domingo, 17 de novembro de 2024

PANTALLA DE LUISA LASO GÓMEZ FEITA POLO SEU TÍO QUIQUE SUÁREZ (QUIQUE DE BARCELONA) NO ANO 1984.

Os agasallos non teñen por que ser físicos, como nos ten acostumado o mundo consumista no que vivimos.

O agasallo do 13 de outubro de 2024 foi unha chamada de J. Gude dicindo que tiña localizada unha Pantalla do Quique Suárez, (Quique de Barcelona) e que pola tarde ás cinco quedara no seu museo particular coa propietaria da Pantalla. Tamén estaba avisado o Pipo (Felipe) para darlle unha vista de ollos a Pantalla.

Cando cheguei no local estaba xa a propietaria da Pantalla que é Luisa Laso Gómez. Recordo a Luisa do Instituto e de ollala por Xinzo cando eramos máis novos. Hai anos que vive noutra localidade pero ten un vivo recordo de cando coas súas compañeiras saía de Pantalla.

De esqueda a dereita arriba: Ana Vie, Isabel Sotelo, Luisa Laso.
De esquerda a dereita abaixo: Chari e Loly Gómez.

A Pantalla de Luisa foi feita polo seu tío Quique de Barcelona. Fixo dúas, unha para Luisa e outra para a súa irmá. Naquela altura Quique facía as Pantallas en Barcelona a quen llas encargara e chegaban a Xinzo en autobús, unhas catro ou cinco ao ano. O prezo, ao longo do tempo, variou das 2.000 ás 4.000 pesetas (12 e 24 euros). Eu escoitei dicir que sempre enviaba algunha Pantalla a maiores co mandato de que se algún neno non tiña Pantalla, que lla desen de agasallo.

Nótase o cariño que Luisa lle ten a Pantalla porque está nun estado perfecto de conservación, e ten 40 anos.  A Pantalla usouse dende o ano 1984 ata o 1997, non tódolos anos. 

ESTAMOS ANTE UNHA DAS POUCAS PANTALLAS QUE FIXO QUIQUE SUÁREZ PARA UNHA MULLER.

A PANTALLA.

Pantalla de Luisa Laso feita por Quique Suárez.

O perímetro da cara é de 25 cm. Da fronte ao quixo ten 18 cm. Considero os lados da Pantalla como se a tivese posta.

A BARBA.

A barba sae da parte inferior das orellas. A barba é de cor negra. Ten a barba composta por tres semicírculos típicos nas Pantallas de Quique Suárez. Unha a cada lado da cara e outra central. 

BARBA LADO DEREITO.

Da orella ao primeiro semicírculo hai un tramo que mide 2,30 cm. de longo e 0,70 cm. de alto. A barba ten de ancha 4,40 cm. e de alta 3,70 cm.

Ata a barba central hai outro tramo que mide 3,30 cm. de longo por 0,40 cm. de alto.

BARBA DO QUIXO. 

Ten de ancho 3,90 cm. e de alto 2,50 cm.

BARBA LADO ESQUERDO.

Ten un tramo que mide 4,20 cm. de longo e 0,30 cm. de alto. A barba ten de ancha 4,80 cm. e de alta 3,40 cm. Non ten tramo da barba ata a orella.

A BOCA.

A  boca é de cor vermella e desborda cara fóra. A anchura da boca é de 5,10 cm. na pintura dos labios. O ancho do burato é de 4,20 cm. A algura máxima do burato é de 1,40 cm. O labio superior ten 0,80 cm. de ancho e 0,40 cm. o labio inferior.

A distancia ao floco é de 4,10 cm. dende a boca. Da boca ao sombreiro que está por debaixo do floco a distancia é de 7,20 cm.

Por debaixo do labio inferior ten un reforzo de feltro de 7,60 cm. de longo por 1,70 cm. de ancho.

O BIGOTE.

O bigote está pintado e é de cor negro.

O lado dereito mide  3,20 cm. de longo e na parte máis ancha mide 0,50 cm. e na máis estreita 0,20 cm.

O lado esquerdo mide 3,10 cm. de longo e na parte máis ancha mide 0,50 cm. e na máis estreita 0,20 cm.

De punta a punta o bigote mide 6,60 cm.

OS COLORETES.

Os coloretes son vermellos. O colorete dereito ten 2,20 cm. de diámetro e o esquerdo ten 2,10 cm. de diámetro. A separación entre eles pola parte interior é de 6,80 cm.

Vista frontal.

O NARIZ

O nariz é triangular e mide de longo 4,20 cm. De alta mide 1,80 cm. e de ancha 3,60 cm. 

O burato ten de alto 1,10 cm. e de ancho 1,90 cm. Ten a parte inferior pintada de vermello en todo o perímetro.

Na punta do nariz e ao ancho ten un reforzo de feltro de 0,70 cm.

OS OLLOS.

O ollo dereito mide de longo 3,50 cm. Como a pintura vermella sae cara fóra o ancho con pintura mide 5,20 cm. De alto mide 1,90 cm. Coa pintura vermella mide 2,90 cm. O ancho da parte de arriba mide 0,50 cm e o da parte de abaixo mide 0,40 cm.

O ollo esquerdo mide de longo 3,70 cm. Como a pintura vermella sae cara afora o ancho con pintura mide 4,90 cm. De alto mide 1,90 cm. Coa pintura vermella mide 2,90 cm. O ancho da parte de arriba mide 0,50 cm. e o da parte de abaixo mide 0,40 cm. 

Debaixo de cada ollo ten un reforzo de feltro que chega ata onde rematan as cellas da cara de fóra.

Non ten pestanas.

AS CELLAS.

Están pintadas de cor negro. Son bastante anchas en xeral e disminuen cara as esquinas pero manténdose anchas.

A cella dereita mide 7,50 cm de longo. De ancho mide 0,90 cm. de máximo e 0,50 cm no lado do nariz e 0,20 cm. na de fóra.

A cella esquerda mide 7,20 cm. de longo. De ancho mide 0,90 cm. de máximo e 0,40 cm. no lado do nariz e 0,30 cm, na de fóra 

Detalle das cellas e dos ollos.

Por riba das cellas no espazo entre as orellas e ata a fita do corno temos algo que ata agora non tiña observado en ninguha das Pantallas estudadas: ten pintas de cores

As pintas de cores teñen a seguinte orde de arriba a abaixo:

Tres pintas verdes.
Tres pintas vermellas.
Tres pintas verdes.
Catro pintas douradas.
Tres pintas verdes.
Serie de amarela-vermella-amarela-vermella-amarela.
Pinta vermella central.

Pintas por riba das cellas ata o triángulo.
 
AS ORELLAS.

As orellas están feitas de cartón.

Os galóns teñen as seguintes medidas e cores:




O CORNO.

O corno é un dos aspectos máis destacábel das Pantallas de Quique Suárez. Ata o momento as Pantallas non tiñan un rizo tan estreito e longo. No seu momento non foi moi ben visto, pero case non había quen fixese Pantallas e había moitos que querían sair co traxe.

As cores que empregaba tampouco eran as habituais. Destacan a cor dourada e a amarela para adornos e azul e branca no corno.

As medidas do corno son:

Dende o punto máis alto ata o trapo das orellas mide 41 cm.
O ancho da parte inferior dende debaixo das orellas son 23 cm.
O ancho da parte media dende a punta do rizo son 38 cm.
O rizo mide de ancho 5,50 cm. na punta 6,20 cm. Cara o medio ten 20 cm. de ancho onde remata o triángudo que está por riba da cabeza.
O rizo é plano no comezo da circunferencia que xera. Esta parte plana mide 42 cm. A partir desta medida o corno colle volume ata chegar a parte de atrás. Recorre 50 cm. ata o trapo.

LADO DEREITO.

A fita perimetral é de cor negra. No rizo as medidas oscilan entre os 0,80 cm. e 1 cm. Na punta do rizo mide 0,90 cm. Na parte de abaixo onde o trapo chega aos 2,80 cm. Ata o trapo temos 2,50 cm. De debaixo da orella ata o trapo a anchura máxima é de 4,10 cm. Dende este punto e debaixo das orellas a fita perimetral únese a barba.

Detrás das orellas a fita mide entre os 0,90 cm. e os 1,10 cm. Dende a parte alta da orella o ancho é de 2,30 cm. No comezo do triángulo 1,40 cm.

O lado dereito está pintado de cor azul.

Lado dereito.

Aparecen 5 figuras no corno. Todas presentan marcas de punzón polo que foron feitas cun molde.

No rizo ten una lúa de cor amarela de 11,90 cm. de longo e de 2 cm. de ancho máximo.

No cumio do rizo temos un círculo de cor dourado de 3 cm. de diámetro.

No medio temos unha estrela de cinco puntas de lado de cor amarela. Ten de lado entre os 3 cm. e os 4 cm. porque a pintura non se adapta ao trazo do punzón con exactitude, como é normal.

Debaixo á dereita temos un círculo de cor amarelo de 5,30 cm. de diámetro.

O último círculo é o máis grande de todos. Mide 6,30 cm. de diámetro e é de cor dourado.

Os círculos representan o sol e os planteas.

Ten pintas repartidas por todo o fondo das que 17 son de cor amarela, 23 vermellas e 36 verdes.

 LADO ESQUERDO.

A fita perimetral é de cor negra. No rizo as medidas oscilan entre os 0,60 cm. e 1 cm. Na punta do rizo mide 1,20 cm. Na parte de abaixo onde o trapo chega aos 2,50 cm. Ata o trapo temos 2,00 cm. De debaixo da orella ata o trapo a anchura máxima é de 5,30 cm. Dende este punto e debaixo das orellas a fita perimetral únese a barba.

Detrás das orellas a fita mide entre os 0,80 cm. e os 0,90 cm. Dende a parte alta da orella o ancho é de 2,40 cm. No comezo do triángulo 1,10 cm.

Lado esquerdo.

Aparecen 5 figuras no corno. Todas feitas co molde.

No rizo ten una lúa de cor dourada de 11,70 cm. de longo e de 2,20 cm. de ancho máximo.

No cumio do rizo temos un círculo de cor amarelo de 3 cm. de diámetro.

No medio temos unha estrela de cinco punta de lado de cor dourada. Ten de lado entre os 3 cm. e os 4 cm. 

Debaixo á dereita temos un círculo de cor amarelo de 5,10 cm de diámetro.

O último círculo é o máis grande de todos. Mide 6,30 cm de diámetro e é de cor dourado.

Ten pintas repartidas por todo o fondo das que 17 son de cor amarela, 33 vermellas e 35 verdes.

O triángulo por riba da cara está dibidido en dúas partes por una fita central. De fondo ten as cores do seu lado do corno. O da dereita é de cor azul. Ten unha columna de 6 pintas que de arriba a abaixo son de cor vermella-amarela-vermella-amarela-vermella-amarela.

O triángulo ten de base 1,40 cm. e de lado 7,20 cm.

O lado esquerdo é de cor branco. Ten unha columna de 5 pintas que de arriba a abaixo son de cor amarela-vermella-amarela-vermella-amarela.

O triángulo ten de base 2,00 cm. e de lado 7,30 cm.

Triángulo por riba da cara.

O TRAPO.

O trapo é de cor azul aserrado en todo o contorno. Ten once series de catro triángulos invertidos de 1,40 cm. de base e 1,10 de lado. En total 44 triángulos. O trapo ten 37 cm. de longo e 70 cm. de ancho.


O FLOCO.

O floco mide 23 cm. ao redor da cara. De longo mide 9 cm. È de cor dourado.

Interior da cara.

Podemos ver o interior do sombreiro e como está pintada de rosa tamén por dentro. Tamén vemos o empapelado interior.

No corno por dentro ten un reforzo de cartón na parte inferior. 

Ten a data no interior nas dúas partes do corno:

Data no interior do corno.

Por dentro tamén ten na zona do rizo unha lenda que di: "Feita por Quique Barcelona"

A Pantalla pesa 558 gr.

Recordo a Quique Suárez de Pantalla polo Barrio de Abaixo. Un home naquela altura maior. Chamábame a atención como ía impecabelmente vestido e de como disfrutaba do entroido. Podemos dicir que foi un dos importantes entroideiros de Xinzo. A desmemoria cara as persoas que fixeron do noso entroido o importante evento cultural que é, non ten perdón. Con esta pequena achega quero homenaxear a Quique Suárez, Quique de Barcelona, polo seus esforzo por manter a tradición, por trasmitir e facilitar a moitos rapaces de Xinzo poder ter unha Pantalla para disfrutar do Entroido de Xinzo. 

Luisa Laso Gómez coa súa Pantalla.

Agracezo a Luisa que me (nos) permitise disfrutar da súa Pantalla que é un tesouro. Pola confianza que deposita en nós. Por ter a Pantalla tan ven conservada e pola conversa que mantivemos e na que aportou máis luz sobre o a figura do seu tio.

Luisa Laso Gómez coa Pantalla posta.

Gracias s J. Gude e a Pipo Álvarez por todo.

Pepe López (Picholas) e Quique Suárez.