domingo, 23 de abril de 2023

PANTALLA DO PUCHO DO ANO 1985 REMOZADA NO 2019.

Recibín, via movil, unha comunicación do amigo e Pantalla Martín Domínguez de que tiña unha Pantalla do Pucho do ano 1985. Que estaba remozada polo propio Pucho no ano 2019. Pregunteille pola posibilidade de facer un traballiño sobre ela e mostrouse disposto ao momento.


Pantalla do Pucho propiedade de Martín Domínguez.

Paréceme moi interesante que se reparen as antigas Pantallas que temos en propiedade, son un tesouro. É algo que deberiamos facer todos.

As Pantallas do Pucho teñen un corte de sombreiro moi peculiar. O corte ten na parte superior unha V que chega ata os ollos.

Corte de sombreiro do Pucho.

Por riba do corte en V do sobreiro o Pucho cóselle un triángulo de cartón que une o sombreiro e o corno da Pantalla.

Triángulo de cartón cosido ao sombreiro e ao corno.

O perímetro da cara é de 20,50 cm. Da frente ao queixo ten 22,50 cm. A cor da cara é moi pálida case branca.

A BARBA.

A barba nace dende a parte inferior das orellas. Ten unha ondulación a cada lado da cara e unha ondulación central no queixo. A barba é de cor negra. Está moi cerca da boca, só a 3 cm. 

BARBA LADO ESQUERDO.

Ten de longo 5 cm ata a parte máis estreita do centro. Esta parte máis estreita mide1,90 cm de alto. O lado estreito da parte da orella mide 2,20 cm de alto. Dende o floco mide de alto 5,10 cm.

BARBA LADO DEREITO.

Ten un longo de 5,10 cm ata a parte máis estreita do centro que tamén mide 1,90 cm de alto. O lado estreito da parte da orella mide 2,90 cm de alto. Dende o floco mide de alto 5,80 cm.

BARBA DO QUEIXO.

De alta dende o floco ten 4 cm. De ancho ten 8,30 cm.

A BOCA.

A boca é de cor vermella e ten de longa 7,50 cm. De ancha ten 2 cm. O labio superior ten de ancho 1,20 cm e o labio inferior ten de ancho 2,80 cm.

O BIGOTE.

Está pintado sobre a máscara. As puntas están arqueadas cara arriba. No centro é lixeiramente máis elevado. O lado esquerdo do bigote mide 4,50 cm e o dereito 4,20 cm. De alto mide 0,70 cm e esa parte máis elevada do centro mide 1cm.

OS COLORETES.

Os coloretes son vermellos e teñen de diámetro 2,20 cm o colorete dereito e 2,50 cm o colorete esquerdo. A separación entre eles é de 4,20 cm.

O NARIZ.

O tabique mide 4,20 cm. De alta mide 2,70 cm. e de ancha 3,20 cm. O grosor do papel é de 0,80cm.

OS OLLOS.

O ollo esquerdo mide de longo 4,80 cm. De alto ten 2,90 cm. O ancho na parte superior mide 0,80 cm e na parte inferior 1,30 cm.

O ollo dereito mide de longo 4,70 cm. De alto ten 3,10 cm. O ancho na parte superior mide 1 cm e na parte inferior 1,40 cm.

Os ollos están pintados de vermello e teñen pestanas pintadas de negro.

Pestanas ollo esquerdo arriba: 15.                       Pestanas ollo dereito arriba: 14.

Pestanas ollo esquerdo abaixo: 11.                      Pestanas ollo dereito arriba: 12.

AS CELLAS.

As cellas son dúas pinceladas en negro con 0,70 cm de alto. A esquerda mide 6,90 cm de longo e a dereita mide 7 cm de longo.

Lateral dereito.

AS ORELLAS.







O corno mide de alto 32,50 cm. O ancho da parte inferior é de 15,50 cm. 

O ancho do triángulo da parte de atrás mide 8,70 cm. de máximo e de 1,20 cm. de mínimo.

Triángulo parte trasera.


O lado esquerdo ollando a Pantalla de fronte.


Ten unha fita de cor negra perimetral. O fondo é de cor branca.

Ten no centro unha interpretación do logotipo do grupo musical ÑU. O grupo é dos anos setenta do sécuo XX e facía unha mistura de música medieval, celta e heavy metal. 

As letras do deseño do logotipo son de cor vermella de 13 cm de altas e 1,90 cm de anchas. 
O cranio de res é amarela con riscos vermellos e negros que lle dan forma aos ollos e ao nariz. De alto ten 8,80 cm. e ata os cornos 9,10 cm. A parte máis ancha mide 4,40 cm e a boca 1,10 cm. A distancia de punta a punta dos cornos é de 10,20 cm e o alto dos cornos é de 1,90cm.

Temos no fondo branco pequenos círculos de cor verde e amarelo. Os verdes son un pouco máis grandes de 0,90 cm a 1,10 cm de diámetro e os amarelos de 0,80 cm a 0,90 cm.
Verdes temos 65 círculos e amarelos temos 82 círculos.
Na punta do corno temos unha estrela vermella de 5 puntas que mide de punta a punta entre 6 cm e 6,20 cm. Cada punta mide 2,20 cm de lado e 1,85 cm de ancho.

Aparece a firma do Pucho en negro e os anos 2019 e 1985. 

Nesta imaxe podemos ollar o logotipo orixinal de ÑU.




Logotipo do Grupo Musical ÑU..





Ten unha fita de cor negra perimetral. O fondo é de cor branca.

Ten figuras e círculos vermellos e azuis.
A figura que destaca no centro do corno é unha interpretación do logotipo de grupo musical Los Suaves de Ourense fundado nos finais dos anos setenta do século XX.
Tamén temos unha lúa de cor vermella e unha estrela de cor amarela.
A interpretación do logotipo de Los Suaves é a cabeza dun gato negro con ollos vermellos e amarelos. A boca é vermella e os dentes brancos.
A cabeza de alta ten 10,30 cm e ata as puntas das orellas 11,80 cm. De punta a punta das orellas ten 10 cm. Os pelos que sobresaen da cabeza de abaixo cara arriba miden 9-12,20-12 e 11,80 cm de ancho.

A separación dos ollos é de 3,30 cm. De alto o ollo dereito ten 2,10 cm e de ancho 0,70 cm. De alto o ollo esquerdo ten 2 cm e de ancho 0,70 cm.

A boca na parte de arriba ten 5,20 cm e na parte de abaixo 2,60 cm. De alta ten 1,70 cm e ata o queixo 0,90 cm.

A lúa está por riba do logotipo do gato e de punta a punta ten 6 cm. De ancho ten 2,60 cm.
A estrela, que está na punta do corno, é de cinco puntas e de punta a punta ten entre 5 cm e 5,80 cm.  Cada punta mide 2,50 cm de lado e 1,70 cm de ancho. No centro ten unha pingada vermella.

Temos no fondo branco pequenos círculos de cor vermello e azul. Os vermellos son un pouco máis grandes de 1,10 cm a 1,30 cm de diámetro e os azuis de 1 cm a 0,90 cm.
Vermellos temos 65 círculos e amarelos temos 83 círculos.

A firma do Pucho aparece en cor azul e negro cunha pincelada en azul por debaixo. Os anos aparecen en azul.

O triángulo por riba da cara é de cor branco de 11,30 cm de lado e 9 cm de base.

Logotipo de Los Suaves.



O TRAPO.

O trapo é de cor azul de 55 cm de longo e 46 cm de ancho e todo dentado. Ten nove buratos con forma de rombo de 1 cm de lado.

Lateral esquerdo.



O FLOCO.

O floco é de cor branco de 14 cm de alto e está cosido. A parte da barba que está debaixo do fleco mide 3 cm.

A Pantalla pesa 705 gramos.


A firma do Pucho no interior do corno.



Quero agradecerlle a Martín Domínguez o préstamo da Pantalla. E agradecerlle que a remozase para gardar como o verdadeiro tesouro que é. Martín é Pantalla.