Achegarse a unha máscara con moitos anos, e tamén con moitos anos de uso, é entrar na mística que nos leva aos enmascarados ter empatía cos nosos devanceiros. Esta Pantalla luce nos fondos da Asociación a Pantalla que gracias ao seu presidente, amigo e compañeiro de tambor Carlos Valle, podo observar de preto.
Pantalla do Pepucho dos fondos da Asociación A Pantalla. |
A Pantalla é obra do Pepucho, José Taboada, veciño de Xinzo que tivo tenda á beira do albardeiro. Naceu nos comezos do século XX. A Pantalla levouna, como se ve nas fotografías, o seu sobriño Tucho, Augusto José Carballo Taboada. Supomos que a mediados dos anos coarenta do século pasado o Pepucho fíxolle unha Pantalla a cada sobriño, o Tucho e ao seu irmán Luis.
Os irmáns Augusto José, Tucho, e Luis. (Foto facilitada por Justo Gude) |
O Tucho con 12 ou 13 anos sairía de Pantalla. Por iso datamos a Pantalla nos anos 1945-1946. Unha Pantalla moi peculiar con casi oitenta anos de antigüidade.
Fotos de Tucho coa Pantalla feita polo seu tío Pepucho. (Fotos facilitadas por Justo Gude). |
O perímetro da cara é de 33 cm. Da fronte ao queixo ten 22 cm.
O BIGOTE.
O bigote está feito de papel e pegado a máscara. Ten forma de U e é de cor negra.
Mide 7,90 de punta a punta. De ancho 2 cm.
Tanto o lado dereito como o lado esquerdo do bigote miden 5,10 cm e de ancho teñen nas puntas 1cm.
COLORETES.
Os coloretes son de cor vermella de 1,85 cm de diámetro o do lado esquerdo e de 1,80 o do lado dereito.
O NARIZ.
O tabique mide 6,10 cm. De alta mide 4,20 cm e de ancha 3,70 cm. O espesor da capa de papel do lado dereito é de 0,70 cm e do esquerdo 1 cm.
O nariz non acaba onde comezan os ollos como nas Pantallas actuais, continúa ata a fronte.
OS OLLOS.
O ollo dereito mide de longo 3,90 cm. De alto mide 2,50 cm. Na parte de arriba mide de ancho 0,80 cm e na de abaixo 0,60 cm.
O ollo esquerdo mide de longo 3,20 cm. De alto mide 2,80 cm. Na parte de arriba mide de ancho 0,90 cm e na de abaixo 0,50 cm.
Os ollos están pintados de vermello e non ten pestanas.
CELLAS.
Cellas non ten.
AS ORELLAS.
ZONA PINTAS:
Na dereita abaixo ten tres filas de tres puntos de cor vermella.
Na dereita arriba ten tres filas de tres puntos de cor vermella.
Na esquerda abaixo ten dúas filas con catro puntos a de arriba e tres puntos a de abaixo. Son de cor vermella.
Na esquerda arriba ten tres filas de tres puntos de cor vermella.
O CORNO.
Lado demo. |
Demo. |
Detalle da cara do demo. |
Rombo no rizo. |
Estrela por riba dos cornos do demo. |
Estrela con cara pintada. |
Lúa. |
Cabeza do galo. |
Ten na parte traseira unha palma de cores verde e vermella que pasa por riba do galo e do rizo. Tres liñas que baixan á cara de cor negra, verde e vermella. A altura do pescozo do galo fai un remuíño de cor verde e vermella. Outras liñas da mesma cor descenden ata a base do corno que se atopan con outras da mesma cor en horizontal. Pegada oo borde do corno na parte inferior temos unha liña negra que ten unha base e unha ondulación.
Remuíño de cores. |
Vou facer unha pequena interpretación dos deseños da Pantalla e perdoade o atrevemento.
O galo en moitas culturas é o que anuncia a chegada do sol, da luz. O galo é metaforicamente o sol. O sol e a luz representa o ben. Por outra banda temos o mundo da escuridade coa lúa e as estrelas, pero temos tamén a representación do mal co demo. Temos na Pantalla do Pepucho representados os protagonistas do ben e do mal. Os protagonistas da incansable loita que os homes protagonizamos dende tempos remotos e na que seguimos e seguiremos ata o fin dos días.
O FLOCO.
O floco é dourado e ten 10,50 cm de longo, 2,50 cm na parte pegada ao queixo.
Trapo. |
O TRAPO.
O trapo é moi longo, mide 70 cm de longo e 40 cm de ancho. Ten ao longo18 buratos en dobre fileira. Na parte de abaixo tamén ten os buratos en dobre fileira, 16 buratos na superior e 21 na inferior.
Parte inteior. |
A cara por dentro ten un corte en triángulo na parte superior. Está moi remendado e ten varios cachos de feltro cosidos para evitar que se esnaque a cara. Como curiosidade vemos que ten un cordel para pasar por debaixo do queixo da persoa para que non se mova a Pantalla.
A Pantalla pesa 735 gr.
Tucho e Pepucho. (Foto facilitada por Justo Gude). |
O meu agradecemto á directiva da Asociación A Pantalla. Ao seu Presidente Carlos Valle.
Gracias especiais ao meu amigo Justo Gude por ter tanta documentación e saber todo o que sabe do Entroido de Xinzo, e sobre todo por compartilo comigo.
Abrazo aos "Penitentes" por vir e facerme compañía, Pulgui, Xoan, Conchi, Sonia.