Xa fai un mangado de anos que teño este Testamento de Cortegada. Máis anos ten o testamento que está datado o 17 de Febreiro de 1947. Cortegada pertence ao Concello de Sarreaus na Limia.
Como en todos os testamentos entroideiros vaise a producir a morte dun animal e neste caso non se reparten as partes do animal entre os veciños da aldea. Vaise facer unha sátira dunha matanza cambiando o porco por un can. O pobre do can promete un día de fartura para todos os veciños da aldea cando daquelas os únicos cans que estaban gordos eran os que cebaban, uns meses, para facer as molidas das vacas. Cando o queren asar no forno comunal todo se torce porque traen un carro de xestas e non de leña. Non dan quentado o forno e o can non se fai. Todo é unha comedia.
Penso que o testamento non fai reparto das partes do animal entre os veciños porque son os anos da longa noite de pedra que foron moi difíciles. Unha delación porque un veciño se sentise atacado, comicamente atacado, podía traer moitos problemas.
Na primeira parte falan do intento de fusilamento dun preso. Aínda está moi próxima a Guerra Civil e o recordo das barbaridades que se cometeron. No final emprega uns versos en castelán e galego para pedir disculpas antes da despedida. O último cuarteto é claramente un recordo da proximidade da guerra.
Aparecen nomeados moitos veciños e veciñas da aldea polo nome e apelido ou polo alcume.
Escuchen señores todos Colleron iste paisano
e estien con moito atento e empezaron a apuntalo
que vamos a dar principio siga dediante de nós
a un nuevo testamento. que vai ser fusilado.
Eu funvos hoxe a Folgoso Chegaron co homiño preso
e pasei pola Lamela meterono no cuartel
pasou un caso en Meilás e sen deterse máis
que vos fai temblar a terra. deron parte o coronel.
Eu xa fun a Rebordondo Presentouse o coronel
pasei por Vilar de Cas parecen catro leones
agora imos descubrir venga berraco de mierda
os criminais de Meilás. presente las documentaciones.
Nós vimos de Cortegada Están os catro anotando
pasamos polo Tintelo saltaban como toreros
os que fixeron o crimen a documentación que traigo
foron os mozos do pueblo. teñoa no forro dos huevos.
Ténsevos por moi valientes O caso estavos moi negro
os mozuelos diste pueblo que non o acordan os nados
que se vos xuntaron todos o oir estas palabras
para matar a un prisioneiro. puxeronse envenedados.
Todos estos sonvos casos Antes do mes de xaneiro
que pasan no carnaval évos o mes de natal
a casa do Venediuto deu orden o coronel
foivos feita para penal. de pasalo pro penal.
Nesta casa compañeiros Entrou o cabo para dentro
todos temos unha pedra iste home eiquí está mal
se caimos prisioneiros e sin deterse máis nada
temos que vir para ela. conducilo pro penal.
A casa do Venediuto Iba o pobriño do home
sabedes que é o penal parecía un ante Cristo
e despois a do Ribeiro o direutor do penal
o cuartel da Guardia Rual. évos o tío Venediuto.
Hai dous guardas no cuartel Entonces o tío Venediuto
ao mando estavos un cabo hai pouco que veu do norte
e tamén hai un coronel o día once de febreiro
que xa vos está retirado. leulle a sentenza de morte.
Andan os guardias de servicios Logo veu o coronel
sempre ten que estar de pé viña pisando moi forte
os números son os dous novos o home haino que matar
e a cabo ascendeu o Xosé. a vista de toda a xente.
E o que máis vos ten que ver Está a xente toda xunta
este vello coronel empezou a protestar
e para non vos ir máis lonxe non pertence matalo
é o seu pai Manuel. o corpo da Guardia Rual.
Andabavos de servicio A xente estaba moi triste
toda esta Guardia Rual e empezaba a escapar
e encontraron un señor e ordeou o coronel
con documentación legal. que mate o militar.
Estaban na Compañía Estavos un caso triste
e tocaban a formar merece un entrediuto
haber si hai un voluntario levarono nunha escada
que o queira fusilar. para a casa do Venediuto.
O vintecatro de agosto Os que quitaron a piel
e o San Berto Lameu foron o Domiro e o Ribeiro
e verrou o Gabriel o teren os cortes dados
que o fusila son eu. púxose o can dereito.
E nesto díxolle o Raia Atentoulle a Juana o pulso
Oh! ben atrevido és tu o estar o can tumbado
puxolle o revolver o ollo conoceu que era veciña
e deulle no cú. e díxolle adeus co rabo.
Baixou a tía Manuela Díxolle o Domiro á Juana
viña comendo no pan é un caso de demonios
pensaches matar un home a ti díxoche adeus co rabo
e matasteme o meu can. e a min mexoume nos ollos.
E nisto dixo a Rosalía Xuntáronse dous matós
viña cun mangado de herba na miña vida os vin
ven gordo debía estar non saben faguer a cueira
tiñas dous meses de ceba. chamaron ao Pasparín.
Viña a Manuela da Juana Veu correndo o Pasparín
e filla da súa madre il come cun tenedor
se non vos parece mal calquera fai a cueira
voulle aproveitar a sangre. hai que cortar de enrededor.
Quero faer as fillogas Nesto dixo o Pasparín
que teño tantiño mel que é un home de entre os homes
pro martes de carnaval daideme para eiquí a navalla
que anda de antoxo o Fidel. carallo ben burros sodes.
Durmiu día de San Blas fora E contestoulle o Capela
e non sei o que faría home de moito poder
hai que lle cumplir o gusto tenche os collós moi arriba
non vaia abortar unha cria. e moi mala de faguer.
As silveiras dan produto Entonces dixo o Domiro
tamén dan o caravel hanos de ter bo lambelo
onde mataron ao can baixa pronto Rosalia
foi na horta do Fidel. traenos pra eiquí o sabelo.
E chegou o Meresildo Chegou o Anxel Ribeiro
home de moito saber ven de acomodar as pitas
un can hai que aproveitalo non te escapes Rosalía
que non se pode perder. que tes que estremar as tripas.
Volve dicir o Meresildo Colle a Rosalía as tripas
abotonando os botóns onde coño me porei
nos anos que atravesamos vouche faguer boa cousa
cómolle eu a capa da Dios. que nunca as estremei.
Ven o Agustín e o Ousina Chega a Anxela Ferriña
son dous mozos do millor viña cun feixiño de herba
boa fartura imos ter ten coidado Rosalía
alabado sea o señor. a ver si vas faer merda.
|
Cortegada. |
Ben apurada se viu A Albina do Poulino
a pobre da Rosalía mociña moi veterana
ben tenriñas son as tripas que mal olor dá a carne
fixen merda de seguida. xa me fedeu na ventana.
Veixou o tio Venediuto A Xavel da tia Dominga
ten un andar que namora evos pior que os demonios
o ver a merda nas tripas colle a corneta na mau
saltoulle todo pra fora. e avisou aos mozos todos.
Dixo o tio Venediuto Veixaron todos correndo
e veciño do Ribeiro brincando como coellos
quédame o corpo anoxado e o pobre do José Fortes
para todo o mes de febreiro. escaralloou os artellos.
Levantouse a Rosalía E dixo a tía Manuela
e marchouse para carreira ela ten color de brasa
eu non estremo nas tripas sacaime daiqui o can
que veña a Xavel Cordeira. que xa me fede na casa.
Nesto chegou a Xavel E dixo o Manolo Bouzas
que é nativa de Meilás que xa viña do piorno
eu non lle boto mau esto collermos o can as costas
nin por cuatro mil reas. e marchar con il pro forno.
Estando nestas palabras Dixo o Jesús da Chanqueira
chegou alí a Dorinda que é un guapo militar
refuciuse ben nos brazos non mo poñades as costas
e estremounas de seguida. porque me pode crebar.
Veixou a Carmen Chanqueira O Manuel do Pasparín
ela corriavos ben é mozo moi varonil
colleu o estadullo na mau botaimo a min as costas
vaia redeño que ten. que ben vos podo con il.
E volveu dicir a Carmen Os fillos do Pasparín
arreglando no seu moño son dous irmaus moi valentes
cuestas grasas que quitastes aupa arriba Manuel
imolo arreglar de coño. ou xa regañas os dentes.
Entón dixo a Dolores Puxeronlle o can ao lombo
que na man trae un cuitelo e parábase aos pouquiños
Oh que bos, nos imos por mismo onde o rego da auga
con tanta carne no pueblo. alí caiu de fuciños.
E nesto dixo a Otilia Chegou o Manolo Pio
moza de moito postín viña vestido cun mono
pesa oitocentos quilos a quen carallo llo botaste
coma o boi do Agustín. que emborcallou o can todo.
Viña a Josefa de Juana Chegou alí o Gabriel
ela usa pantalóns viña camiñando ao tolo
e quen revole este can eu fun o que o matei
hai que polo en cuarterós. e heino de levar ao forno.
Dixo a Maruja do Vicente Chegou o Raia o forno
na mau leva un tenedor na mau traía un candil
tratai de guisar a carne podedesvos marchar todos
que xa non da bo olor. que eu me entenderei cun il.
|
Fonte de Cortegada. |
O Antonio do tío Pedro Falou o Pepe o Poicas
viña aguzando a navalla viña de aguzar a rella
heime de fartar de carne mecago na oiden puta
pola boa ou pola mala. traigo eu un carro dela.
E contestou o Meresildo Volveu decir o Poicas
mozo de moito postín xa non me ligan as miñas
tu has de comer os osos non me deu leña o Antonio
os que me sobren a min. trouxen un carro de silvas.
Entonces choraba o Antonio Temos a leña no forno
e limpiabase cun pano Viva o San Berto Lameu
nunca me deixastes sin nada e pegou un berro o Bouzas
e ideseme deixar iste ano. o fogueteiro son eu.
E contestoulle o Benito Dixo o Jesús da Chanqueira
il e moi adonairado é fillo da súa madre
tu agora xa non es mozo apura pronto Manolo
vai rascar o carallo. xa non me teño coa fame.
Nesto falou o Domiro Está o Bouzas desalmado
home de moitas razós que xa botaba carallos
picai o can en talladas empeza a meter as silvas
e deixaivos de discusiós. coa forquita de tres gallos.
E contestou o Alsemiro Chegou a Consuelo Sidra
apróvoche eu a palabra presumindo de abanico
porque uns comena toda mite pouca leña tolo
e outros quedamos en nada. que hai que facerlle o refrito.
Chegou o Manolo Pio Marchou a Consuelo a casa
home de moitas razós é mociña moi aguda
colleu a macheta na mau chegou deseguida o forno
e puxoa en cuarterós. cun feixe grande de ruda.
Dixo o Francisco Ribeiro Dixo o fillo da Camila
enrusquillando o bigote que lle chaman Gabriel
se non nos cabe na artesa deixadeo pasar para dentro
imolo botando o pote. que eí ven o pirixel.
E contestoulle o Raia Nesto dixo o Domiro
que o pon de cociñeiro viña compondo na gorra
apura pouco la "virgen" fáltanos un dente de allo
que quero fregar primeiro. un pemento e a cebola.
E volveu decir o Raia Dixo o José Pasparín
que tamén gasta cadena e primo do Amadeu
veñan talladas o pote abrime a porta merdas
deixeino coma a patena. xa vola fun buscar eu.
Nesto díxolle o Bouzas Entonces dixo o Ousinas
ten o nariz que lle vedes é tío da súa sobriña
plantaille lume o pote abrime a porta me cago
ou que carallo faguedes. daimede unha talladiña.
Falou o Anxel Ribeiro E nesto dixo o Bouzas
e caixe que caiu il sudaba como un negro
non hai un guizo de leña vulve porque eiquí máis tarde
a cona que vos pariu. inda as talladas non queceron.
|
Canastro de Cortegada. |
O valente Meresildo Daille o retrauto o Benito
viña todo recachado mozo de moito saber
dame Bouzas a forquita xa che lle fixemos nós
que tu non das apurado o que tu lle podes faguer.
Vaia pola Virxen Santa Volveu decir o Ribeiro
xa pasou por Rebordondo e limpiabase cun pano
furouselle o pote os pobres Dios me dia máis salud
e apagouselle o lume todo. para acompañarvos pro ano.
Dixo o José Pasparín Adiós amigos de Meilás
todos entendedes mal canta o cuco no carballo
non dades guisado a carne ídevos xuntando todos
hasta o luns de carnaval. para volver cebar pro ano.
Nesto falou o Benito Perdonen mozos e mozas
imos sair do inverno se algún lle parece pouco
parecemos os demonios que a xentiña diste pueblo
metendo leña o inferno. sempre lle quixemos moito.
Saíu o lambón do Bouzas Dios quiera que de hoy en cien años
ca fame vou rabear descansemos todos en paz
inda as talladas non queceron y allí nos juntemos todos
xa empezaban de probar. en el campo de José Paz
Dixo o gabacho do Bouzas Si en algo vos ofendín
quere comprar unha mula terán que me dispensar
esta carne non vos sirve que son casos do entroido
porque lle botastes ruda. e tamén do Carnaval.
Chegou a Pepiña o forno Con el sombrero en la mano
trata a Consuelo de burra a todos os pido perdón
vaia pirixel que trouxeches soy un hombre destemido
que resultou ser ruda. y también de corazón.
Saltan as mozas no forno Regimiento muy alerta
ruxindo na caravilla compañeros atención
tócate o nabo Consuelo avasallar mis contrarios
que estropeaches a comida. y que avance la Legión.
Dixo o lambonciño do Bouzas FIN
desta en blanco quedamos
despois de tanto traballo CORTEGADA, 17 DE FEBREIRO DE
vaia foda que levamos. 1947.
E nesto dixo o Domiro
mozo de moita razón
non nos serviu para comer
vouno levar para xabón.
Entón dixo o Gabriel
dúas balas fun gastar
pensei fartarvos de carne
non a podemos chincar.
E nesto chegou o Ribeiro
agarrado nunha caxata
imos ver si ten arreglo
vouvos meter eu a pata.
Este testamento é outra mostra de que o entroido é e foi unha festa moi celebrada na Limia.
O meu agradecemento ás persoas que nos anos de terror seguiron mantendo as tradicións.