venres, 29 de novembro de 2024

PANTALLA DE HIPOLITO PAZ PORTELA (POLY) FEITA POR SI MESMO.

En Xinzo, en tempos, ter unha Pantalla era difícil porque había moi poucas persoas que as fixeran. Agora pódense comprar a varios artesáns que as fan por encargo.

Hai outras persoas que saben facer Pantallas pero só as fan para familiares ou amigos que lles merecen o esforzo e o pracer de agasallalos cunha máscara.

Unha destas persoas é Poly que podemos ver no entroido acompañado dos seus fillos, irmao e parentes con Pantallas feitas pola súa man.

Poly ten unha forte relación co Entroido de Xinzo. Gosta de ser Pantalla e podemos dicir que é unha das Pantalla de Xinzo, quen queira entender que entenda. Tamén fixo varios carteis do Entroido de Xinzo cando traballaba nas Graficas Cars. Moitos anos leva tirando da corda que levanta ao Meco cando se colga na Praza Maior e viaxou a outras localidades para mostrar a nosa máscara. Xogador perenne do Xogo das Olas do Domingo de Oleiro. Membro do mítico grupo músico-cómico MERECUMBÉ.  Comparte con Lines moitos momentos do Entroido de Xinzo de Limia.

A PANTALLA.

Pantalla de Poly.

O perímetro da cara é de 30 cm. Da fronte ao queixo ten 20 cm.

A BARBA.

Nace ao carón das orellas. A barba é de cor negra. Ten unha ondulación a cada lado da cara. No queixo ten unha ondulación.

BARBA LADO DEREITO.

Ten un longo de 9,90 cm. A parte máis alta ata o floco mide 3,90 cm. A parte estreita do queixo ten 2,40 cm. 

BARBA LADO ESQUERDO.

Ten un longo de 9,50 cm. A parte máis alta ata o floco mide 3,90 cm. A parte estreita do queixo ten 2,40 cm.

BARBA DO QUEIXO.

De alto dende o floco ten 5,10 cm. De longo mide 7,90 cm.

A BOCA.

A boca é de cor vermella e ten de longa 6,70 cm. A anchura na abertura máxima é de 0,50 cm. O ancho do labio superior é de 0,70 cm. e do labio inferior é tamén de 0,70 cm. O ancho total con pintura é de 1,50 cm. A distancia ao floco é de 8,60 cm. Ata o fondo do sombreiro é de 9,30 cm.

O BIGOTE.

O bigote está pintado de cor negro. Está dividido en dous tramos. As puntas están cara arriba.

O lado dereito mide de longo 3,70 cm. A parte máis ancha mide 0,90 cm.

O lado esquerdo mide de longo 3,40 cm. A parte máis ancha mide 0,80 cm.

De punta a punta o bigote mide 7,30 cm.

OS COLORETES.

Os colorentes son vermellos e teñen un diámetro de 1,20 cm. A separación entre eles é de 8,50 cm. 

Lado esquerdo.

O NARIZ.

O nariz é triangular dun só burato. De longo mide 3,70 cm. De alta mide 2,10 cm. ata a base. De ancha mide 4,50 cm. coa pintura. O burato ten de ancho 2 cm. e de alto mide 1,30 cm. O grosor do feltro e do papel é de 0,50 cm. Ten pintado de vermello a parte inferior. 

OS OLLOS.

Pola forma son os denominados popularmente ollos de rá.

O ollo dereito mide de longo 6 cm. De alto mide 2,50 cm. O ancho da parte de arriba é de 0,50 cm. con 26 pestanas negras. O ancho da parte de abaixo é de 0,50 cm. con 18 pestanas negras.

O ollo esquerdo mide de longo 5,60 cm. De alto mide 2,80 cm. O ancho da parte de arriba é de 0,60 cm. con 30 pestanas negras. O ancho da parte de abaixo é de 0,50 cm. con 19 pestanas negras.

AS CELLAS.

Son de cor negras. Están pintadas por todo o bordo da parte superior do ollo.

A cella dereita mide de longo 9 cm. e de ancha entre os 0,30 cm. e os 0,40 cm.

A cella esquerda mide de longo 8 cm. e de ancha 0,50 cm.

Lateral dereito.

AS ORELLAS.

As orellas están feitas de feltro.

Os galóns teñen as seguintes medidas e cores:




O CORNO.

O corno ten o rizo pequeno.

As medidas do corno son:

Dende o punto máis alto ata ao trapo debaixo das orellas mide 28 cm.

O ancho da parte inferior dende debaixo das orellas son 23,50 cm.

O ancho da parte media dende á punta do rizo son 35 cm.

O rizo mide de ancho 7 cm. e de alto 9 cm. Cara o medio ten 9 cm. de ancho onde remata o triángulo.

Lado dereito.

LADO DEREITO.

Os lados son como si tivera eu posta a Pantalla.

A fita é dourada e vai dende os 1,10 cm. ata os 1,50 cm. de ancha. Na parte inferior do rizo ten 1,30 cm. A parte de atrás das orellas ten 1,80 cm. de ancho. Na zona de abaixo, onde o trapo, mide 1,90 cm. Na parte de atrás ten de ancho 2,70 cm.

O fondo está pintado de cor negro. Ten un grande cometa de cor vermello na cabeza e indo cara o laranxa na cola. Mide de longo 28 cm. De ancho mide 7 cm. e na punta da cola 2,70 cm. Cara a dereita ten catro pequenos cometas. O primeiro que está máis cerca do gran cometa mide 18 cm. de longo e 0,90 cm. de ancho de media. Ao seu carón temos outro que mide de longo 24 cm. e de ancho entre os 0,80 cm. e os 1,50 cm. Dos máis pequenos o de arriba mide 8,50 cm. de longo e entre os 1,20 cm. e os 0,50 cm. de ancho. O de abaixo mide 8 cm. de longo e entre os 0,40 cm. e os 1,20 cm. de ancho.

Do lado esquerdo do gran cometa temos cinco pequenos cometas. O máis próximo mide de longo 23 cm. e de ancho entre os 1,70 cm. e os 0,30 cm. O seguinte mide 26,50 cm. de longo e entre os 1,40 cm. e 0,80 cm. de ancho. Dos pequenos o de arriba mide 13 cm. de longo e entre os 0,30 cm. de e os 1,10 cm de ancho. O de abaixo mide 8,50 cm. de longo e entre os 0,30 cm. e 1 cm. de ancho. O que está só mide 8,60 cm. de longo e entre os 1,10 cm. e os 0,20 cm de ancho.

No rizo hai un sol dourado de 2,90 cm. de diámetro con 23 raios. No fondo ten pintas que fan de estrelas ao lonxe. Das máis grandes temos estrelas de 8, 6 e 4 puntas.  

LADO ESQUERDO.

Lado esquerdo.

A fita é dourada de 1,30 cm. de ancha en todo o perímetro. Na punta do rizo ten 1,20 cm. Na parte de atrás das orellas ten 1,90 cm. de ancho. Na zona de abaixo, onde o trapo, mide 2 cm. Na parte de atrás ten de ancho 2,70 cm. 

O fondo está pintado de negro. A figura principal é o planeta Saturno cos seus aneis. O diámetro é de 11,50 cm. O anel interior mide de longo 21 cm. De ancho o anel que sobresae a esquerda na curva é de 1,90 cm. O da dereita ten na curva 1,70 cm. O resto do anel ten un ancho de 1,10 cm.
O anel exterior mide de longo 28 cm. De ancho o anel que sobresae a esquerda na curva é de 2,50 cm. O da dereita ten na curva 2,20 cm. O resto do anel ten un ancho de entre os 0,50 cm. e os 0,70 cm. O anel que está no planea ten de ancho 0,60 cm.
No rizo temos un círculo prateado de 2,90 cm. de diámetro. Por todo o corno temos estrelas prateadas. 
Tres son estrelas medianas de 5 puntas. A que está no rizo mide 3,50 cm. de punta a punta. A que está na punta dos aneis a esquerda mide 4,40 cm. No contorno ten unas liñas douradas. Debaixo do planeta unha estrela que mide 3,70 cm.
Tres estrelas máis pequenas a esquerda, por riba de por baixo dos aneis. A de arriba mide 2,60 cm. e a da abaixo 3,10 cm. A da dereita dos aneis 2,60 cm. 
Hai sete estrelas máis pequenas e dúas están rodeadas de amarelo nas cinco puntas. Temos estrelas inda máis pequenas e pintas de cor dourado creando o firmamento.
Tamén ten unha pegatina co escudo de Xinzo de Limia.
O triángulo por riba da cara é de cor negro. 

O TRAPO.

Detalle do corte do trapo.

O trapo é de cor azul claro. De longo mide 53 cm. e de ancho 90 cm.

O picado do trapo é unha obra de arte. Foi feito por Pepa Fernández, sogra de Poly e nai de Lines, costureira que fixo durante moitos anos as partes fundamentais do traxe de Pantalla con unha sabiduría,  bon facer e cariño encomiables.
 
Dúas liñas en zic-zac que crean uns espazos en rombo que se enchen con flores. Espezando pola esqueda temos un espazo que sería a metade dun rombo que se enche cunha flor de 4 pétalos. Na parte de abaixo antes do seguinte rombo temos unha serie de tres follas que se repite catro veces nos catro espazos iguais. Seguido ven o primeiro dos rombos enteiros que ten unha flor de 8 pétalos. O seguinte rombo ten dúas flores de catro pétalos O seguinte rombo ten outra flor de oito pétalos. A última metade do rombo ten outra flor de catro pétalos.




O FLOCO.

O floco mide 30 cm. ao redor da cara. De longo mide 6 cm. É de cor branco.

Ten a data na parte interior do corno 2006.

Data no interior do corno.



Interior da Pantalla cos cortes do sombreiro.


A Pantalla pesa 635 gr.



Fotos de Poly de Pantalla:

De pé: Candi, Dolores, Toño, Maite, Gislena, Fernando, Elisa, Amparo e Teresa.
Agachados: Julio, Jorge, Adolfo, Poly, Bernardo, X invitado.
Sentados: José Antonio, Luis e Ramón.


Os irmáns Fernado, Benito e Poly Portela no Grupo Santa Mariña.



Poly e Fernando Portela.


Gracias a Poly por prestarnos a Pantalla para poder disfrutar dela. Gracias por continuar coa tradición, por vivila e por trasmitila. Pola defensa da nosa máscara e a coherencia mantida durante tantos anos.

Gracias por compartir unha tarde ben boa falando do Entroido e das Pantallas co Gude e co Pipo.