é un motivo ven coñecido en A Limia.
Por debaixo da ra aparecen tres circulos de mais ou menos 2,50 cm de diámetro. Dous vermello aos lados e un azul central.
A esquerda da ra temos un pequeno circulo azul. Ao longo do corno temos 4 círculos de cor amarelo-verde-marelo-verde de 2,50 cm de diámetro. Debaixo destes círculos e por riba da ra aparecen dous círculos vermellos, un de 2,50 cm e outro máis pequeno de 2 cm de diámetro. Debaixo un círculo azul de 2,50 cm de diámetro. Na punta do corno aparece un círculo amarelo de 5,90 cm de diámatro.
O lado esquerdo do corno ollada de fronte.
Ten a fita perimetral de cor branca e o fondo é negro.
Como motivos principais ten a cabeza dun gato e unha estrela.
O gato é de cor branco de 8,50 de ancho na parte máis ancha. Do quiexo ata as orellas ten 11,20 cm de alto. Os ollos son negros e teñen 1 cm de alto por 0,70 cm. de ancho. O nariz é unha liña negra de 4,20 cm de longa e 0,30 de ancha. A boca é de 1,80 cm de longo por 0,30 cm de ancha. Ten tres bigotes a cada lado da cara. No lado dereito miden de arriba cara abaixo: 2,80 cm, 2,60 cm e 2 cm. Do lado esquerdo e na mesma orde: 2,30 cm, 2,10 cm e 2cm.
Ao redor da cabeza do gato temos 10 figuras, sete de forma cadrada de maior tamaño con 1,80 por 1,80 de lado e tres círuculos máis pequenos de 0,80 cm de diámetro.
De arriba e cara a dereita as figuras cadradas son das seguintes cores: vermello-amarelo-azul-amarelo-azul-castaño-verde. No mesmo sentido os círculos son de cor azul-vermello-vermello.
Á dereita cara a fita branca temos tres cadrados das mesmas medidad e de abaixo cara arriba de cores verde-vermello-azul.
O outro motivo é unha estrela amarela de 6 puntas. A distancia de punta a punta é de 12,20 cm menos a que está na horizontal que ten 13,20 cm.
No espacio entre as puntas das estrelas aparecen facendo unha convinación de cores verdes e vermellas os cadrados xa mencionados e coas mesmas medidas. No lado esquerdo, e por motivo de tamaño aparece un pequeno círculo tamén coas medidas dos pequenos círculos.
Por riba da estrela e seguindo a fita do corno temos un círculo pequeno verde e tres cadrados azul, verde e castaño. Para encher o oco temos un cadrado amarelo. As medidas son as coñecidas.
Na punta do corno ten un círculo verde de 5,20 cm. de diámetro. Está rodeado de 5 círculos azuis de 0,80 cm de diámetro.
O triángulo que está por riba da cara ten 7,10 cm de base e remata en punta. A fita dos lados é de 1,80 cm. A fita que fai de base por riba dos ollos mide 2,10 cm.
No fondo á dereita aparece o nome do que fixo a Pantalla: BARGE.
O TRAPO.
O trapo é de cor azul de 60 cm de longo e 48 cm de ancho. Ten 5 buratos redondos a dereita e a esquerda e 5 buratos en rombo máis grandes e máis irregulares.
FLOCO.
O floco da cara é o típico que se colocaba nas colchas e ten 7 cm de ancho. A parte do floco que se coloca na barba mide 3 cm.
O peso da Pantalla é de 750 gm.
Repito o meu agradecemento ao amigo Gonzalo e ao seu fillo polo préstamo da Pantalla. Moi ben pola intención que teñen de arranxar a Pantalla para que dure moitos anos máis.
Tamén agradecer a axuda de Paco, o gato da miña filla Uxía.