sábado, 4 de xaneiro de 2025

PANTALLA DE JULIO VILLARINO "REMOZADA" NO ANO 1994. A PANTALLA É DA SÚA SOBRIÑA MARI VILLARINO.

Julio Villarino é unha das persoas de referencia cando se fala da elaboración de Pantallas. Mantivo a tradición e ensinou a varias xeracións a facer a nosa máscara que é única no mundo. Non só trasmitou como se debe facer a máscara, tamén inculcou que a máscara hai que facela con respecto e unha vez na rúa temos que levala cumprindo o rol que ten e facendo o que debe facer unha Pantalla, que todxs coñecemxs pero que moitxs están empeñadxs en modificar rachando co que nos ensinaron os nosos maiores. 

Nos anos setenta do século pasado axudou a que a Pantalla non desaparecese trasmitíndolle a un grupo de mozos, que querían ter as súas propias Pantallas, o que sabía e participou en varios obradoiros organizados polo Concello de Xinzo de Limia. 

O seu corte do sombreiro para a cara e a forma do corno son únicos e considéranse os máis tradicionais.

Para min é un auténtico pracer ter nas miñas mans unha Pantalla feita por Julio Villarino, longamente agardado, que inda que foi arranxada, e sin concordar co criterio de restauración, segue a ser unha Pantalla feita por Julio Villarino.

Dende estas páxinas o meu agradecemento e recoñecemento ao seu traballo e dedicación, que sirva tamén de homenaxe a todas as persoas que continuaron a facer Pantallas seguindo as súas ensinanzas.


Pantalla de Julio Villarino.

A PANTALLA.

O perímetro da cara é de 32 cm. Da fronte ao quixo ten 22 cm. De groso no contorno do queixo ten 1 cm.

A BARBA.

Nace da parte de abaixo das orellas. A barba é de cor negra. Ten unha ondulación a cada lado da cara. No queixo ten unha ondulación. Non é a típica barba do Julio pero vamos a describila.

BARBA LADO DEREITO.

Ten un longo de 7,40 cm. A parte máis alta mide 7,40 cm.  A parte máis estreita onda o queixo mide 5 cm. 

BARBA LADO ESQUERDO.

Ten un longo de 7,80 cm. A parte máis alta ata o floco mide 7,60 cm. A parte máis estreita onda o queixo mide 5 cm.

BARBA DO QUEIXO.

De alto mide 7,70 cm. De longo mide 9,70 cm.

A BOCA.

A boca é de cor vermella e non sobresaen os labios. Ten de longa 7,30 cm. A anchura na abertura máxima é de 1,40 cm. O ancho do labio superior é de 1,90 cm. e do labio inferior é de 1,50 cm. O ancho do burato é de 0,50 cm. e de longo ten 5 cm. A distancia da boca á barba é de 0,60 cm. e ao fondo do sombreiro da cara é de 8,30 cm. 

O BIGOTE.

O bigote está pintado de negro. Está revirado cara arriba.

O lado dereito mide 3 cm. de longo e 0,30 cm. de ancho.

O lado esquerdo mide 3,20 cm. e 0,30 cm. de ancho.

De punta a punta mide 6,50 cm.

Está colocado a 0,50 cm. da boca.

OS COLORETES.

Os colorentes son vermellos. Teñen un diámetro de 1,50 cm. A separación entre eles é de 5,50 cm. 

O NARIZ.

O nariz é triangular dun só burato. De longo mide 3,40 cm. De alta mide 2,60 cm. ata a base. De ancha mide 3,90 cm. coa pintura. O burato ten de ancho 1,50 cm. e de alto mide 1,80 cm. O grosor do feltro e do papel é de 0,90 cm. Ten pintado de vermello a parte inferior. 

OS OLLOS.

Os ollos son diferentes aos que temos visto ata o de agora.

O ollo dereito mide de longo 4 cm. De alto mide 3,10 cm. O ancho da parte de arriba é de 1,10 cm. O ancho da parte de abaixo é de 0,50 cm. Non ten pestanas.

O ollo esquerdo mide de longo 4,30 cm. De alto mide 3,10 cm. O ancho da parte de arriba é de 1,10 cm. O ancho da parte de abaixo é de 0,50 cm. Non ten pestanas.

O ollo esquerdo ten un golpe considerable. Inda así encántanme os ollos desta Pantalla.


AS CELLAS.

Son de cor negras. Están pintadas por todo o bordo da parte superior do ollo.

A cella dereita mide de longo 8 cm. e de ancha ten 0,30 cm. 

A cella esquerda mide de longo 8,50 cm. e de ancha 0,20 cm.

A separación do ollo é de 0,70 cm.

AS ORELLAS.

Están feitas de feltro.

Os galóns teñen as seguintes medidas e cores:


O CORNO.

O corno ten o rizo pequeno como o fixo sempre Julio Villarino.

As medidas do corno son:

Dende o punto máis alto ata o trapo debaixo das orellas mide 34 cm.

O ancho da parte inferior dende debaixo das orellas son 24 cm.

O ancho da parte media dende a punta do rizo son 33 cm.

O rizo mide de ancho 9 cm. e de alto 15 cm. 

A parte de atrás está pechada cun casi trapecio invertido que está moi ben rematado. De lado mide 11,70 cm. O lado máis longo mide 7,20 cm. e o máis curto mide 4 cm.

Parte de atrás do corno con remate.

O borde é de cor dourado. Mide de media 1,30 cm. e na parte de atrás por riba do trapo mide 3,60 cm. Na esquerda onde arranca cara a orella mide 3,20 cm. Coa orella 5 cm. e 3 cm. detrás da orella.

O Triángulo que está por riba da cara mide 7 cm. de base e 10 cm. de alto.

Lado dereito.

LADO DEREITO.

Inda que foi repintada, sabemos por Mari que os debuxos foron respectados.

Sobre un fondo negro temos dúas estrelas de oito puntas e unha lúa.

A estrela que está na zona inferior é de cor azul con todo o bordo de cor dourado. De punta a punta ten 10,50 cm. de media.

A estrela que está por riba é de cor verde con todo o bordo de cor dourado. De punta a punta ten 11,20 cm. de media.

A lúa é azul co bordo en dourado. De punta a punta ten 6 cm. e de ancho máximo 2,30 cm.

No fondo do firmamento pintas brancas, vermellas e douradas.

Lado esquerdo.

LADO ESQUERDO.

Sobre un fondo negro temos dúas estrelas de oito puntas e unha lúa.

A estrela que está na zona inferior é de cor verde con todo o bordo de cor dourado. De punta a punta ten 10,50 cm. de media.

A estrela que está por riba é de cor azul con todo o bordo de cor dourado. De punta a punta ten 11,20 cm. de media.

A lúa é de cor verde co bordo en dourado. De punta a punta ten 6 cm. e de ancho máximo 2,30 cm.

No fondo do firmamento pintas brancas, vermellas e douradas.

Trapo da Pantalla.

O TRAPO.

O trapo é de cor azul. De alto ten 54 cm. e de ancho 84 cm. Ten uns rombos moi grandes de 3 cm. de alto e 3 cm. de largo. Os rombos repítense en sete columnas de dous en dous. Catro series de dous están colocados baixos e tres series de dous van máis altos.

O FLOCO.

O floco é dourado. Mide 36 cm. De longo mide 6 cm.

A pantalla pesa 1.041 gr.

Ano da restauración.

Moitas gracias a Mari Villarino por ter a Pantalla tan ben cornservada e coidada. Gracias por deixarnos a Pantalla para disfrutar dela. Unha Pantalla con anos e con anos de uso é un tesouro. E cos ollos que máis me gustan das Pantallas que levo estudado.

Como sempre gracias aos meus compañeiros de A Palleira do Gude.

Julio Villarino.