Julio Santana é un home de Entroido. Eu recordoo de toda a vida na comisión do Entroido de Xinzo de Limia. Acompañaba á Banda ou á Charanga percorrendo a Vila, con gabardina e sombreiro). Sempre ao carón das olas o Domingo de Oleiro.
O José Antonio Cuco ven dunha familia entroideira. Hai fotos do seu pai, o Pepe Cuco, coa Pantalla. Amigo do meu pai e que sempre me decía sendo eu pequeno no seu bar: "Pepe, Peñino mazás coma puños e collóns coma bruños". Inolvidable a Saínza na que fomos no remolque do tractor polas pistas do río.
A miña primeira Pantalla fíxoa o seu irmao Lulo. Moita ilusión me fixo e moito troulei con ela. Non recordo se era bonita ou fea, antes non se miraba iso, só eras dos que tiña Pantalla ou dos que non.
|
Pantalla do Jose Cuco. |
A PANTALLA.
O perímetro da cara é de 33 cm. Da fronte ao quiexo hai 24 cm.
A BARBA.
Nace da parte de abaixo das orellas. A barba é de cor negra. Ten unha ondulación a cada lado da cara e un central.
BARBA LADO DEREITO.
Ten un longo de 10 cm. A parte máis alta ata o floco mide 3,70 cm. A parte estreita do queixo non se ve ben pola pel.
BARBA LADO ESQUERDO.
Ten un longo de 10 cm. A parte máis alta ata o floco mide 2,20 cm. A parte estreita do queixo non se ve ben pola pel.
BARBA DO QUEIXO.
De alto dende o floco ten 3,70 cm. De longo mide 8,20 cm.
A BOCA.
A boca é de cor vermella e non sobresaen os labios. Ten de longa 8,50 cm. A anchura na abertura máxima é de 1,20 cm. O ancho do labio superior é de 1 cm. e do labio inferior é de 1,80 cm. O ancho do burato é de 0,50 cm. e de longo ten 6 cm. A distancia á barba é de 1,10 cm. Ata o fondo do sombreiro é de 10 cm.
O BIGOTE.
É un pau recto e redondo de 8,30 cm de longo e 0,50 cm de groso. Está pintado de negro
Está colocado a 0,60 cm. da boca e a 0,40 cm. do nariz.
OS COLORETES.
Os colorentes son vermellos. Teñen un diámetro de 1 cm. A separación entre eles é de 6,70 cm.
O nariz non é a típica triangular e ten dous buratos pintados de vermello e ten tabique. Cada burato mide 2 cm. O burato dereito mide 2 cm. e o burato esquerdo mide 2,10 cm. De ancho tanto o dereito como o esquerdo miden 1,40 cm. O nariz mide de longo 6 cm. De alta mide 2,80 cm. ata a base. De ancha mide 4,60 cm.
OS OLLOS.
Os ollos están pintados de vermello por dentro e non sobresae a pintura cara fóra.
O ollo dereito mide de longo 3,60 cm. De alto mide 2,40 cm. O ancho da parte de arriba é de 0,30 cm. O ancho da parte de abaixo é de 0,20 cm. Non ten pestanas.
O ollo esquerdo mide de longo 3,40 cm. De alto mide 2,50 cm. O ancho da parte de arriba é de 0,30 cm. O ancho da parte de abaixo é de 0,30 cm. Non ten pestanas.
|
Lateral esquerdo. |
AS CELLAS.
Son de cor negra. Están pintadas por todo o bordo da parte superior do ollo.
A cella dereita mide de longo 6,50 cm. e de ancha 0,20 cm.
A cella esquerda mide de longo 7 cm. e de ancha 0,20 cm.
As cellas están a 0,90 cm. dos ollos e a 2 cm. da orella.
AS ORELLAS.
As orellas están feitas de fieltro e son macizas na punta e vanse separando do corno segundo vai descendendo.
Os galóns teñen as seguintes medidas e cores:
O CORNO.
As medidas do corno son:
Dende o punto máis alto ata o trapo debaixo das orellas mide 31 cm.
O ancho da parte inferior dende debaixo das orellas ten 24 cm.
O ancho da parte media dende a punta do rizo ten 36 cm.
O rizo mide de ancho 9 cm. e de alto 15 cm.
A fita do borde é dourada en todo o controno de entre 0,70 cm. e 0,80 cm. de ancho por cada lado. Na parte do trapo mide 3 cm. e onde fai a curva na parte de atrá do corno ten 6,20 cm. Detrás das orella mide sobre 3,50 cm. O triángulo por riba da cara é de cor azul e ten 21 pintas brancas. Mide 9,60 cm. de lado e de base ten 5 cm.
|
Lado dereito. |
LADO DEREITO.
Sobre fondo azul vemos o motivo principal que é o sol e a lúa formando un todo. O diámetro en horizontal é de 12 cm. e en vertical é de 11,30 cm. Os dous teñen rostro. A lúa é de cor azul e branca. De punta a punta mide 9 cm. O ancho máximo incluído o nariz é de 5,30 cm.
Por riba do ollo ten unha cella con dúas líneas oblicuas. A de arriba mide do lado dereito 0,90 cm. e do lado esquerdo 1,70 cm. A que está por debaixo o lado dereito mide 0,50 cm. e os esquerdo mide 1,40 cm. que crea o espazo con 16 pintas que son os pelos das cellas e tamén é a parte de arriba do ollo. O ollo, que é unha pinta negra, ten de diámetro de 0,70 cm. A liña debaixo do ollo mide 2,20 cm. O nariz ten de ancho 1 cm. A liña vertical que está ao carón da boca mide 3,70 cm.
A lúa ten pola esquerda 4 nuves que de arriba a abaixo miden:
1ª ten de alto 1,30 cm. e de ancho 1 cm.
2ª ten de alto 1 cm. e de ancho 1,30 cm.
3ª ten de alto 1,60 cm. e de ancho 1,60 cm.
4ª ten de alto 1,90 cm. e de ancho 1,80 cm.
Debaixo da lúa tamén temos tres nuves que están unhas ao carón das outras e miden:
1ª ten de alto 1,10 cm. e de ancho 1,70 cm.
2ª ten de alto 1,70 cm. e de ancho 1,70 cm.
3ª ten de alto 2,20 cm. e de ancho 1,40 cm.
O sol é de cor vermello, amarelo, laranxa e verde. Os ollos son vermellos e a meniña do ollo de cor negra. Debaixo do ollo esquerdo ten tonos verdes e amarelos.
A cella dereita ten de longo 4,50 cm. A separación entre as liñas é de entre os 0,50 cm. e os 0,40 cm. A pálpebra superior do ollo esquerdo ten de longo 2,80 cm. a de arriba e 2,60 cm. a de abaixo. O diámetro do ollo é de 1,20 e a meniña do ollo mide 0,30 cm. de diámetro.
A cella esquerda ten de longo 4,30 cm. A separación entre as liñas é de entre os 0,50 cm. e os 0,40 cm. A pálpebra superior do ollo esquerdo ten de longo 3,50 cm. a de arriba e 2,90 cm. a de abaixo. O diámetro do ollo é de 1,10 cm. e a meniña do ollo mide 0,20 cm. de diámetro.
O nariz mide de ancha 1,50 cm. A liña curba que está a dereita mide 2,40 cm. A boca mide de ancha 2,50 cm. e de alta mide entre os 0,60 cm. 0,70 cm. e 1 cm. A liña do papo mide 0,70 cm.
O sol ten 18 raios da mesma cor do sol. As medidas son as seguintes:
Máis ou menos na metade do conxunto do sol e da lúa temos un pano da cabeza dos que pon a Pantalla no pescozo de cor vermello. O lado de arriba ten 26,40 cm. o da dereita ten 18,50 cm. e o da esquerda ten 20,50 cm. Nas esquinas de abaixo do pano da cabeza aparecen o nome de dúas persoas. Á esquerda o nome do propietario da Pantalla que é o JULIO. Aparece pintado de branco e mide 1,80 cm. de longo por 0,30 cm. de alto. Á dereita aparece a persoa que fixo a Pantalla CUCO tamén en branco e mide 1,60 cm. de longo e 0,30 cm. de alto.
Debaixo do pano da cabeza, a esquerda, temos unha estrela cun botón central de 8 puntas e con puntas intermedias. É de cor branca e de punta a punta mide entre os 3 cm. e os 3,30 cm. Un pouco máis arriba outra estrela branca difusa de 1,80 cm. a 1,90 cm. de punta a punta. Por riba da lúa e do sol unha estrela branca de seis puntas de 3 cm. de media de punta a punta. No rizo ten unha estrela de 8 puntas branca. Entre cada punta branca, saen outras dúas de 4 puntas de cor vermella e amarela. Algunha das amarelas teñen cor vermella por riba.
Para encher o firmamento aparecen 19 pequenas estrelas fugaces de entre 1 cm. e 1,50 cm. e algunha coa cola de cor vermella. Completa o conxunto sobre 100 puntiños de cor amarelo.
|
Lado esquerdo. |
LADO ESQUERDO.
Sobre fondo azul na parte de abaixo e a cada lado aparecen 2 planetas. O da dereita é de cor azul e está pintado por riba de cor negra. Ten un diámetro de 8,70 cm. A parte de abaixo está oculta pola fita do inferior do corno. Xusto neste espazo aparece o nove do propietario da Pantalla, JULIO en vermello con 2 cm. de longo por 0,40 cm. de alto. Debaixo do nome hai un triángulo feito con puntiños onde o lado de arriba mide 2 cm. o lado da dereita 1,40 cm. e o da esquerda 1,30 cm.
No medio dos planetas temos unha estrela de 8 puntas. É de cor vermella e ten entre os 3,60 cm. e os 4,10 cm. de lado.
O planeta da esquerda ten tonos verdes, que é a cor predominante, negros, vermellos e amarelos. De diámetro ten 8,10 cm. Na parte inferior, na fita dourada do corno, aparece o nome da persoa que fixo a Pantalla, CUCO, en cor vermella de 2 cm. de longo e 0,40 cm. de alto. Por debaixo do nome tres pintas vermellas. Debaixo destas, dúas pintas vermellas.
Por riba do planeta da dereita temos unha estrela de 8 puntas de cor azul feita de puntiños de entre 5,70 cm. e 6 cm. de lado.
Por riba desta estrela temos outra estrela de cinco puntas de cor azul e negra. O lado superior mide 3,70 cm. o lado da dereita mide 4,10 cm. e o lado da esquerda mide 4,10 cm.
Por riba do planeta da esquerda temos unha estrela de 16 lados de 4 cm. de media. O lado do centro de arriba é amarelo e se collemos este como referncia e cara a dereita temos a seguinte secuencia: amarelo, vermello, branco, vermello, amarelo, vermello, branco, vermello, amarelo, vermello, branco, vermello, amarelo, vermello, branco e vermello.
Entre estas dúas estrelas e cara arriba temos unha estrela azul de puntiños que ten de lado entre os 4,40 cm. e os 4,30 cm.
Máis arriba á esquerda temos unha lúa branca de 3,50 cm. de diámetro e que mide de punta a punta 2,30 cm. De ancho máximo ten 0,70 cm. Dentro aparece a data de 2017 en vermello con 2 cm. de longo e 0,60 cm. de alto e que temos que supoñer que é a data na que se fixo a Pantalla.
Cara o rizo aparece unha estrela de puntiños de cor vermella de entre os 4,30 cm. e os 5,20 cm. de lado.
No rizo unha estrela de 5 puntas de cor amarelo, como predominante, verde e vermello. O lado superior mide 3,80 cm. o lado da dereita 4 cm. e o lado da esquerda 4,10 cm.
Aparecen 25 pequenas estrelas fugaces de cor branco de entre 1,20 cm. e 1,60 cm. de altas. Para formar o firmamento hai puntiños brancos.
O TRAPO.
É de cor dourado de 49 cm. de alto e 56 cm. de ancho. Polos laterais ten forma aserrada e no fondo ten uns picos de 4,50 cm. de alto. O picado está feito con rombos de 0,60 cm. de lado e presenta a seguinte serie en vertical: 3-1-5 (central)-1-3.
|
Lateral dereito. |
A PEL.
Esta Pantalla non ten floco ten unha pel. Sempre se falou que en tempos as Pantallas levaban unha pel de coello no fondo da barba. Nas fotos que se teñen poucas aparecen con pel. Supoño que o curar a pel, mantela adecuadamente sen que se esnaque e o traballo de mudala cando fose necesario fixo que o floco collese forza e quedase definitivamente implantado.
A pel sae por debaixo das orellas e está doblada pola metade e mide 38 cm. de longa e 6 cm. de ancha.
|
Cara por dentro. |
Por dentro podemos ver os anacos de feltro que compoñen a cara. O triángulo por riba da cara está feito de papeis superpostos.
|
Papel no bordo do corno por dentro. |
No interior do corno e por todo o bordo hai un churro de papel reforzando a unión.Tamén ten reforzos no corno nos laterais inferiores que miden 12 cm. de anchos.
A Pantalla pesa 642 gr.
|
José Antonio Cuco a esquerda co seu irmao Geno. |
|
Grupo de Pantallas de Xinzo de Limia. José Antonio Cuco é o segundo agachado pola esquerda. |
Gracias a Julio por deixarme a Pantalla.
|
Julio Santana coa súa Pantalla. |