O Martes de Entroido do ano 2024 encontreime na Rúa dos Viños de Xinzo con Martín Dominguez que me comentou que tiña un amigo que quería arranxar a Pantalla do pai. Díxome que lle dera o meu teléfono para que me chamase e falar do tema.
O día un de marzo de 2024 recibín a chamada de José Luis Castro Beloso, fillo de José Luis Castro Becerra. Quedamos en vernos na súa casa. Tiña o corno dunha Pantalla do Quique Suárez (Quique de Barcelona) pero faltáballe a cara. Nese momento chamei a Justo Gude para que vise o corno. Cando chegou e despois de varios comentarios, preguntámoslle se tiña algo máis do traxe da Pantalla. José Luis contestou que no armario e trouxo as partes do traxe. O que chamou a nosa atención foi a capa.
Quero advertir que a capa é unha xoia pero non quere dicir que todas as capas de Pantalla fosen así. Non quero que se interprete que as capas naquela altura tiñan a mesma feitura. Fago esta advertencia porque a capa é dobre. A capa ten dúas teas cosidas, unha vermella onde están cosidas os lazos e as fitas e outra interior de cor verde.
Non soubo dicir quen fixo a capa. Pode que a Lola Xaniña ou algunha das costureiras que daquelas traballaban en Xinzo. Se alguén o sabe que se poña en contacto comigo.
Capa de José Luis Castro Becerra. Anverso. |
Capa de José Luis Castro Becerra. Reverso. |
LADO VERMELLO. O ANVERSO.
Vou seguir comentando as peculariedades desta capa.
(As medidas poden variar algúns centímetros porque a capa está moi ben conservada pero ten partes onde a tea se encolle, pasaron a día de hoxe 69 anos.)
Non está feita dun só corte de tea. A capa está feita con anacos de tea cosidos. Ten un cosido central que a divide en dúas partes de 86 cm. En total mide de ancho 172 cm. Se lle engadimos o floco que está cosido por todo o perímetro e que mide 3 cm (engado 3 cm do lado esquerdo e outros 3 cm do lado dereito) en total mide 178 cm.
Na fotografía vemos as partes engadidas nos cantos da capa.
Capa coas medidas dos engadidos dos cantos. |
De alto mide 75 cm. xusto no medio e medio ata o colo da capa. O colo mide 4 cm. En total suman 79 cm. Do colo saen as dúas fitas para atar a capa ao pescozo que miden 35 cm cada unha.
Ao redor do colo aparecen uns cosidos para darlle a forma redonda á capa. Son tres a cada lado do cosido central. De longo teñen entre 3 e 5 cm. A separación entre eles, comezando pola esquerda, é de 7 cm, 5,50 cm, 3 cm, 4,50 cm e chega o cosido central. Dende este cosido central ata o final da parte dereita do colo temos: 5 cm, 2,80 cm, 6 cm e 5 cm.
Os lazos.
Lazos das cintas. |
A capa ten cinco grupo de cintas. Nacen duns lazos da parte superior da capa que rodean ao colo.
Son iguais entres si os grupos de cintas dos cantos. Tamén son iguais os dous que están cara o centro. E o do medio é o máis singular.
Primeiro as cores.
Os lazos dos cantos teñen unha gama de cores verdes, do máis escuro ao máis claro.
Lazo de cores verdes. |
Os lazos que están cara o interior da capa son de cores dende o violeta ao rosa.
Lazo do violeta ao rosa claro. |
O lazo central e de cor azul e tamén está composto dunha gama de cores azuis, do máis oscuro ao máis claro.
Lazo de cores azuis central. |
As cintas.
As cinco cintas que se corresponden cos dous lazos verdes dos dous cantos.
Cintas dos lazos verdes. |
A sucesión de cintas é a seguinte: a cinta da esquerda é a que está por debaixo de todas e despois vanse colocando por orden de abaixo a arriba e cara a dereita.
Cinta de cor de gamas de verde. Cinta de cor rosa. Cinta de amarela escura. Cinta de cor amarala clara. Cinta de cores dende o violeta ao rosa.
As cinco cintas que se corresponden cos dous lazos do violeta ao rosa.
Cintas o lazo de cores violeta a rosa claro. |
A sucesión de cintas: a cinta da esquerda é a que está por debaixo de todas de despois vanse colocando por orden de abaixo a arriba e cara a dereita.
Cinta de cor azul. Cinta de gama de verdes. Cinta de cor branca. Cinta vermella. Cinta de cor amarela.
Por último as cinco cintas do centro que se corresponde co lazo de cores de gama de azuis.
Cintas centrais. |
A sucesión de cintas: a cinta da esquerda é a que está por debaixo de todas de despois vanse colocando por orden de abaixo a arriba cara a dereita.
Cinta amarela. Cinta de gama de cores azuis. Cinta de cores do violeta ao rosa. Cinta blanca con bordado.
Os bordados.
Cintas bordadas. |
As cintas teñen dous bordados. O máis importante para nós é o que lle pon data á capa. Está no grupo de cintas centrais. A lenda é CARNAVALES 1955. Penso que é a data en que se fixo a capa porque todos os grupos de cintas teñen cinco cintas menos no bordado que se fixo posteriormente e no que se engade unha cinta máis no grupo de cintas que teñen o lazo de cor violeta ao rosa. Polo tanto ese grupo ten seis cintas. A cinta número seis pon CARNAVALES 1980. Esta data é importante para a familia porque é a data en que por primeira vez saen xuntos de Pantalla o pai e o fillo.
A data de 1955 é importante porque estanos a dicir que16 anos despois do fin da Guerra Civil está normalizado en Xinzo sair de Pantalla. Sábese que antes desta data hai xente encarcerada por sair a troulear no Entroido de Xinzo, pero esta capa ponlle data segura a unha Pantalla que sae no Entroido de Xinzo de Limia en 1955.
MEDIDAS.
Os lazos.
Os lazos miden catro centímetros de ancho por outros catro centímetros de alto. O nudo central é cadrado de 1,50 centímetros de lado.
As cintas.
Todas as cintas teñen o remate dentado.
Empezo polo grupo da esquerda que ten o lazo de cor gama de verdes. Está colocado a 63 cm do canto da esquerda e a 14 do colo.
Na mesma orde que as cores:
Cinta de gama de verdes. Ancho 4 cm (un centímetro por cada cor). Longo 55 cm.
Cinta rosa. Ancho 4 cm. Longo 53,50 cm.
Cinta amarela escura. Ancho 2,30 cm. Longo 55 cm.
Cinta amarela clara. Ancho 2,30 cm. Longo 55 cm.
Cinta violeta, carmín, rosa oscura e rosa clara. Ancho 2,50 cm. Longo 55 cm.
O segundo grupo que ten o lazo de cor do violeta ao rosa. Está a 71 cm do canto esquerdo da capa. Está da 12 cm do grupo primeiro e a 14 cm do colo.
Cinta azul escura. Ancho 5 cm. Longo 55,50 cm.
Cinta tonalidades de verdes. Ancho 4 cm. Longo 55,50 cm.
Cinta branca. Ancho 4 cm. Longo 56 cm.
Cinta vermella. Ancho 3,80 cm. Longo 55 cm.
Conta amarela. Ancho 2,30 cm. Longo 56,30.
Cinta co bordado de CARNAVALES 1980. É de cor azul clara e mide de ancho 4,50 cm e de longo 58 cm.
As letras son brancas e están a 4 cm do lazo. Miden as letras 24,50 cm de longas e 2,50 cm de altas. A tres centímetros está a ondulación decorativa que mide 2 cm. A 1 cm está o ano que mide 5 cm de longo e 2 cm de alto. A 1 cm está a outra ondulación decorativa que tamén mide 2 cm. A distancia ata o final da cinta son 15 cm.
Cintas onde unha está bordada. |
O terceiro grupo é o do centro e ten o lazo coa gama de azuis. Está a 87 cm do canto esquerdo da capa. A 16 cm da anterior grupo de cintas e a 13,50 cm do colo.
Cinta amarela. Ancho 4,90 cm. Longo 60 cm.
Cinta azul con gama de cores azuis. Ancho 4 cm. Longo 60 cm.
Cinta do violeta ao rosa. Ancho 4 cm. Longo 60 cm.
Cinta verde. Ancho 4 cm. Longo 60 cm.
Cinta blanca bordada. Ancho 7 cm. Longo 60 cm.
Esta cinta bordada pon CARNAVALES 1955. A primeira letra que é a C ten o fondo azul como a última que é a letra S.
Está a 9,50 cm do lazo. As letras miden 32,50 cm de longo e 3,50 cm de alto. A 3,20 cm esta o ano que mide 6 cm de longo e 2 cm de alto. Ata o final da cinta temos 8,70 cm.
O cuarto grupo é como o segundo en lazo e cintas. Está a 71 cm do canto dereito da capa. Está a 17 cm do grupo terceiro e a 19 cm do colo.
Cinta azul escuro. Ancho 5 cm. Longo 55,50 cm.
Cinta tonalidades de verdes. Ancho 4 cm. Longo 55,50 cm.
Cinta blanca. Ancho 4 cm. Longo 56 cm.
Cinta vermella. Ancho 3,80 cm. Longo 55 cm.
Conta amarela. Ancho 2,30 cm. Longo 56,30.
O quinto grupo e como o primeiro en lazo e cintas. Está a 65 cm do canto dereito da capa. Está a 17 cm do grupo cuarto e a 10 cm do colo.
Cinta de gama de verdes. Ancho 4 cm (un centímetro de cada cor). Longo 55 cm
Cinta rosa. Ancho 4 cm. Longo 53,50 cm.
Cinta amarela oscura. Ancho 2,30 cm. Longo 55 cm.
Cinta amarela clara. Ancho 2,30 cm. Longo 55 cm.
Cinta violeta, carmín, rosa oscuro e rosa claro. Ancho 2,50 cm. Longo 55 cm.
LADO VERDE. REVERSO.
As dimensións son iguais que as do lado vermello. So varía nos engadidos dos cantos. Do lado esquerdo ten dous anacos de tea. Un na parte de arriba que é un rectángulo de 23 cm de ancho por 10 cm de longo. O de abaixo ten 50 cm de longo e vai dos 23 cm de ancho ata rematar en punta.
O do lado dereito tamén ten dous anacos de tea. Un na parte de arriba que é un rectángulo de 24 cm de de ancho por 14 cm de longo. O de abaixo ten 40 cm de longo e vai dos 24 cm de ancho ata rematar en punta.
O FLOCO.
O floco é de cor azul escuro e percorre todo o perímetro da capa menos no colo. Ten 3 cm de ancho onde 1 cm é a parte bordada e 2 cm son de fíos.
A capa pesa 450 gramos.
Gracias a José Luis Castro Beloso por amosarnos a capa do seu pai José Luis Castro Becerra.
Gracias a Sonia, compañeira gaiteira, por terme lembrado unhas datas.