mércores, 25 de decembro de 2024

A PANTALLA DE JULIO SANTANA FEITA POLO JOSE ANTONIO MARTÍNEZ (CUCO)

Julio Santana é un home de Entroido. Eu recordoo de toda a vida na comisión do Entroido de Xinzo de Limia. Acompañaba á Banda ou á Charanga percorrendo a Vila, con gabardina e sombreiro). Sempre ao carón das olas o Domingo de Oleiro. 

O José Antonio Cuco ven dunha familia entroideira. Hai fotos do seu pai, o Pepe Cuco, coa Pantalla. Amigo do meu pai e que sempre me decía sendo eu pequeno no seu bar: "Pepe, Peñino mazás coma puños e collóns coma bruños". Inolvidable a Saínza na que fomos no remolque do tractor polas pistas do río. 

A miña primeira Pantalla fíxoa o seu irmao Lulo. Moita ilusión me fixo e moito troulei con ela. Non recordo se era bonita ou fea, antes non se miraba iso, só eras dos que tiña Pantalla ou dos que non.

Pantalla do Jose Cuco.

A PANTALLA.

O perímetro da cara é de 33 cm. Da fronte ao quiexo hai 24 cm.

A BARBA.

Nace da parte de abaixo das orellas. A barba é de cor negra. Ten unha ondulación a cada lado da cara e un central. 

BARBA LADO DEREITO.

Ten un longo de 10 cm. A parte máis alta ata o floco mide 3,70 cm. A parte estreita do queixo non se ve ben pola pel. 

BARBA LADO ESQUERDO.

Ten un longo de 10 cm. A parte máis alta ata o floco mide 2,20 cm. A parte estreita do queixo non se ve ben pola pel.

BARBA DO QUEIXO.

De alto dende o floco ten 3,70 cm. De longo mide 8,20 cm. 

A BOCA.

A boca é de cor vermella e non sobresaen os labios. Ten de longa 8,50 cm. A anchura na abertura máxima é de 1,20 cm. O ancho do labio superior é de 1 cm. e do labio inferior é de 1,80 cm. O ancho do burato é de 0,50 cm. e de longo ten 6 cm. A distancia á barba é de 1,10 cm. Ata o fondo do sombreiro é de 10 cm.

O BIGOTE.

É un pau recto e redondo de 8,30 cm de longo e 0,50 cm de groso. Está pintado de negro

Está colocado a 0,60 cm. da boca e a 0,40 cm. do nariz.

OS COLORETES.

Os colorentes son vermellos. Teñen un diámetro de 1 cm. A separación entre eles é de 6,70 cm. 

O NARIZ.

O nariz non é a típica triangular e ten dous buratos pintados de vermello e ten tabique. Cada burato mide 2 cm. O burato dereito mide 2 cm. e o burato esquerdo mide 2,10 cm. De ancho tanto o dereito como o esquerdo miden 1,40 cm.  O nariz mide de longo 6 cm. De alta mide 2,80 cm. ata a base. De ancha mide 4,60 cm.  

OS OLLOS.    

Os ollos están pintados de vermello por dentro e non sobresae a pintura cara fóra.                                                                        

O ollo dereito mide de longo 3,60 cm. De alto mide 2,40 cm. O ancho da parte de arriba é de 0,30 cm. O ancho da parte de abaixo é de 0,20 cm. Non ten pestanas.

O ollo esquerdo mide de longo 3,40 cm. De alto mide 2,50 cm. O ancho da parte de arriba é de 0,30 cm. O ancho da parte de abaixo é de 0,30 cm. Non ten pestanas.

Lateral esquerdo.

AS CELLAS.

Son de cor negra. Están pintadas por todo o bordo da parte superior do ollo.

A cella dereita mide de longo 6,50 cm. e de ancha 0,20 cm.

A cella esquerda mide de longo 7 cm. e de ancha 0,20 cm.

As cellas están a 0,90 cm. dos ollos e a 2 cm. da orella.

AS ORELLAS.

As orellas están feitas de fieltro e son macizas na punta e vanse separando do corno segundo vai descendendo.

Os galóns teñen as seguintes medidas e cores:


O CORNO.

As medidas do corno son:

Dende o punto máis alto ata o trapo debaixo das orellas mide 31 cm.

O ancho da parte inferior dende debaixo das orellas ten 24 cm.

O ancho da parte media dende a punta do rizo ten 36 cm.

O rizo mide de ancho 9 cm. e de alto 15 cm. 

A fita do borde é dourada en todo o controno de entre 0,70 cm. e 0,80 cm. de ancho por cada lado. Na parte do trapo mide 3 cm. e onde fai a curva na parte de atrá do corno ten 6,20 cm. Detrás das orella mide sobre 3,50 cm. O triángulo por riba da cara é de cor azul e ten 21 pintas brancas. Mide 9,60 cm. de lado e de base ten 5 cm.

Lado dereito.

LADO DEREITO.

Sobre fondo azul vemos o motivo principal que é o sol e a lúa formando un todo. O diámetro en horizontal é de 12 cm. e en vertical é de 11,30 cm. Os dous teñen rostro. A lúa é de cor azul e branca. De punta a punta mide 9 cm. O ancho máximo incluído o nariz é de 5,30 cm.
Por riba do ollo ten unha cella con dúas líneas oblicuas. A de arriba mide do lado dereito 0,90 cm. e do lado esquerdo 1,70 cm. A que está por debaixo o lado dereito mide 0,50 cm. e os esquerdo mide 1,40 cm. que crea o espazo con 16 pintas que son os pelos das cellas e tamén é a parte de arriba do ollo. O ollo, que é unha pinta negra, ten de diámetro de 0,70 cm. A liña debaixo do ollo mide 2,20 cm. O nariz ten de ancho 1 cm. A liña vertical que está ao carón da boca mide 3,70 cm. 
A lúa ten pola esquerda 4 nuves que de arriba a abaixo miden:

1ª ten de alto 1,30 cm. e de ancho 1 cm.
2ª ten de alto 1 cm. e de ancho 1,30 cm.
3ª ten de alto 1,60 cm. e de ancho 1,60 cm.
4ª ten de alto 1,90 cm. e de ancho 1,80 cm.

Debaixo da lúa tamén temos tres nuves que están unhas ao carón das outras e miden:

1ª ten de alto 1,10 cm. e de ancho 1,70 cm.
2ª ten de alto 1,70 cm. e de ancho 1,70 cm.
3ª ten de alto 2,20 cm. e de ancho 1,40 cm.

O sol é de cor vermello, amarelo, laranxa e verde. Os ollos son vermellos e a meniña do ollo de cor negra. Debaixo do ollo esquerdo ten tonos verdes e amarelos.

A cella dereita ten de longo 4,50 cm. A separación entre as liñas é de entre os 0,50 cm. e os 0,40 cm. A pálpebra superior do ollo esquerdo ten de longo 2,80 cm. a de arriba e 2,60 cm. a de abaixo. O diámetro do ollo é de 1,20 e a meniña do ollo mide 0,30 cm. de diámetro. 

A cella esquerda ten de longo 4,30 cm. A separación entre as liñas é de entre os 0,50 cm. e os 0,40 cm. A pálpebra superior do ollo esquerdo ten de longo 3,50 cm. a de arriba e 2,90 cm. a de abaixo. O diámetro do ollo é de 1,10 cm. e a meniña do ollo mide 0,20 cm. de diámetro.
O nariz mide de ancha 1,50 cm. A liña curba que está a dereita mide 2,40 cm. A boca mide de ancha 2,50 cm. e de alta  mide entre os 0,60 cm. 0,70 cm. e 1 cm. A liña do papo mide 0,70 cm.

O sol ten 18 raios da mesma cor do sol. As medidas son as seguintes:



Máis ou menos na metade do conxunto do sol e da lúa temos un pano da cabeza dos que pon a Pantalla no pescozo de cor vermello. O lado de arriba ten 26,40 cm. o da dereita ten 18,50 cm. e o da esquerda ten 20,50 cm. Nas esquinas de abaixo do pano da cabeza aparecen o nome de dúas persoas. Á esquerda o nome do propietario da Pantalla que é o JULIO. Aparece pintado de branco e mide 1,80 cm. de longo por 0,30 cm. de alto. Á dereita aparece a persoa que fixo a Pantalla CUCO tamén en branco e mide 1,60 cm. de longo e 0,30 cm. de alto.

Debaixo do pano da cabeza, a esquerda, temos unha estrela cun botón central de 8 puntas e con puntas intermedias. É de cor branca e de punta a punta mide entre os 3 cm. e os 3,30 cm. Un pouco máis arriba outra estrela branca difusa de 1,80 cm. a 1,90 cm. de punta a punta. Por riba da lúa e do sol unha estrela branca de seis puntas  de 3 cm. de media de punta a punta. No rizo ten unha estrela de 8 puntas branca. Entre cada punta branca, saen outras dúas de 4 puntas de cor vermella e amarela. Algunha das amarelas teñen cor vermella por riba.
Para encher o firmamento aparecen 19 pequenas estrelas fugaces de entre 1 cm. e 1,50 cm. e algunha coa cola de cor vermella. Completa o conxunto sobre 100 puntiños de cor amarelo.

Lado esquerdo.

LADO ESQUERDO.

Sobre fondo azul na parte de abaixo e a cada lado aparecen 2 planetas. O da dereita é de cor azul e está pintado por riba de cor negra. Ten un diámetro de 8,70 cm. A parte de abaixo está oculta pola fita do inferior do corno. Xusto neste espazo aparece o nove do propietario da Pantalla, JULIO en vermello con 2 cm. de longo por 0,40 cm. de alto. Debaixo do nome hai un triángulo feito con puntiños onde o lado de arriba mide 2 cm. o lado da dereita 1,40 cm. e o da esquerda 1,30 cm.
No medio dos planetas temos unha estrela de 8 puntas. É de cor vermella e ten entre os 3,60 cm. e os 4,10 cm. de lado.
O planeta da esquerda ten tonos verdes, que é a cor predominante, negros, vermellos e amarelos. De diámetro ten 8,10 cm. Na parte inferior, na fita dourada do corno, aparece o nome da persoa que fixo a Pantalla, CUCO, en cor vermella de 2 cm. de longo e 0,40 cm. de alto. Por debaixo do nome tres pintas vermellas. Debaixo destas, dúas pintas vermellas.
Por riba do planeta da dereita temos unha estrela de 8 puntas de cor azul feita de puntiños de entre 5,70 cm. e 6 cm. de lado.
Por riba desta estrela temos outra estrela de cinco puntas de cor azul e negra. O lado superior mide 3,70 cm. o lado da dereita mide 4,10 cm. e o lado da esquerda mide 4,10 cm.
Por riba do planeta da esquerda temos unha estrela de 16 lados de 4 cm. de media. O lado do centro de arriba é amarelo e se collemos este como referncia e cara a dereita temos a seguinte secuencia: amarelo, vermello, branco, vermello, amarelo, vermello, branco, vermello, amarelo, vermello, branco, vermello, amarelo, vermello, branco e vermello.
Entre estas dúas estrelas e cara arriba temos unha estrela azul de puntiños que ten de lado entre os 4,40 cm. e os 4,30 cm.
Máis arriba á esquerda temos unha lúa branca de 3,50 cm. de diámetro e que mide de punta a punta 2,30 cm. De ancho máximo ten 0,70 cm. Dentro aparece a data de 2017 en vermello con 2 cm. de longo e 0,60 cm. de alto e que temos que supoñer que é a data na que se fixo a Pantalla. 
Cara o rizo aparece unha estrela de puntiños de cor vermella de entre os 4,30 cm. e os 5,20 cm. de lado.
No rizo unha estrela de 5 puntas de cor amarelo, como predominante, verde e vermello. O lado superior mide 3,80 cm. o lado da dereita 4 cm. e o lado da esquerda 4,10 cm.
Aparecen 25 pequenas estrelas fugaces de cor branco de entre 1,20 cm. e 1,60 cm. de altas. Para formar o firmamento hai puntiños brancos.



O TRAPO.

É de cor dourado de 49 cm. de alto e 56 cm. de ancho. Polos laterais ten forma aserrada e no fondo ten uns picos de 4,50 cm. de alto. O picado está feito con rombos de 0,60 cm. de lado e presenta a seguinte serie en vertical: 3-1-5 (central)-1-3.



Lateral dereito.

A PEL.

Esta Pantalla non ten floco ten unha pel. Sempre se falou que en tempos as Pantallas levaban unha pel de coello no fondo da barba. Nas fotos que se teñen poucas aparecen con pel. Supoño que o curar a pel, mantela adecuadamente sen que se esnaque e o traballo de mudala cando fose necesario fixo que o floco collese forza e quedase definitivamente implantado.
A pel sae por debaixo das orellas e está doblada pola metade e mide 38 cm. de longa e 6 cm. de ancha.

Cara por dentro.

Por dentro podemos ver os anacos de feltro que compoñen a cara. O triángulo por riba da cara está feito de papeis superpostos.

Papel no bordo do corno por dentro.

No interior do corno e por todo o bordo hai un churro de papel reforzando a unión.Tamén ten reforzos no corno nos laterais inferiores que miden 12 cm. de anchos.

A Pantalla pesa 642 gr.

 
José Antonio Cuco a esquerda co seu irmao Geno.


Grupo de Pantallas de Xinzo de Limia. José Antonio Cuco é o segundo agachado pola esquerda.


Gracias a Julio por deixarme a Pantalla. 

Julio Santana coa súa Pantalla.







sábado, 14 de decembro de 2024

A PANTALLA DO PEPE CALLEJA. OBRADOIRO DO SANTI E AURORA 2021-2022.

Os de Xinzo querémoslle moito a Pantalla propia. É algo moi serio. A Pantalla non se presta, revísase e arránxase meses antes de usala para que estea nas mellores condicións. Para o conxunto do traxe e máscara non se permiten burlas e moito menos desprezo. En tempos, os cintos mediron as costas de máis dun que se pasou denigrando a unha Pantalla. Pero existen outras formas de denigrar unha Pantalla: vestir inadecuadamente, non saber o que fai unha Pantalla, non respetar o traxe tirándose polo chan, poñela como un "disfraz" sen máis. Non sentir a transformación de pasar a ser unha entidade distinta, cun comportamento diferente, e como non decilo, único no mundo. Se non se sinte iso, a persoa que leva a Pantalla non é unha Pantalla e o peor de todo, tendo a posibilidade de ser Pantalla, non o é. Non saben o que se perden. Non costa nada mirar para os maiores, falar con eles e que conten como se vive a máscara desde dentro. 

Quen aprende a respectar a Pantalla aprende a respectaraste a si mesmo.

A miña Pantalla sae do curso que Santi e Aurora fixeron no ano 2021-2022 e trouleou no entrodio 2022. A Pantalla foi feita polo Santi e pintada pola Aurora porque o meu traballo foi empapelar e encher de pintura onde o precisaba. Ben se nota porque o acabado das do Santi é perfecto e a miña cos seus defectos, non o é. (Dito de paso tampouco quixen nin quero correxir nada para que se note que está feita a man por min) así e todo... quérolle pola vida porque é a miña. Está colgada na sala da casa todo o ano e véxoa a diario.


A PANTALLA.

O perímetro da cara é de 34 cm. Da fronte ao quiexo hai 20 cm.

A BARBA.

Nace da parte de abaixo das orellas. A barba é de cor negra. Ten unha ondulación a cada lado da cara. No queixo ten unha ondulación. Escollín o modelo de barba máis tradicional.

BARBA LADO DEREITO.

Ten un longo de 7,50 cm. A parte máis alta ata o floco mide 4 cm. Despois ven un tramo liso de 3,50 cm. de longo e 0,50 cm. de alto. 

BARBA LADO ESQUERDO.

Ten un longo de 6,60 cm. A parte máis alta ata o floco mide 3,50 cm. Ten igualmente un tramo de 3,50 cm. de longo e 0,50 cm. de alto.

BARBA DO QUEIXO.

De alto dende o floco ten 4,60 cm. De longo mide 7,50 cm.

A BOCA.

A boca é de cor vermella e non sobresaen os labios. Ten de longa 7,40 cm. A anchura na abertura máxima é de 1,50 cm. O ancho do labio superior é de 1,30 cm. e do labio inferior é de 0,80 cm. O ancho do burato é de 0,50 cm. e de longo ten 5,90 cm. A distancia á barba é de 2,40 cm. Ata o fondo do sombreiro é de 8 cm.

O BIGOTE.

O bigote é de madeira dunha soa peza. Está pintado de negro e revirado cara arriba.

Mide de longo 7,20 cm. e de groso ten 0,50 cm.

Está colocado a 0,70 cm. da boca.

OS COLORETES.

Os colorentes son dun vermello máis alaranxado. Teñen un diámetro de 1,20 cm. A separación entre eles é de 5,10 cm. 

O NARIZ.

O nariz non é triangular e ten dous buratos pintados de vermello e ten tabique. Cada burato mide 1,20 cm. de alto e 0,60 cm. de ancho. O nariz mide de longo 4,20 cm. De alta mide 2,50 cm. ata a base. De ancha mide 3,40 cm.  

OS OLLOS.                                                                                   

O ollo dereito mide de longo 3,70 cm. De alto mide 2,10 cm. O ancho da parte de arriba é de 1,10 cm. cara fóra remata en punta. Ten 10 pestanas negras na parte de arriba. O ancho da parte de abaixo é de 0,70 cm. con 7 pestanas negras.

O ollo esquerdo mide de longo 3,70 cm. De alto mide 2,20 cm. O ancho da parte de arriba é de 1 cm. cara fóra tamén remata en punta. Ten 10 pestanas negras na parte de arriba. O ancho da parte de abaixo é de 0,70 cm. con 7 pestanas negras.

AS CELLAS.

Son de cor negras. Son máis anchas cara a zona do nariz.

A cella dereita mide de longo 7,60 cm. e de ancha na do zona nariz 0,70 cm. no resto 0,40 cm. e na punta 0,10 cm.

A cella esquerda mide de longo 6,90 cm. e de ancha na zona do nariz 0,40 cm. no resto 0,40 cm. e na punta 0,05 cm.

Cara e corno unidos. faltan as orellas.

AS ORELLAS.

As orellas están feitas coas abas do sombreiro.

Os galóns teñen as seguintes medidas e cores:



As orellas están separadas do corno. Na parte de arriba non seguen dereitas, fan unha pequena curva que as mete cara o rizo. A separación media das orellas do corno son 1,60 cm. 

Cos orellas acabadas de coser e de empapelar.
O CORNO.

O corno está feito en tamaño e forma polo modelo máis tradicional.

As medidas do corno son:

Dende o punto máis alto ata o trapo debaixo das orellas mide 26 cm.

O ancho da parte inferior dende debaixo das orellas son 25 cm.

O ancho da parte media dende a punta do rizo son 33 cm.

O rizo mide de ancho 8 cm. e de alto 7 cm. 

A fita do borde é dourada en todo o controno de 0,50 cm. de ancho por cada lado. Na parte do trapo mide 0,70 cm. e onde fai a curva na parte de atrá do corno ten 1,12 cm. Detrás das orella mide sobre 1,50 cm. Continúa pola parte de atrás das orellas cun ancho de ata 1cm.
O triángulo por riba da cara que tamén é dourado mide 12 cm. de lado e de base ten 7 cm.

Por debaixo do trapo ten unha parte pintada de dourado que vai de máis a menos. Comeza nos 10 cm. e remata en punta. Na parte de atrás ten unha tea elástica para adaptar a Pantalla á cabeza das persoas. Para fixar a medida ten un fío que se pode apretar e axustar ao tamaño da cabeza.
Pola parte inferior do corno, na parte de dentro, ten un reforzo de cartón de 5,50 cm. que vai cosido. Xa teño comentado que o cartón bo era o que tiñan nas tiendas de telas, no que viñan envaladas as teas. No cocote da cabeza e para que sexa máis cómoda leva cosida unha boina. Este cosido como vai na metade do corno disimúlase subindo o trapo.

Lado dereito.

LADO DEREITO.

Sobre fondo negro aparece unha nebulosa central de cor azul que comeza na parte de abaixo do corno e chega ata o rizo. Ten tamén pequenas nebulosas de cor branco na parte de atrás ata o rizo.
O motivo pricipal é unha lúa branco azulada que ten 10,30 cm. de alta e de ancha máximo ten 3 cm.
Abaixo a esquerda temos unha estrela de 8 puntas coas cores branca e amarela de 4,30 cm. de media de punta a punta e o botón branco. 
Aparecen otras tres estrelas en ascendente. A que está detras da orella é amarela e branca co botón central amarelo e con 3,30 cm. de punta a punta.
A estrela que está a súa esquerda un pouco máis arriba é branca e amarala co botón central branco. Ten de lado de punta a punta 4,30 cm. Por último a estrela que está caseque no bordo é de cor azul e amarela co botón de cor azul. Ten de lado 3,40 cm. de punta a punta.
O firmamento está cheo de puntos de cor branco e cuns puntos de cor azul que representan planetas afastados.

Lado esquerdo.

LADO ESQUERDO.

Sobre fondo negro aparece unha nebulosa de cor vermella e por riba dela unha branca.
O motivo principal é un sol, podemos dicir un sol nacente porque non está completo. O sol é de cor vermello claro de 10 cm. de diámetro. Ten cinco raios de cor amarelo.
O raio que está na parte de arriba ten de longo 9,10 cm. ata sol e 1,70 cm. de ancho máximo.
O raio que está por debaixo ten de longo 8 cm. ata sol e 1,20 cm. de ancho máximo.
O raio do medio ten de longo 9,70 cm. de longo ata o sol e 2,30 cm. de ancho máximo.
O cuarto raio ten de longo 8,70 cm. de longo ata o sol e 1,30 cm. de ancho máximo.
O último dos raios ten 8 cm. de longo ata o sol e 1,10 cm. de ancho máximo.

Ten unha estrela no rizo de 8 puntas de cor amarela e branca co botón central de cor amarelo. As puntas de cor amarela teñen 5,50 cm. de lado a lado e as de cor branco teñen 4,80 cm. de lado a lado.
Aparecen pequenos puntos azuis que compoñen o firmamento. Temos 8 puntos amarelos de distinto tamaño simulando soles máis preto e máis lonxe. Tamén 4 puntos azuis grandes e 10 brancos de diferentes tamaños para que pareza un universo poblado de planetas.

O TRAPO.

O trapo é de cor vermella aserrado en todo o fondo con 45 cm. de alto e 75 cm. de ancho.
Ten 12 flores de catro pétados e algunha un botón cental. Os pétalos miden 1 cm. de longo e entre os 0,50 cm e os 0,60 cm. de alto.
No centro do trapo ten 3 flores en vertical e a cada lado 4 flores en parellas. Ademáis temos unha flor a cada lado nas esquinas a altura da flor que está máis arriba no grupo emparellado.

O picado é de Aurora Dacal.

O FLOCO.

O floco é dourado. Mide 35 cm ao redor da cara e métese por debaixo das orellas. De longo mide 14 cm.

Cara por dentro cos elementos comentados máis a almofada para o queixo


A Pantalla pesa 1.073 gr.

Fase de Pintado.


Fase de pintado máis abanzada.




Pintando os labios.


Gracias ao Santi e a Aurora por compartir comigo o que saben e os bos intres que pasamos xuntos falando de Pantallas e do entroido. Cantos recordos e anécdotas!

Un saúdo a todos os compañeiros e compañeiras de curso. Que disfurtemos das nosas Pantallas.

LUME!!! 

sábado, 30 de novembro de 2024

PANTALLA FEITA POLO CHELÍS. JOSE LUIS DIZ RODRIGUEZ.

Non era fácil ter unha Pantalla, valía diñeiro, non había quen as fixera e como vimos nun artigo anterior ata se roubaban os sombreiros para cumplir co soño de ser Pantalla. Neste caso a persoa que fixo a Pantalla recurriu ao cartón para facer integramente a máscara. E ata o cartón era difícil de conseguir, o mellor era o que viña coas telas que vendían nos comercios. No caso desta Pantalla o cartón é dunha coñecida marca de xabón para lavar a roupa. Non é o que manda a tradición pero penso que debo tratalo porque é historia da nosa máscara e porque Chelís fixo moitas Pantallas. Temos que poñernos naqueles anos e velo como unha anécdota. Na actualidade esta situación cambiou e non é preciso recurrir ao cartón para facer a cara.  

A Pantalla fíxoa o Chelís, Jose Luis Diz Rodríguez, da familia dos Valerianos.


A PANTALLA.

Pantalla do Chelís.

O perímetro da cara é de 29 cm. da fronte ao queixo ten 21 cm. A cara é de cor rosa. 
O que sobresae máis nesta Pantalla é que a cara está feita de cartón. Non se empregou un sombreiro. É testemuño da dificultade que existiu ao momento de conseguir unha Pantalla. Temos que velo naqueles anos, non se pode extrapolar aos nosos tempos.

A BARBA.

Nace da parte inferior das orellas. A barba é de cor negra. Ten tres ondulacións, dúas a cada lado da cara. No queixo ten unha ondulación central.

BARBA LADO DEREITO.

Ten un longo de 7,30 cm. A parte máis alta ata o floco mide 4,30 cm. A parte estreita do queixo ten 4,10 cm. 

BARBA LADO ESQUERDO.

Ten un longo de 6,50 cm. A parte máis alta ata o floco mide 5 cm. A parte estreita do queixo ten 4,70 cm.

BARBA DO QUEIXO.

De alto dende o floco ten 7,40 cm. De longo mide 8,70 cm.

A BOCA.

A boca é de cor vermella e ten de longa 5,80 cm. A anchura na abertura máxima é de 2,50 cm. O ancho do labio superior é de 1 cm. e do labio inferior é de 1,10 cm. O ancho do burato é de 4 cm. e o alto do burato é de 1,10 cm. A distancia á barba é de 1,8 cm. 

O BIGOTE.

O bigote está pintado de cor negro. Está dividido en dous tramos. As puntas están cara arriba.

O lado dereito mide de longo 3,50 cm. A parte máis ancha mide 0,70 cm. Na punta ten 0,30 cm.

O lado esquerdo mide de longo 3,20 cm. A parte máis ancha mide 0,60 cm. Na punta ten 0,30 cm.

De punta a punta o bigote mide 7,40 cm.

OS COLORETES.

Os colorentes son vermellos e teñen un diámetro de 1,50 cm. A separación entre eles é de 7,60 cm.

Pantalla de Chelís.

O NARIZ.

O nariz é triangular dun só burato. De longo mide 3 cm. De alta mide 2,20 cm. ata a base. De ancha mide 3,90 cm. O ancho do papel é de 0,60 cm. 

Ten pintado de vermello a parte inferior.

OS OLLOS.

Pola forma son os denominados popularmente ollos de rá.

O ollo esquerdo mide de longo 4,60 cm. con pintura. De alto mide 3,60 cm. O ancho da parte de arriba está entre os 0,60 cm. e os 70 cm. Na parte de arriba mide entre os 0,80 cm. e os 1,20 cm. Ten 12 pestanas negras na parte de arriba.

O ollo dereito mide de longo 4,60 cm. con pintura. De alto mide 3,60 cm. O ancho da parte de arriba está entre os 0,70 cm. e os 0,80 cm. Abaixo ten de ancho entre os 0,70 cm. e os 1,10 cm. Ten 11 pestanas negras na parte de arriba. 

AS CELLAS.

Son de cor negras. Están pintadas por todo o bordo da parte superior do ollo.

A cella dereita mide de longo 7,20 cm. e de ancha entre os 0,20 cm. e os 0,40 cm.

A cella esquerda mide de longo 6,80 cm. e de ancha entre os 0,20 cm. e os 0,50 cm.

AS ORELLAS.

As orellas están feitas de cartón. Son macizas cun ancho máximo de 2,30 cm. Por detrás están pintadas de rosa.

Os galóns teñen as seguintes medidas e cores:


O CORNO.

As medidas do corno son:

Dende o punto máis alto ata o trapo debaixo das orellas mide 29 cm.

O ancho da parte inferior dende debaixo das orellas son 18,50 cm.

O ancho da parte media dende a punta do rizo son 30 cm.

O rizo mide de ancho 10 cm. e de alto 9 cm. Ten na punta 4,50 cm.

Lado dereito.

Os lados son como si tivera eu posta a Pantalla.

LADO DEREITO.

A fita é branca e vai dende os 1,50 cm. ata os 1,70 cm. de ancha. Na parte inferior do rizo ten 1,50 cm. A parte de atrás das orellas ten 1,10 cm. de ancho. Na zona de abaixo, onde o trapo, mide entre os 3,10 cm. e os 5,40 cm. No ángulo da parte de atras ten de longo na parte horizontal 12,20 cm. e na inclinada 6 cm.

O fondo é unha amálgama de cores. Temos cores vivas: vermella, verde, azul e as mesturas destas.

Lado esquerdo.

LADO ESQUERDO.

A fita é branca e vai dende os 1,20 cm. ata os 1,60 cm. de ancha. Na parte inferior do rizo ten 1,30 cm. A parte de atrás das orellas ten 1,80 cm. de ancho. Na zona de abaixo, onde o trapo, mide entre os 2,60 cm. e os 3,30 cm. No ángulo da parte de atras ten de longo na parte horizontal 10 cm. e na inclinada 8 cm.

O triángulo da parte de atrás ten de ancho 7,20 cm. e de alto 10,10 cm.

Como o fondo do lado dereito atopamos unha amálgama de cores, Neste as cores son máis escuras: azul, verde, rosa, amarelo, branco, verde e as mesturas destas. 

Detalle do trapo.

O TRAPO.

O trapo é de cor azul claro. De longo mide 57 cm. e de ancho 80 cm. Casi con toda seguridade podo dicir que foi picado por Pepa Fernández. (Despois de consultalo coa súa filla Lines).

É de cor azul claro. Está aserrado en todo o contorno con triángulos tamén aserrados.
Empezando pola esquerda ten unha flor de catro pétalos que se une por unha V invertida que ten seis pétalos ou rombos con outra flor de 4 pétalos. A flor central é máis grande con 4 pétalos e un botón central. Vólvese a repetir a flor de 4 pétalos unida con seis pétalos en V invetida.
As flores laterales teñen 3 cm. de longo e 0,80 cm. de alto pero non sempre. Os pétalos de unión teñen 1,80 cm. de longo e 0,70 cm. de ancho. Na flor central os pétalos miden 3,30 cm. de alto e de ancho 1 cm. O rombo central mide 1 cm. de lado.

O FLOCO.

O floco mide 28 cm. ao redor da cara. De longo mide 14 cm. É de cor branco.

A Pantalla pesa 561 gr.

Interior da Pantalla onde se pode ver o cartón que forma a cara.




O cartón está aproveitado dunha caixa de deterxente para lavar a roupa.




Como non ten ningunha anotación da data, recurrín a ollar os papeis de periódico co que está a Pantalla empapelada por dentro do corno. Nun papel pon que Auxilia Ourense cumplía para o ano 20 anos de existencia. Ollei en Google e Auxilia foi fundada no ano 1969, si lle sumo 19 anos dame que o periódico é do ano 1988. Pode ser que o periódico se gardase e que a Pantalla se fixese despois, mais que nada porque os nenos para quen foi feita eran xa grandiños e non lle serviría a Pantalla.  



A Pantalla foi feita para os fillos de Pepa Fernández. A foto facilitouma Lines.


Os fillos da Pepa son: o que está de pé a dereita e o que está agachado.
Foto facilitada por Lines.


Gracias a Poly e Lines por prestarme (nos) a Pantalla para este traballo e pola información.

Gracias especiais ao Chelís que hai alomenos 30 anos agasalloume cunha pequena Pantalla de adorno feita por el que conservo con moito agarimo. 












venres, 29 de novembro de 2024

PANTALLA DE HIPOLITO PAZ PORTELA (POLY) FEITA POR SI MESMO.

En Xinzo, en tempos, ter unha Pantalla era difícil porque había moi poucas persoas que as fixeran. Agora pódense comprar a varios artesáns que as fan por encargo.

Hai outras persoas que saben facer Pantallas pero só as fan para familiares ou amigos que lles merecen o esforzo e o pracer de agasallalos cunha máscara.

Unha destas persoas é Poly que podemos ver no entroido acompañado dos seus fillos, irmao e parentes con Pantallas feitas pola súa man.

Poly ten unha forte relación co Entroido de Xinzo. Gosta de ser Pantalla e podemos dicir que é unha das Pantalla de Xinzo, quen queira entender que entenda. Tamén fixo varios carteis do Entroido de Xinzo cando traballaba nas Graficas Cars. Moitos anos leva tirando da corda que levanta ao Meco cando se colga na Praza Maior e viaxou a outras localidades para mostrar a nosa máscara. Xogador perenne do Xogo das Olas do Domingo de Oleiro. Membro do mítico grupo músico-cómico MERECUMBÉ.  Comparte con Lines moitos momentos do Entroido de Xinzo de Limia.

A PANTALLA.

Pantalla de Poly.

O perímetro da cara é de 30 cm. Da fronte ao queixo ten 20 cm.

A BARBA.

Nace ao carón das orellas. A barba é de cor negra. Ten unha ondulación a cada lado da cara. No queixo ten unha ondulación.

BARBA LADO DEREITO.

Ten un longo de 9,90 cm. A parte máis alta ata o floco mide 3,90 cm. A parte estreita do queixo ten 2,40 cm. 

BARBA LADO ESQUERDO.

Ten un longo de 9,50 cm. A parte máis alta ata o floco mide 3,90 cm. A parte estreita do queixo ten 2,40 cm.

BARBA DO QUEIXO.

De alto dende o floco ten 5,10 cm. De longo mide 7,90 cm.

A BOCA.

A boca é de cor vermella e ten de longa 6,70 cm. A anchura na abertura máxima é de 0,50 cm. O ancho do labio superior é de 0,70 cm. e do labio inferior é tamén de 0,70 cm. O ancho total con pintura é de 1,50 cm. A distancia ao floco é de 8,60 cm. Ata o fondo do sombreiro é de 9,30 cm.

O BIGOTE.

O bigote está pintado de cor negro. Está dividido en dous tramos. As puntas están cara arriba.

O lado dereito mide de longo 3,70 cm. A parte máis ancha mide 0,90 cm.

O lado esquerdo mide de longo 3,40 cm. A parte máis ancha mide 0,80 cm.

De punta a punta o bigote mide 7,30 cm.

OS COLORETES.

Os colorentes son vermellos e teñen un diámetro de 1,20 cm. A separación entre eles é de 8,50 cm. 

Lado esquerdo.

O NARIZ.

O nariz é triangular dun só burato. De longo mide 3,70 cm. De alta mide 2,10 cm. ata a base. De ancha mide 4,50 cm. coa pintura. O burato ten de ancho 2 cm. e de alto mide 1,30 cm. O grosor do feltro e do papel é de 0,50 cm. Ten pintado de vermello a parte inferior. 

OS OLLOS.

Pola forma son os denominados popularmente ollos de rá.

O ollo dereito mide de longo 6 cm. De alto mide 2,50 cm. O ancho da parte de arriba é de 0,50 cm. con 26 pestanas negras. O ancho da parte de abaixo é de 0,50 cm. con 18 pestanas negras.

O ollo esquerdo mide de longo 5,60 cm. De alto mide 2,80 cm. O ancho da parte de arriba é de 0,60 cm. con 30 pestanas negras. O ancho da parte de abaixo é de 0,50 cm. con 19 pestanas negras.

AS CELLAS.

Son de cor negras. Están pintadas por todo o bordo da parte superior do ollo.

A cella dereita mide de longo 9 cm. e de ancha entre os 0,30 cm. e os 0,40 cm.

A cella esquerda mide de longo 8 cm. e de ancha 0,50 cm.

Lateral dereito.

AS ORELLAS.

As orellas están feitas de feltro.

Os galóns teñen as seguintes medidas e cores:




O CORNO.

O corno ten o rizo pequeno.

As medidas do corno son:

Dende o punto máis alto ata ao trapo debaixo das orellas mide 28 cm.

O ancho da parte inferior dende debaixo das orellas son 23,50 cm.

O ancho da parte media dende á punta do rizo son 35 cm.

O rizo mide de ancho 7 cm. e de alto 9 cm. Cara o medio ten 9 cm. de ancho onde remata o triángulo.

Lado dereito.

LADO DEREITO.

Os lados son como si tivera eu posta a Pantalla.

A fita é dourada e vai dende os 1,10 cm. ata os 1,50 cm. de ancha. Na parte inferior do rizo ten 1,30 cm. A parte de atrás das orellas ten 1,80 cm. de ancho. Na zona de abaixo, onde o trapo, mide 1,90 cm. Na parte de atrás ten de ancho 2,70 cm.

O fondo está pintado de cor negro. Ten un grande cometa de cor vermello na cabeza e indo cara o laranxa na cola. Mide de longo 28 cm. De ancho mide 7 cm. e na punta da cola 2,70 cm. Cara a dereita ten catro pequenos cometas. O primeiro que está máis cerca do gran cometa mide 18 cm. de longo e 0,90 cm. de ancho de media. Ao seu carón temos outro que mide de longo 24 cm. e de ancho entre os 0,80 cm. e os 1,50 cm. Dos máis pequenos o de arriba mide 8,50 cm. de longo e entre os 1,20 cm. e os 0,50 cm. de ancho. O de abaixo mide 8 cm. de longo e entre os 0,40 cm. e os 1,20 cm. de ancho.

Do lado esquerdo do gran cometa temos cinco pequenos cometas. O máis próximo mide de longo 23 cm. e de ancho entre os 1,70 cm. e os 0,30 cm. O seguinte mide 26,50 cm. de longo e entre os 1,40 cm. e 0,80 cm. de ancho. Dos pequenos o de arriba mide 13 cm. de longo e entre os 0,30 cm. de e os 1,10 cm de ancho. O de abaixo mide 8,50 cm. de longo e entre os 0,30 cm. e 1 cm. de ancho. O que está só mide 8,60 cm. de longo e entre os 1,10 cm. e os 0,20 cm de ancho.

No rizo hai un sol dourado de 2,90 cm. de diámetro con 23 raios. No fondo ten pintas que fan de estrelas ao lonxe. Das máis grandes temos estrelas de 8, 6 e 4 puntas.  

LADO ESQUERDO.

Lado esquerdo.

A fita é dourada de 1,30 cm. de ancha en todo o perímetro. Na punta do rizo ten 1,20 cm. Na parte de atrás das orellas ten 1,90 cm. de ancho. Na zona de abaixo, onde o trapo, mide 2 cm. Na parte de atrás ten de ancho 2,70 cm. 

O fondo está pintado de negro. A figura principal é o planeta Saturno cos seus aneis. O diámetro é de 11,50 cm. O anel interior mide de longo 21 cm. De ancho o anel que sobresae a esquerda na curva é de 1,90 cm. O da dereita ten na curva 1,70 cm. O resto do anel ten un ancho de 1,10 cm.
O anel exterior mide de longo 28 cm. De ancho o anel que sobresae a esquerda na curva é de 2,50 cm. O da dereita ten na curva 2,20 cm. O resto do anel ten un ancho de entre os 0,50 cm. e os 0,70 cm. O anel que está no planea ten de ancho 0,60 cm.
No rizo temos un círculo prateado de 2,90 cm. de diámetro. Por todo o corno temos estrelas prateadas. 
Tres son estrelas medianas de 5 puntas. A que está no rizo mide 3,50 cm. de punta a punta. A que está na punta dos aneis a esquerda mide 4,40 cm. No contorno ten unas liñas douradas. Debaixo do planeta unha estrela que mide 3,70 cm.
Tres estrelas máis pequenas a esquerda, por riba de por baixo dos aneis. A de arriba mide 2,60 cm. e a da abaixo 3,10 cm. A da dereita dos aneis 2,60 cm. 
Hai sete estrelas máis pequenas e dúas están rodeadas de amarelo nas cinco puntas. Temos estrelas inda máis pequenas e pintas de cor dourado creando o firmamento.
Tamén ten unha pegatina co escudo de Xinzo de Limia.
O triángulo por riba da cara é de cor negro. 

O TRAPO.

Detalle do corte do trapo.

O trapo é de cor azul claro. De longo mide 53 cm. e de ancho 90 cm.

O picado do trapo é unha obra de arte. Foi feito por Pepa Fernández, sogra de Poly e nai de Lines, costureira que fixo durante moitos anos as partes fundamentais do traxe de Pantalla con unha sabiduría,  bon facer e cariño encomiables.
 
Dúas liñas en zic-zac que crean uns espazos en rombo que se enchen con flores. Espezando pola esqueda temos un espazo que sería a metade dun rombo que se enche cunha flor de 4 pétalos. Na parte de abaixo antes do seguinte rombo temos unha serie de tres follas que se repite catro veces nos catro espazos iguais. Seguido ven o primeiro dos rombos enteiros que ten unha flor de 8 pétalos. O seguinte rombo ten dúas flores de catro pétalos O seguinte rombo ten outra flor de oito pétalos. A última metade do rombo ten outra flor de catro pétalos.




O FLOCO.

O floco mide 30 cm. ao redor da cara. De longo mide 6 cm. É de cor branco.

Ten a data na parte interior do corno 2006.

Data no interior do corno.



Interior da Pantalla cos cortes do sombreiro.


A Pantalla pesa 635 gr.



Fotos de Poly de Pantalla:

De pé: Candi, Dolores, Toño, Maite, Gislena, Fernando, Elisa, Amparo e Teresa.
Agachados: Julio, Jorge, Adolfo, Poly, Bernardo, X invitado.
Sentados: José Antonio, Luis e Ramón.


Os irmáns Fernado, Benito e Poly Portela no Grupo Santa Mariña.



Poly e Fernando Portela.


Gracias a Poly por prestarnos a Pantalla para poder disfrutar dela. Gracias por continuar coa tradición, por vivila e por trasmitila. Pola defensa da nosa máscara e a coherencia mantida durante tantos anos.

Gracias por compartir unha tarde ben boa falando do Entroido e das Pantallas co Gude e co Pipo.

domingo, 17 de novembro de 2024

PANTALLA DE LUISA LASO GÓMEZ FEITA POLO SEU TÍO QUIQUE SUÁREZ (QUIQUE DE BARCELONA) NO ANO 1984.

Os agasallos non teñen por que ser físicos, como nos ten acostumado o mundo consumista no que vivimos.

O agasallo do 13 de outubro de 2024 foi unha chamada de J. Gude dicindo que tiña localizada unha Pantalla do Quique Suárez, (Quique de Barcelona) e que pola tarde ás cinco quedara no seu museo particular coa propietaria da Pantalla. Tamén estaba avisado o Pipo (Felipe) para darlle unha vista de ollos a Pantalla.

Cando cheguei no local estaba xa a propietaria da Pantalla que é Luisa Laso Gómez. Recordo a Luisa do Instituto e de ollala por Xinzo cando eramos máis novos. Hai anos que vive noutra localidade pero ten un vivo recordo de cando coas súas compañeiras saía de Pantalla.

De esqueda a dereita arriba: Ana Vie, Isabel Sotelo, Luisa Laso.
De esquerda a dereita abaixo: Chari e Loly Gómez.

A Pantalla de Luisa foi feita polo seu tío Quique de Barcelona. Fixo dúas, unha para Luisa e outra para a súa irmá. Naquela altura Quique facía as Pantallas en Barcelona a quen llas encargara e chegaban a Xinzo en autobús, unhas catro ou cinco ao ano. O prezo, ao longo do tempo, variou das 2.000 ás 4.000 pesetas (12 e 24 euros). Eu escoitei dicir que sempre enviaba algunha Pantalla a maiores co mandato de que se algún neno non tiña Pantalla, que lla desen de agasallo.

Nótase o cariño que Luisa lle ten a Pantalla porque está nun estado perfecto de conservación, e ten 40 anos.  A Pantalla usouse dende o ano 1984 ata o 1997, non tódolos anos. 

ESTAMOS ANTE UNHA DAS POUCAS PANTALLAS QUE FIXO QUIQUE SUÁREZ PARA UNHA MULLER.

A PANTALLA.

Pantalla de Luisa Laso feita por Quique Suárez.

O perímetro da cara é de 25 cm. Da fronte ao quixo ten 18 cm. Considero os lados da Pantalla como se a tivese posta.

A BARBA.

A barba sae da parte inferior das orellas. A barba é de cor negra. Ten a barba composta por tres semicírculos típicos nas Pantallas de Quique Suárez. Unha a cada lado da cara e outra central. 

BARBA LADO DEREITO.

Da orella ao primeiro semicírculo hai un tramo que mide 2,30 cm. de longo e 0,70 cm. de alto. A barba ten de ancha 4,40 cm. e de alta 3,70 cm.

Ata a barba central hai outro tramo que mide 3,30 cm. de longo por 0,40 cm. de alto.

BARBA DO QUIXO. 

Ten de ancho 3,90 cm. e de alto 2,50 cm.

BARBA LADO ESQUERDO.

Ten un tramo que mide 4,20 cm. de longo e 0,30 cm. de alto. A barba ten de ancha 4,80 cm. e de alta 3,40 cm. Non ten tramo da barba ata a orella.

A BOCA.

A  boca é de cor vermella e desborda cara fóra. A anchura da boca é de 5,10 cm. na pintura dos labios. O ancho do burato é de 4,20 cm. A algura máxima do burato é de 1,40 cm. O labio superior ten 0,80 cm. de ancho e 0,40 cm. o labio inferior.

A distancia ao floco é de 4,10 cm. dende a boca. Da boca ao sombreiro que está por debaixo do floco a distancia é de 7,20 cm.

Por debaixo do labio inferior ten un reforzo de feltro de 7,60 cm. de longo por 1,70 cm. de ancho.

O BIGOTE.

O bigote está pintado e é de cor negro.

O lado dereito mide  3,20 cm. de longo e na parte máis ancha mide 0,50 cm. e na máis estreita 0,20 cm.

O lado esquerdo mide 3,10 cm. de longo e na parte máis ancha mide 0,50 cm. e na máis estreita 0,20 cm.

De punta a punta o bigote mide 6,60 cm.

OS COLORETES.

Os coloretes son vermellos. O colorete dereito ten 2,20 cm. de diámetro e o esquerdo ten 2,10 cm. de diámetro. A separación entre eles pola parte interior é de 6,80 cm.

Vista frontal.

O NARIZ

O nariz é triangular e mide de longo 4,20 cm. De alta mide 1,80 cm. e de ancha 3,60 cm. 

O burato ten de alto 1,10 cm. e de ancho 1,90 cm. Ten a parte inferior pintada de vermello en todo o perímetro.

Na punta do nariz e ao ancho ten un reforzo de feltro de 0,70 cm.

OS OLLOS.

O ollo dereito mide de longo 3,50 cm. Como a pintura vermella sae cara fóra o ancho con pintura mide 5,20 cm. De alto mide 1,90 cm. Coa pintura vermella mide 2,90 cm. O ancho da parte de arriba mide 0,50 cm e o da parte de abaixo mide 0,40 cm.

O ollo esquerdo mide de longo 3,70 cm. Como a pintura vermella sae cara afora o ancho con pintura mide 4,90 cm. De alto mide 1,90 cm. Coa pintura vermella mide 2,90 cm. O ancho da parte de arriba mide 0,50 cm. e o da parte de abaixo mide 0,40 cm. 

Debaixo de cada ollo ten un reforzo de feltro que chega ata onde rematan as cellas da cara de fóra.

Non ten pestanas.

AS CELLAS.

Están pintadas de cor negro. Son bastante anchas en xeral e disminuen cara as esquinas pero manténdose anchas.

A cella dereita mide 7,50 cm de longo. De ancho mide 0,90 cm. de máximo e 0,50 cm no lado do nariz e 0,20 cm. na de fóra.

A cella esquerda mide 7,20 cm. de longo. De ancho mide 0,90 cm. de máximo e 0,40 cm. no lado do nariz e 0,30 cm, na de fóra 

Detalle das cellas e dos ollos.

Por riba das cellas no espazo entre as orellas e ata a fita do corno temos algo que ata agora non tiña observado en ninguha das Pantallas estudadas: ten pintas de cores

As pintas de cores teñen a seguinte orde de arriba a abaixo:

Tres pintas verdes.
Tres pintas vermellas.
Tres pintas verdes.
Catro pintas douradas.
Tres pintas verdes.
Serie de amarela-vermella-amarela-vermella-amarela.
Pinta vermella central.

Pintas por riba das cellas ata o triángulo.
 
AS ORELLAS.

As orellas están feitas de cartón.

Os galóns teñen as seguintes medidas e cores:




O CORNO.

O corno é un dos aspectos máis destacábel das Pantallas de Quique Suárez. Ata o momento as Pantallas non tiñan un rizo tan estreito e longo. No seu momento non foi moi ben visto, pero case non había quen fixese Pantallas e había moitos que querían sair co traxe.

As cores que empregaba tampouco eran as habituais. Destacan a cor dourada e a amarela para adornos e azul e branca no corno.

As medidas do corno son:

Dende o punto máis alto ata o trapo das orellas mide 41 cm.
O ancho da parte inferior dende debaixo das orellas son 23 cm.
O ancho da parte media dende a punta do rizo son 38 cm.
O rizo mide de ancho 5,50 cm. na punta 6,20 cm. Cara o medio ten 20 cm. de ancho onde remata o triángudo que está por riba da cabeza.
O rizo é plano no comezo da circunferencia que xera. Esta parte plana mide 42 cm. A partir desta medida o corno colle volume ata chegar a parte de atrás. Recorre 50 cm. ata o trapo.

LADO DEREITO.

A fita perimetral é de cor negra. No rizo as medidas oscilan entre os 0,80 cm. e 1 cm. Na punta do rizo mide 0,90 cm. Na parte de abaixo onde o trapo chega aos 2,80 cm. Ata o trapo temos 2,50 cm. De debaixo da orella ata o trapo a anchura máxima é de 4,10 cm. Dende este punto e debaixo das orellas a fita perimetral únese a barba.

Detrás das orellas a fita mide entre os 0,90 cm. e os 1,10 cm. Dende a parte alta da orella o ancho é de 2,30 cm. No comezo do triángulo 1,40 cm.

O lado dereito está pintado de cor azul.

Lado dereito.

Aparecen 5 figuras no corno. Todas presentan marcas de punzón polo que foron feitas cun molde.

No rizo ten una lúa de cor amarela de 11,90 cm. de longo e de 2 cm. de ancho máximo.

No cumio do rizo temos un círculo de cor dourado de 3 cm. de diámetro.

No medio temos unha estrela de cinco puntas de lado de cor amarela. Ten de lado entre os 3 cm. e os 4 cm. porque a pintura non se adapta ao trazo do punzón con exactitude, como é normal.

Debaixo á dereita temos un círculo de cor amarelo de 5,30 cm. de diámetro.

O último círculo é o máis grande de todos. Mide 6,30 cm. de diámetro e é de cor dourado.

Os círculos representan o sol e os planteas.

Ten pintas repartidas por todo o fondo das que 17 son de cor amarela, 23 vermellas e 36 verdes.

 LADO ESQUERDO.

A fita perimetral é de cor negra. No rizo as medidas oscilan entre os 0,60 cm. e 1 cm. Na punta do rizo mide 1,20 cm. Na parte de abaixo onde o trapo chega aos 2,50 cm. Ata o trapo temos 2,00 cm. De debaixo da orella ata o trapo a anchura máxima é de 5,30 cm. Dende este punto e debaixo das orellas a fita perimetral únese a barba.

Detrás das orellas a fita mide entre os 0,80 cm. e os 0,90 cm. Dende a parte alta da orella o ancho é de 2,40 cm. No comezo do triángulo 1,10 cm.

Lado esquerdo.

Aparecen 5 figuras no corno. Todas feitas co molde.

No rizo ten una lúa de cor dourada de 11,70 cm. de longo e de 2,20 cm. de ancho máximo.

No cumio do rizo temos un círculo de cor amarelo de 3 cm. de diámetro.

No medio temos unha estrela de cinco punta de lado de cor dourada. Ten de lado entre os 3 cm. e os 4 cm. 

Debaixo á dereita temos un círculo de cor amarelo de 5,10 cm de diámetro.

O último círculo é o máis grande de todos. Mide 6,30 cm de diámetro e é de cor dourado.

Ten pintas repartidas por todo o fondo das que 17 son de cor amarela, 33 vermellas e 35 verdes.

O triángulo por riba da cara está dibidido en dúas partes por una fita central. De fondo ten as cores do seu lado do corno. O da dereita é de cor azul. Ten unha columna de 6 pintas que de arriba a abaixo son de cor vermella-amarela-vermella-amarela-vermella-amarela.

O triángulo ten de base 1,40 cm. e de lado 7,20 cm.

O lado esquerdo é de cor branco. Ten unha columna de 5 pintas que de arriba a abaixo son de cor amarela-vermella-amarela-vermella-amarela.

O triángulo ten de base 2,00 cm. e de lado 7,30 cm.

Triángulo por riba da cara.

O TRAPO.

O trapo é de cor azul aserrado en todo o contorno. Ten once series de catro triángulos invertidos de 1,40 cm. de base e 1,10 de lado. En total 44 triángulos. O trapo ten 37 cm. de longo e 70 cm. de ancho.


O FLOCO.

O floco mide 23 cm. ao redor da cara. De longo mide 9 cm. È de cor dourado.

Interior da cara.

Podemos ver o interior do sombreiro e como está pintada de rosa tamén por dentro. Tamén vemos o empapelado interior.

No corno por dentro ten un reforzo de cartón na parte inferior. 

Ten a data no interior nas dúas partes do corno:

Data no interior do corno.

Por dentro tamén ten na zona do rizo unha lenda que di: "Feita por Quique Barcelona"

A Pantalla pesa 558 gr.

Recordo a Quique Suárez de Pantalla polo Barrio de Abaixo. Un home naquela altura maior. Chamábame a atención como ía impecabelmente vestido e de como disfrutaba do entroido. Podemos dicir que foi un dos importantes entroideiros de Xinzo. A desmemoria cara as persoas que fixeron do noso entroido o importante evento cultural que é, non ten perdón. Con esta pequena achega quero homenaxear a Quique Suárez, Quique de Barcelona, polo seus esforzo por manter a tradición, por trasmitir e facilitar a moitos rapaces de Xinzo poder ter unha Pantalla para disfrutar do Entroido de Xinzo. 

Luisa Laso Gómez coa súa Pantalla.

Agracezo a Luisa que me (nos) permitise disfrutar da súa Pantalla que é un tesouro. Pola confianza que deposita en nós. Por ter a Pantalla tan ven conservada e pola conversa que mantivemos e na que aportou máis luz sobre o a figura do seu tio.

Luisa Laso Gómez coa Pantalla posta.

Gracias s J. Gude e a Pipo Álvarez por todo.

Pepe López (Picholas) e Quique Suárez.