O Nadal é unha época moi axeitada para falar de Pantallas e de Entroido con veciños que son entroideiros pero que residen fora da vila. Tiñamos falado José Manuel e máis anteriormente desta Pantalla e incluso xa me adiantara unhas fotos. Quedamos no nadal do ano 2024 para vernos e poder estudar e disfrutar desta Pantalla.
Interésame esta Pantalla porque é unha nova vía dunha familia de artesáns que tiveron na rúa bastantes Pantallas. De Rafael Laso Losada aprendeu a facer Patallas Celso Lorenzo que é o pai de José Manuel Lorenzo. Tamén un irmao de Celso Lorenzo, o Sindo, fixo Pantallas. Un dos meus compañeiros de toda a vida sempre levou unha Pantalla do Sindo porque é sobriño del.
Recordo que cando rapaces o fillo de Rafael Laso Losada, Rafael Laso Lorenzo, saiu na nosa cuadrilla. (Rafael Laso Lorenzo é un escritor limiao que centra algunas das súas obras no entorno da Lagoa de Antela e sempre ten presente a Limia e Xinzo nos seus escritos).
A PANTALLA.
O perímetro da cara é de 28 cm. Da fronte ao queixo ten 21 cm.
A BARBA.
Nace debaixo das orellas. A barba é de cor negra. Ten unha patilla a cada lado da cara e co queixo queda completa a barba. As patillas e o queixo están unidas por correas.
PATILLA DEREITA.
Ten un longo de 7 cm. A parte máis alta ata o floco mide 3 cm. A parte estreita do queixo ten 1,50 cm. A correa mide de longo 1,70 cm. e de alto 1,70 cm.
PATILLA ESQUERDA.
A correa mide de longo 1,50 cm. e de alto 1,40 cm. A patilla ten un longo de 6,40 cm. A parte máis alta ata o floco mide 2,80 cm. Ata a orella ten unha correa que mide de longo 0,70 cm. e de alto 0,90 cm.
O QUEIXO.
De alto dende o floco ten 3,30 cm. De longo mide 7,40 cm. A barba está a 3,30 cm da boca.
A BOCA.
A boca é de cor vermella e ten de longa con pintura 6,60 cm. A abertura máxima é de 1 cm. O ancho do labio superior é de 1 cm. e do labio inferior é de 1,10 cm. O burato da boca ten de 0,20 cm. de alto e de longo mide 5 cm. A distancia ao floco é de 6,50 cm. Ata o fondo do papo mide 9,10 cm.
O BIGOTE.
O bigote está pintado de cor negro. Na parte central é máis ancho e remata en punta cara os dous lados. É recto e non cobre todo o ancho da boca.
De punta a punta o bigote mide 5,90 cm. A medida máis ancha é de 0,30 cm.
OS COLORETES.
Os colorentes son vermellos. Teñen de diámetro 1,40 cm. A separación entre eles é de 4,10 cm. A separación da base do nariz do colorete dereito de 1,40 cm. e do ollo está a 1,10 cm. No colorete esquerdo a separación da base do nariz é de 1,50 cm. e do ollo está a 1,40 cm.
O NARIZ.
O nariz é triangular dun só burato. De longo mide 2,90 cm. De alta mide 1,30 cm. ata a base. De ancha mide 2,30 cm. O burato ten de ancho 1,10 cm. e de alto mide 0,40 cm. O grosor do feltro e do papel é de 0,70 cm. Ten pintado de vermello a parte inferior e a pintura non sobresae cara fóra.
OS OLLOS.
O ollo dereito mide de longo con pintura 4,80 cm. De alto mide 3 cm. coa pálpebra de arriba. O burato mide de longo 3,60 cm. e de alto mide 2 cm. O ancho da pálpebra de arriba é de 0,80 cm. con 30 pestanas negras. O ancho da parte de abaixo é de 0,80 cm. con 12 pestanas negras.
O ollo esquerdo mide de longo 4,50 cm. De alto mide 3 cm. coa pálpebra de arriba. O burato mide de longo 3,50 cm. e de alto mide 2,10 cm. O ancho da pálpebra de arriba é de 0,70 cm. con 21 pestanas negras. O ancho da parte de abaixo é de 0,80 cm. con 10 pestanas negras.
AS CELLAS.
Non ten cellas.
AS ORELLAS.
As orellas están feitas de feltro.
Os orellas teñen as seguintes medidas e cores:
O CORNO.
Dende o punto máis alto ata ao trapo debaixo das orellas mide 29,50 cm.
O longo do faldón dende debaixo das orellas é de 14 cm.
O ancho da parte media dende á punta do rizo son 34 cm.
O rizo mide de ancho 7 cm. e de alto 8,50 cm.
O borde é de cor dourado de 0,70 cm. de ancha. A parte de atrás das orellas ten 0,90 cm. de ancho. No faldón, onde o trapo, mide entre os 1,80 cm. e os 3,40 cm. O corte mide de ancho 18 cm. ata a punta. No triángulo por riba da cara ten de ancho 1 cm.
O LADO DEREITO E O LADO ESQUERDO.
Tanto o lado dereito como o esquerdo son iguais. Sobre fondo negro temos unha fita de puntiños que rodea todo o perímetro da Pantalla por dentro do borde. A serie de cores é: vermello-prateado-amarelo.
Á esquerda temos unha L formada por figuras xeométricas rodeadas e as veces separadas por puntiños brancos. Empezando pola parte de arriba temos:
Figura azul que ten de alta 4,80 cm. e de ancha ten 3 cm.
Figura amarela que ten de alta 4,90 cm. e de ancha ten 3,60 cm.
Figura vermella que ten de alta 5,10 cm e de ancha ten 6,30 cm.
Figura amarela que ten de alta 3,30 cm. e de ancha ten 4,40 cm.
Figura rosa que ten de alta 2,40 cm. e de ancha ten 2,60 cm. e que sae da amarela.
A figura principal é o deseño dun helmo dunha armadura. É de cor prateado, dourado, azul, branco e malva con catro penachos de cores: vermello con prateado, rosa con gris, rosa con dourado e azul con prateado. A figura do helmo mide 10,40 cm. de alto e 6,10 cm. de ancho.
Temos outra L formada por figuras xeométricasa que tamén están rodeadas por puntiños brancos. Empezando de esquerda a dereita temos:
Figura rosa que ten de alta 2,40 cm. e de ancha ten 2,80 cm.
Figura amarela que ten de alta 3,20 cm. e de ancha ten 4,20 cm.
Figura vermella que ten de alta 6,20 cm e de ancha ten 4,80 cm.
Figura amarela que ten de alta 3,60 cm. e de ancha ten 4,70 cm.
Figura azul clara con rosa que ten de alta 2,80 cm. e de ancha ten 4,30 cm.
Figura azul con branco que ten de alta 1 cm. e de ancha ten 3,40 cm.
Figura amarela que ten de alta 3,50 cm. e de ancha ten 3,20 cm.
O TRAPO.
O trapo é de cor vermello. De longo mide 40 cm. e de ancho 62 cm. O picado está composto por 7 pares de triángulos en vertical. De base teñen entre os 2,80 cm. e os 2,20 cm. De lado teñen entre os 2,10 cm. e os 1,90 cm.
Cara por dentro cos cortes do sombreiro. |
O corte por dentro. |
José Manuel Lorenzo Rodríguez de neno coa Pantalla feita polo seu padriño. |
José Manuel Lorenzo co seu padriño Rafael Laso Losada, Rafael Laso Lorenzo e un familiar. |
Rafael Laso o primeiro de pé pola dereita. |