xoves, 27 de febreiro de 2025

UNHA PANTALLA "INFANTIL" DO POLY, HIPÓLITO PAZ PORTELA.

Facer Pantallas é un mérito importante para a persoa que as fai e algo necesario para a persoa que queres disfrutar do traxe. Se a Pantalla que fas é para un neno ou unha nena ten que ser inda más emocionante. A Pantalla que temos entre mans é precisamente unha Pantalla para un neno. Vamos a dicir que é unha Pantalla infantil.

Teño que comentar que esta Pantalla moito me gusta porque ten esa forma redondeada da cara que se parece moito a miña primeira Pantalla.

A PANTALLA.

Pantalla "infantil" do Poly.

O perímetro da cara é de 26,70 cm. Da fronte ao queixo ten 20 cm.

A BARBA.

Nace ao carón das orellas. A barba é de cor negra. Ten duas patillas a cada lado da cara e a barba do queixo.

PATILLA DEREITA.

Ten un longo de 8,80 cm. A parte máis alta ata o floco mide 3,40 cm. A parte estreita do queixo ten 1,90 cm. 

PATILLA ESQUERDA.

Ten un longo de 8,40 cm. A parte máis alta ata o floco mide 3,40 cm. A parte estreita do queixo ten 2 cm.

BARBA DO QUEIXO.

De alto dende o floco ten 4,70 cm. De longo mide 6,60 cm. A barba está a 2,80 cm da boca.

A BOCA.

A boca é de cor vermella e ten de longa 7,60 cm. A anchura na abertura máxima é de 1,60 cm. O ancho do labio superior é de 0,40 cm. e do labio inferior é de 0,70 cm. O ancho do burato da boca é de 0,60 cm. e o longo é de 6,20 cm. A distancia ao floco é de 7,40 cm. Ata o papo mide 8,30 cm.

O BIGOTE.

O bigote está pintado de cor negro. Está dividido en dous tramos. As puntas están cara arriba.

O lado dereito mide de longo 3,50 cm. A parte máis ancha mide 0,90 cm.

O lado esquerdo mide de longo 3,50 cm. A parte máis ancha mide 0,90 cm.

De punta a punta o bigote mide 7,20 cm.

OS COLORETES.

Os colorentes son vermellos. O colorete dereito ten un diámetro de 1,10 cm. O diámetro do colorete esquerdo mide 1,20 cm. A separación entre eles é de 9,60 cm. A separación do nariz é no caso do colorete dereito de 3,40 cm. e no caso do colorete esquerdo a separación é de 2,80 cm.


O NARIZ.

O nariz é triangular dun só burato. De longo mide 4,70 cm. De alta mide 2 cm. ata a base. De ancha mide 4 cm. coa pintura. O burato ten de ancho 1,60 cm. e de alto mide 1,20 cm. O grosor do feltro e do papel é de 0,70 cm. Ten pintado de vermello a parte inferior e sobresae cara fóra. 

OS OLLOS.

Pola forma son os denominados popularmente ollos de rá.

O ollo dereito mide de longo 6 cm. De alto mide 3,10 cm. O ancho da parte de arriba é de 0,70 cm. con 25 pestanas negras. O ancho da parte de abaixo é de 1 cm. con 20 pestanas negras que só cubren a parte de fóra da pálpebra.

O ollo esquerdo mide de longo 5,90 cm. De alto mide 3,40 cm. O ancho da parte de arriba é de 1 cm. con 24 pestanas negras. O ancho da parte de abaixo é de 0,90 cm. con 17 pestanas negras que como no ollo dereito só cubren a parte de fóra da pálpebra.

AS CELLAS.

Son de cor negras. Están pintadas por todo o bordo da parte superior do ollo.

A cella dereita mide de longo 9 cm. e de ancha entre os 0,30 cm. e os 0,40 cm.

A cella esquerda mide de longo 9 cm. e de ancha entre os 0,30 cm. e os 0,40 cm.

AS ORELLAS.

As orellas están feitas de feltro.

Os galóns teñen as seguintes medidas e cores:




O CORNO.

O corno ten o rizo tipo Julio Villarino.

As medidas do corno son:

Dende o punto máis alto ata ao pano debaixo das orellas mide 29 cm.

O ancho da parte inferior dende debaixo das orellas mide 21,50 cm.

O ancho da parte media dende á punta do rizo mide 37 cm.

O rizo mide de ancho 7 cm. e de alto 8 cm. 

O borde é de cor branco e vai dende os 1,40 cm. ata os 1,50 cm. de ancha. Na parte inferior do rizo ten entre 1,10 cm. e os 1,30 cm. A parte de atrás das orellas ten 1,30 cm. de ancho. Na zona de abaixo, onde o pano, mide 2,10 cm. Na parte de atrás ten de ancho 1,30 cm

LADO DEREITO.

Lado dereito.

O fondo está pintado de cor azul. Os deseños son adhesivos. O motivo principal é unha lúa chea durmida. Está roeada pola parte de abaixo por tres nubes brancas sorrindo e outras tres nuves azuis pola parte de arriba. Tamén ten estreliñas de cores polos laterais. Ademáis aparecen nove estrelas repartidas polo corno. Catro son de catro puntos e cinco son de cinco puntos.

LADO ESQUERDO.

Lado esquerdo.

O fondo tamén é azul. Os deseños tamén son adhesivos. O motivo principal é un sol contento que está piscando un ollo. Tamén aparecen nove planetas con diversos tamaños e con caras de enfado, triste, namorado, etc. Temos catro estrelas brancas. Dúas estrelas de 4 puntas e outras dúas de 5 puntas.

O triángulo por riba da cara é de dor azul e mide 8,50 cm. de lado e 6 cm. de base.

O PANO.

O pano é de cor azul claro. De longo mide 40 cm. e de ancho 80 cm. A parte pregada mide 9 cm.

O picado do trapo está feito por Pepa Fernández, sogra de Poly e nai de Lines. O picado é moi bonito e as mans desta muller fan os picados máis impresionantes de todos os que levo visto. Toda a sabiduría recollida nun pequeno pano de tela. É ESPECTACULAR.

Picado do trapo.

Temos un zic-zac na parte superior de catro tramos.

O primeiro tramo é de 21 cm. con 11 rombos de 1 cm. de lado.

O segundo tramo é de 20 cm. con 11 rombos de 0,30 cm. a 0,7 cm. de lado.

O terceiro tramo é de 20 cm. con 11 rombos de 0,50 cm. a 0,70 cm de lado.

O cuarto tramo é de 21 cm. con 11 rombos de 0,80 cm. de lado.

Na parte de abaixo ten seis flores de 4 pétalos, tres a cada lado do centro. Teñen un botón central. Os pétalos miden entre os 1,80 cm. e os 2,20 cm. O botón central mide 0,40 cm de lado. Por debaixo desas flores aparecen 7 dobres rombos de 1 cm. de lado. As flores e os dobres rombos están unidos por rombos máis pequenos en zic-zac por pares. Esta serie complétase con dúas flores de tres pétalos e botón central. Todo o borde remata en picos aserrados.


  

O FLOCO.

O floco mide 26 cm. ao redor da cara. De longo mide 6,50 cm. É de cor branco.

Ten a data na parte interior do corno, 2002. Tamén aparecen os nomes de Marcos, o destinatario da Pantalla e de Poly a persoa que a fixo.






Interior da cara co corte do sombreiro.

A Pantalla pesa 618 gr.




Gracias a Poly por esta fermosa Pantalla e por permitirnos disfrutar dela. Gracias por mostrarnos outro impresionante picado de Pepa Fernández.

luns, 24 de febreiro de 2025

PANTALLA FEITA POR RAQUEL RODRÍGUEZ MÉNDEZ PARA A SÚA NETA RAQUEL SÁNCHEZ GONZÁLEZ. ANO 1997.

Raquel Rodríguez Méndez foi unha muller que viviu o Entroido de Xinzo de Limia en plenitude. Disfrutou da parte lúdica saindo aos bailes e a rúa a troulear. Tamén disfuou da parte tradicional do entroido porque vestiu a Pantalla alá polos comezos dos anos cincuenta do século pasado, según nos manifesta o seu fillo Jorge Juan Sánchez Rodríguez. E saía con outras dúas mulleres, Sita Salgado Ferrín e Lucita Tejada Peláez?. Daquelas non parecía moi ben que as mulleres puxesen a Pantalla, polo que é moi posible que saíse de Pantalla cos seus parentes os Villarino da Praza e que entre eles pasara desapercibida máis ou menos. (Dato aportado por Carmen Cuquejo).

Pero Raquel tamén fixo Pantallas, dende a máscara ata as capas e os políns, e polo que puden observar, xunto cos meus compañeiros que estudamos o entroido de Xinzo de Limia, sabía moi ben o que facía porque están moi ben elavoradas, tanto a máscara como as prendas de roupa. 

Merece coñecerse o traballo desta muller e que forme parte das persoas que conseguiron que o noso entroido perdurase no tempo e chegase ata nós. Dende estas páxinas o meu agradecemento porque por persoas coma ela podo e podemos todos disfrutar do noso entroido.  

De Julio Villarino aprendeu Raquel a facer as Pantallas.

A Pantalla deste artigo é unha Pantalla infantil que fixo Raquel Rodríguez Méndez para a súa neta Raquel Sánchez González no ano 1997.


A PANTALLA.

O perímetro da cara é de 28 cm. Da fronte ao queixo mide 18 cm. Ten a cor rosa forte que tanto se pintou nos anos oitenta e noventa do século XX.

A BARBA.

Nace por debaixo das orellas. A barba é de cor negra. Ten unha patilla a cada lado da cara e co queixo queda completa a barba. 

PATILLA DEREITA.

Ten un longo de 8,40 cm. A parte máis alta ata o floco mide 3,50 cm. A parte estreita do queixo mide 3 cm. 

PATILLA ESQUERDA.

Ten un longo de 7,30 cm. A parte máis alta ata o floco mide 3,40 cm. A parte estreita do queixo mide 3,10 cm. 

O QUEIXO.

De alto dende o floco ten 4,50 cm. De longo mide 6,80 cm. A barba está a 1,10 cm. da boca.

A BOCA.

A boca é de cor vermella e a pintura sobresae dos beizos. Ten de longa con pintura 5,50 cm. A abertura máxima é de 1 cm. O ancho do labio superior é de 0,80 cm. e do labio inferior é de 0,60 cm. O burato da boca ten 0,40 cm. de alto e de longo mide 4,60 cm. A distancia ao floco é de 5,90 cm. Ata o fondo do papo mide 7,10 cm.

O BIGOTE.

O bigote está pintado de cor negro. Está dividido en dous tramos. Están pintados nuns trazos ascendentes. O dereito mide 2,40 cm. de longo e 0,30 cm. de ancho. Con relación á boca o lado máis cercano está a 0,20 cm. e o que está máis lonxe está a 1,10 cm. O esquerdo mide 2,20 cm. de longo e 0,30 cm. de ancho. Con relación á boca o lado máis cercano está a 0,20 cm. e o que está máis lonxe está a 0,80 cm. 

De punta a punta o bigote mide 4,80 cm. A distancia intermedia entre as dúas partes é de 0,60 cm.


OS COLORETES. 

Os colorentes son vermellos. Teñen de diámetro 1 cm. A separación entre eles é de 4,80 cm. A separación da base do nariz do colorete dereito é de 1,20 cm. e do ollo está a 1,80 cm. No colorete esquerdo a separación da base do nariz é de 1,10 cm. e do ollo está a 1,90 cm.

O NARIZ.

O nariz é circular e non ten o burato pintado de vermello. O nariz mide de longo 3,60 cm. De alto mide 1,60 cm. ata a base. De ancho mide 2,80 cm. O burato do nariz mide de ancho 1,90 cm. e de alto mide 0,90 cm. De groso mide 0,80 cm. na punta do nariz e nos lados mide 0,60 cm.

OS OLLOS.

O ollo dereito mide de longo con pintura 4,60 cm. De alto mide 3,10 cm. coa pálpebra de arriba. O burato mide de longo 3,70 cm. e de alto mide 2,40 cm. O ancho da pálpebra de arriba é de 0,60 cm. Non ten pestanas. O ancho da pálpebra de abaixo é de 0,90 cm. 

O ollo esquerdo mide de longo con pintura 4,70 cm. De alto mide 3 cm. coa pálpebra de arriba. O burato mide de longo 3,50 cm. e de alto mide 2,30 cm. O ancho da pálpebra de arriba é de 0,60 cm. Non ten pestanas. O ancho da pálpebra de abaixo é de 0,80 cm. 


AS CELLAS.

Son de cor negras. Están pintadas por todo o bordo da parte superior do ollo.

A cella dereita mide de longo 6,40 cm. e de ancha mide 0,50 cm. Está a 1 cm. do ollo.

A cella esquerda mide de longo 5,20 cm. e de ancha mide 0,50 cm. Está a 0,90 cm. do ollo.

AS ORELLAS.

As orellas están feitas de feltro e pola parte traseira está totalmente separada.

Vista cenital da orella.

As orellas teñen as seguintes medidas e cores:



O CORNO.

O corno ten o rizo especial motivado polo pequeno tamaño da Pantalla. Estariamos entre o primitivo e o antigo.

As medidas do corno son:

Dende o punto máis alto ata o pano debaixo das orellas mide 22,50 cm.

O longo do faldón dende debaixo das orellas é de 19 cm.

O ancho da parte media dende á punta do rizo son 28 cm.

O rizo mide de ancho 7 cm. e de alto 10 cm. 

O borde é do cor prateado de entre 1 cm. e 1,20 cm. de ancha. Non está pintado pola parte de atrás das orellas. No faldón, onde o pano, mide entre os 3,20 cm. na parte de atrás e os 1,80 cm. no lado da cara. O pano non deixa ver o borde debaixo das orellas e na parte traseira mide 0,90 cm. O corte mide de ancho sen pano de base 5 cm. e 5,90 cm. de lado. Métese lixeiramente cara dentro. 



O triángulo por riba da cara está feito de papel. Está apoiado nos fios de coser as dúas partes do corno. Ten fondo de cor negro e non ten borde que o separe da cara. O triángulo ten de base 6,50 cm. e de lado 7 cm.


LADO DEREITO.

Ten o fondo negro con planetas (círculos) e estrelas. Empezando polos planetas temos na parte de abaixo á esquerda un planeta prateado cun diámetro de 1,70 cm. con 7 puntos ao seu redor. Á dereita deste primeiro círculo temos outro de cor vermello de 0,90 cm. de diámetro con 6 puntos ao seu redor. Á dereita deste vermello temos outro vermello de 2,10 cm. de diámetro con 8 puntos ao seu redor. Tamén a dereita deste último temos un círculo amarelo de 1,30 cm. de diámetro con 7 puntos ao seu redor. Por último nesta líña inferior de círculos temos un vermello de 1,10 cm. de diámetro e 6 puntos ao seu redor. Por ribas destes e de esquerda a dereita temos un círculo branco de 1,40 cm. de diámetro con 7 puntos ao seu redor. Despois un círculo amarelo de 1,80 cm. de diámetro e 8 puntos ao seu redor. Continúa un prateado de 2,40 cm. de diámetro e 9 puntos ao seu redor. Á esquerda un círculo vermello de 1,40 cm. de diámetro e 6 puntos ao seu redor. Por riba deste un prateado de 1,80 cm. de diámetro e 8 puntos ao seu redor. Á dereita un vermello de 1,80 cm. de diámetro con 8 puntos ao seu redor. Á dereita un branco de 2,10 cm. de díametro e 9 puntos ao seu redor. Por riba do vermello un branco de 1,90 cm. de diámetro e 7 círculos ao seu redor. Por riba un círculo amarelo de 1,80 cm. de diámetro e 7 puntos ao seu redor. Seguido un vermello de 1,50 cm. de diámetro e 7 puntos vermello ao seu redor. Por riba un branco de 0,80 cm. de diámetro e 6 puntos ao seu redor. Máis abaixo outro círculo branco de 1,10 cm. de diámetro e 5 puntos ao seu redor. Outro círulo dourado de 2,30 cm. de diámetro con 8 puntos ao seu redor. Por último un círculo amarelo de 1,70 cm. de diámetro e 6 puntos ao seu redor. 

Polo contorno e debaixo do borde ten un grupo de tres puntos que forman un triángulo, dous puntos abaixo e un arriba. Tamén podemos ver 7 grupos de 3 puntos en liña de cor branco. No fondo negro vemos 2 grupos de cor branco facendo un triángulo e 1 de cor vermello facendo tamén un triángulo. Aparecen 2 grupos dunha figura cun punto central e 6 puntos ao seu redor de cor branco. Temos un similar a este anterior pero ten o punto central rodeado por 5 puntos de cor branco. Por últmo aparecen 2 grupos de un punto grande e 6 que o siguen en fila nun caso e con cinco en fila noutro, todos de cor branco. 


LADO ESQUERDO.

Fondo negro con planetas (círculos) e grupos de estrelas. Na parte de abaixo á dereita temos un círculo vermello de 1,40 cm. de diámetro e 7 puntos ao seu redor. A esquerda ten un círculo amarelo de 1,40 cm. de diámetro de 7 puntos ao seu redor. Por riba do vermello un círculo prateado de 1,90 cm. de diámetro e 7 puntos ao seu redor. Por riba do círculo amarelo un círculo de cor branco de 1,40 cm. de diámetro e 7 puntos ao seu redor. A esquerda deste un círculo prateado de 2,50 cm. de diámetro con 8 puntos ao seu redor. A esquerda un círculo vermello de 1,20 cm. de diámetro e 7 puntos ao seu redor. Por riba deste último un círculo de cor branco de 1,30 cm. de diámetro con 8 puntos ao seu redor. Á dereita un círculo vermello de 2,40 cm. de diámetro con 8 puntos ao seu redor. Á dereita deste un circulo de cor branco de 2 cm. de diámetro con 8 puntos ao seu redor. Por riba un círculo prateado de 1,90 cm. con 8 puntos ao seu redor. Á esquerda un círculo amarelo de 1,20 cm. de diámetro con 7 puntos ao seu redor. Por riba un círculo vermello de 1,20 cm. de diámetro con 7 puntos ao seu redor. Cara o rizo temos un círculo prateado de 1,90 cm. de diámetro con 7 puntos ao seu redor. Á esquerda arriba un círculo branco de 1,40 cm. de diámetro con 9 puntos ao seu redor. Debaixo deste un círculo vermello de 1,20 cm. de diámetro con 7 puntos ao seu redor. No rizo un círculo amarelo de 2, 40 cm. de diámetro con 8 puntos ao seu redor.

Tamén temos polo contorno e debaixo do borde, un grupo de tres puntos que forman un triángulo, dous puntos abaixo e un arriba. Podemos ver 3 grupos de punto central e 6 puntos ao seu redor de cor branco. Un de un punto central e 5 puntos ao seu redor de cor branco. Temos 4 grupos en forma de triángulo de cor branco. Tamén aparece 9 grupos de 3 puntos brancos en liña. Temos 8 grupos de 3 puntos en liña de cor branco no rizo ao redor do círculo amarelo. Hai 3 grupos de 2 puntos en liña. Seguimos con 3 puntos brancos máis grandes con manchas azuis.  Aparecen tamén 2 grupos dun punto grande con unha estela de 6 puntos cara un lado e 3 cara outro de cor branco. 


O PANO.

O pano é de cor azul. Todo o contorno está aserrado con cortes de 1,50 cm. de lado. De longo mide 36 cm. e de ancho 80 cm. O picado está composto por 15 grupos de 2 rombos uns por riba dos outros que miden de lado sobre 1,50 cm. 

O FLOCO.

O floco é de cor dourado. Mide 30 cm. ao redor da cara. De longo mide 6,50 cm. Dende a parte de arriba do floco ata o fondo do papo ten 1,20 cm.  

A Pantalla pesa 283 gr.

 


Álvaro Gelpi Asorey, Raquel Rodríguez Méndez, Antonio Salgado Ferrín e Lina Acevedo.
Os nenos son Pedro Antonio Rodríguez Gelpi e María José Taboada Rodriguez, ambos sobriños de Raquel. (Foto enviada por Carmen Cuquejo).

O meu agradecemento a Jorge por ter colaborado tan amablemente aportando as máscaras e moitísima información que é moi importante.

Muito obrigado Jorge!!!

martes, 18 de febreiro de 2025

PANTALLA FEITA POR CELSO LORENZO (MANATAS) PARA ÁNGELA MORÁN.

Celso Lorenzo aprendeu a facer Pantallas de Rafael Laso Losada. Son familiares e pasouse o coñecemento de un ao outro. 

Fixo esta Pantalla para Ángela Morán como se pode ler no corno por dentro.

Durante décadas Celso fixo Pantallas para os limiaus que quixeron poñer o traxe da Pantalla e troulear no Entroido de Xinzo. Como xa comentei nun artigo anterior a familia de Celso Lorenzo estivo sempre moi implicada coa máscara e co Entroido de Xinzo. Hai en Youtube un video onde Celso explica como se elabora unha Pantalla.

 


A PANTALLA

O perímetro da cara é de 32 cm. Da fronte ao queixo ten 21 cm.

A BARBA.

Nace da base das orellas. A barba é de cor negra. Ten unha patilla dobre a cada lado da cara e co queixo queda completa a barba. 

PATILLA DEREITA.

A patilla é dobre. Dende a orella sae unha correa de 2 cm. de longa e de 0,60 cm. de alta ata o floco. A primeira patilla é a máis grande ten 5 cm. de longo e 3,30 cm. de alta ata o floco. A parte máis estreita do lado da orella mide 0,50 cm. ata o floco. A parte estreita que comparte coa outra patilla, a máis pequena, mide 0,60 cm. A patilla pequena mide de longo 3,10 cm. e a parte estreita do queixo mide 0,60 cm. ao floco.

PATILLA ESQUERDA.

A patilla é dobre. Dende a orella sae unha correa de 1,80 cm. de longa e de 0,30 cm. de alta ata o floco. A primeira patilla é a máis grande ten 5,60 cm. de longo e 3,70 cm. de alta ata o floco. A parte máis estreita do lado da orella mide 0,20 cm. ata o floco. A parte estreita que comparte coa outra patilla, a máis pequena, mide 0,60 cm. A patilla pequena mide de longo 3,20 cm. e a parte estreita do queixo mide 0,60 cm. ao floco.

O QUEIXO.

De alto dende o floco ten 4 cm. De longo mide 8,10 cm. A barba está a 2,10 cm da boca.

A BOCA.

A boca é de cor vermella e ten de longa con pintura 6,80 cm. A abertura máxima é de 1,90 cm. O ancho do labio superior é de 0,90 cm. e do labio inferior é de 0,70 cm. O burato da boca ten 1,10 cm. de alto e de longo mide 5 cm. A distancia ao floco é de 6,50 cm. Ata o fondo do papo mide 9,90 cm.

O BIGOTE.

O bigote está pintado de cor negro. Está dividido en dous tramos. O dereito mide 3,20 cm. ata o ángulo onde o bigote sube cara arriba. Esta parte que revira cara arriba mide 1,30 cm. O esquerdo mide 3,10 cm. ata o ánguo onde o bigote revira cara arriba. Esta parte que revira cara arriba mide 1,20 cm.

De punta a punta o bigote mide 7,90 cm. A medida máis ancha no centro é de entre os 0,40 cm. e os 0,50 cm. A separación entre os bigotes é de 0,20 cm.

OS COLORETES. 

Os colorentes son vermellos. Teñen de diámetro 1,10 cm. A separación entre eles é de 5,70 cm. A separación da base do nariz do colorete dereito de 1,10 cm. e do ollo está a 1,50 cm. No colorete esquerdo a separación da base do nariz é de 1 cm. e do ollo está a 1,50 cm.


O NARIZ.

O nariz ten tabique. De longo mide 4,40 cm. De alta mide 2,30 cm. ata a base. De ancha mide 4,20 cm. O burato da dereita ten de ancho 0,30 cm. e de alto mide 1,20 cm. O burato da esquerda ten de ancho 0,20 cm. e de alto mide 0,90 cm. O grosor do feltro e do papel é de 0,90 cm. Ten pintado de vermello a parte inferior e a pintura non sobresae cara fóra. 

OS OLLOS.

O ollo dereito mide de longo con pintura 4,40 cm. De alto mide 2,90 cm. coa pálpebra de arriba. O burato mide de longo 3,10 cm. e de alto mide 1,90 cm. O ancho da pálpebra de arriba é de 0,90 cm. Ten 9 pestanas negras. O ancho da parte de abaixo é de 0,90 cm. Non ten pestanas.

O ollo esquerdo mide de longo 4,40 cm. De alto mide 3 cm. coa pálpebra de arriba. O burato mide de longo 3,20 cm. e de alto mide 2,10 cm. O ancho da pálpebra de arriba é de 0,80 cm. Ten 8 pestanas negras. O ancho da parte de abaixo é de 0,80 cm. Non ten pestanas.

AS CELLAS.

Son de cor negras. Están pintadas por todo o bordo da parte superior do ollo.

A cella dereita mide de longo 8 cm. e de ancha mide entre 0,30 cm. e 0,50 cm.

A cella esquerda mide de longo 8 cm. e de ancha mide entre 0,30 cm. e 0,50 cm.


AS ORELLAS.

As orellas están feitas de feltro.

As orellas teñen as seguintes medidas e cores:



O CORNO.

O corno ten o rizo tipo Julio Villarino.

As medidas do corno son:

Dende o punto máis alto ata ao pano debaixo das orellas mide 29 cm.

O longo do faldón dende debaixo das orellas é de 23 cm.

O ancho da parte media dende á punta do rizo son 34 cm.

O rizo mide de ancho 7 cm. e de alto 8 cm. 

O borde é do cor do cobre de entre 0,90 cm., 1 cm. e 1,30 cm. de ancha. A parte de atrás das orellas ten 1,30 cm. de ancho. No faldón, onde o pano, mide entre os 1,40 cm. e os 1,80 cm. O corte mide de ancho entre 7,70 cm. e 7,40 cm. en diagonal. O triángulo por riba da cara, que tamén é do cor do cobre ten de base 9 cm. e de lado 12,50 cm.


LADO DEREITO.

Fondo negro con nebulosas amarelas, azuis e brancas. O motivo principal central é unha estrela de cor amarela con catro raios moi longos e 12 raios curtos. Ten unha nebulosa no centro. O raio de arriba mide 4,70 cm. o da dereita mide 4,70 cm. o de abaixo mide 4,90 cm. e o da esquerda mide 4,90 cm. De punta a punta en vertical mide 10,50 cm. e en horizontal mide 10,30 cm.

Á esquerda temos un planeta azul con trazos brancos e verdes. Ten de diámetro 6,60 cm. A súa esquerda aparece unha planta de cor azul de 13,50 cm. de longa. Ten pólas a cada lado que varían en número. Por riba desta planta aparece unha estrela branca de catro raios longos e catro pequenos. Os raios longos de punta a punta en horizontal miden 4,30 cm. e en vertical miden 4,40 cm. Os pequenos miden 0,70 cm. Por riba aparece unha planta de cor azul  de 9,30 cm. de longa con varias pólas máis pequenas. Á dereita otra estrela de cor amarelo con raios longos que de punta a punta miden en horzontal 4,30 cm. e en vertical miden 5,30 cm. Debaixo desta aparecen catro liñas azuis que miden de esquerda a dereita en centímetros: 2,70-2,70-2,50-2,80. De ancho miden 0,20 cm. Cinco pequenas liñas azuis por riba do rizo que miden un centímetro de longo. No rizo aparece unha estrela branca de catro raios longos e catro raios pequenos. Os raios longos miden de punta a punta en horizontal 3,40 cm. e en vertical miden 4,60 cm. Os pequenos miden 0,70 cm. Aparecen tamén tres círculos de cor azul, amarelo e verde que miden 0,60 cm. de diámetro. As nebulosas cara o rizo aparecen máis xuntas.


LADO ESQUERDO.

Fondo negro con nebulosas marelas, vermellas e brancas. No centro temos unha estrela amarela de catro raios longos e doce pequenos. O raio longo de arriba mide 5,40 cm. O raio da dereita mide 3,90 cm. O de abaixo mide 6,10 cm. O da esquerda mide 3,50 cm. Do grupo dos tres raios pequenos o do medio mide 1,20 cm. e os outros 0,80 cm cada un. Á dereita aparece unha lúa de cor amarelo cunha liña vermella á dereita. A lúa mide de punta a punta 7,60 cm. De ancho mide 1,50 cm. A liña vermella mide de longa 6,80 cm. Á esquerda aparece unha estrela branca que mide de punta a punta en horizontal 4,50 cm. e en vertical 4 cm. Os raios máis pequenos son de cor amarelo e miden 0,50 cm. Por riba desta estrela temos unha liña grosa de cor amarela e branca. De longa mide 5,20 cm. e a parte máis grosa mide 0,80 cm. Por riba un planeta de cor rosa e branco de 1,10 cm. de diámetro. Á esquerda deste planeta outra estrela de cor branca. Ten catro raios longos e catro pequenos. Os longos mide de punta a punta en horizontal 6 cm. e en vertical 6,10 cm. Os raios pequenos miden 0,90 cm. No rizo temos unha estrela amarela de catro raios longos e vense tres pequenos. Aparece un borrón de cor amarelo cara arriba. Os raios longos miden de longo en horizontal 4,20 cm. e en vertical 4,10 cm. Os pequenos miden 0,90 cm.



 O PANO.

O pano é de cor vermello. Todo o contorno está aserrado e ten puntas triangulares na parte inferior. De longo mide 50 cm. e de ancho 60 cm. O picado está composto por 7 rombos aserrados na parte superior de 2 cm. de lado. Debaixo destes temos 8 rombos aserrados de 2 cm. de lado. Debaixo destes 7 rombos aserrados de 2 cm. de lado. As oito picas triangulares inferiores miden de lado 10 cm. e teñen unha base de 7 cm. En cada triángulo hai tres cruces de lados iguais de 1 cm. 

O FLOCO.

O floco mide 29 cm. ao redor da cara. De longo mide 12 cm. É de cor negro. Dende a parte de arriba de floco ata o fondo do papo ten 2,40 cm.  

A Pantalla pesa 480 gr.




Detalle por dentro e a escuma para protexerse de rozaduras.







Detalle do feltro con que se fixo a cara.


A propietaria da Pantalla.



O meu agradecemento aos propietarios da Pantalla por deixarnos a máscara para disfrutar dela. 
Gracias ao Pipo por tramitar o préstamo.

José Manuel Lorenzo e Celso Lorenzo. Foto amablemente cedida por 
José Manuel Lorenzo.



venres, 7 de febreiro de 2025

PANTALLA FEITA POLO PUCHO (JOSE CARRERA SANTANA) PARA XURXO, FILLO DE MARI VILLARINO.

O Pucho, José Carrera Santana, é un home de entroido polos catro puntos cardinais. Leva animando o entroido de Xinzo de Limia dende que teño memoria. A súa carroza, agora carriño, está operativo dende prirmeira hora da mañá ata que as rúas se fan intransitables. Quen non se ergue en Xinzo nas mañas de entroido e non pregunta "Xa pasou o Pucho?". Porque o Pucho ofrécenos unhas alboradas con música de banda como as de toda a vida. E agradécese, ben que se agradece. Nunca un carriño foi tan agardado. 

Pero é que o Pucho ademáis fixo Pantallas. As Pantallas do Pucho encheron as rúas de Xinzo nos anos oitenta e noventa do século pasado. Son facilmente identificables pola forma da cara e polos deseños das pantallas: o corno cun fondo de cor vermello e con círculos de varias cores. Pasado o tempo pintou as famosas portadas dos discos de Los Suaves co gato negro e a portada do disco de Ñu coa caveira do bóvido. Inda podemos ver algunhas das súas Pantallas trouleando nas rúas de Xinzo de Limia e a min persoalmente faime ilusión velas.

Temos nas mans unha das fermosas Pantallas do Pucho.

A Pantalla é de Mari Villarino que puxo o seu fillo Xurxo. Ten data no corno polo que sabemos que é do ano 1984.

Pantalla do Pucho.

A PANTALLA.

O perímetro da cara é de 24 cm. Da fronte ao quiexo hai 20 cm.

A BARBA.

Nace da parte de abaixo das orellas. A barba é de cor negra. Ten unha patilla a cada lado da cara. O quiexo é de tamaño máis grande.

PATILLA DEREITA.

Ten un longo de 4,50 cm. A parte máis alta ata o floco mide 4,30 cm. A parte estreita do queixo mide 3,50 cm. 

PATILLA ESQUERDA.

Ten un longo de 4,80 cm. A parte máis alta ata o floco mide 4,40 cm. A parte estreita do queixo mide 3,40 cm.

BARBA DO QUEIXO.

De alto dende o floco ten 6,70 cm. De longo mide 7,20 cm. Fáltalle pintura polo paso dos anos.

A BOCA.

A boca é de cor vermella pero non sobresae para fóra dos labios. Ten de longa 5 cm. A anchura na abertura máxima é de 1,10 cm. O ancho do labio superior é de 0,60 cm. e do labio inferior é de 0,70 cm. O ancho do burato é de 0,60 cm. e de longo ten 3,30 cm. A distancia á barba é de 2,20 cm. Ata o fondo do sombreiro no quixo é de 8 cm. A distancia ao floco é de 6,50 cm. A distancia a barba é de 2,20 cm. e ao bigote é de 0,50 cm.

O BIGOTE.

Está pintado de negro e é unha pincelada horizontal.

Mide de longo 5 cm. e de ancho 0,30 cm. e cara as esquinas rematan en punta.

OS COLORETES.

Os colorentes son vermellos. Teñen un diámetro de 1,60 cm. A separación entre eles é de 5,50 cm. 

Lateral da Pantalla do Pucho.

O NARIZ.

O nariz é triangular e ten o burato pintado de vermello. O nariz mide de longo 4,10 cm. De alta mide 2,50 cm. ata a base. De ancha mide 2,80 cm. O burato do nariz mide de ancho 0,90 cm. e de alto mide 1,10 cm. De groso mide 0,70 cm. 

OS OLLOS.    

Os ollos están pintados de vermello por dentro e sobresae a pintura cara fóra.     

O ollo dereito mide de longo 4,20 cm. De alto mide 2,40 cm. O ancho da parte de arriba é de 0,90 cm. Ten 12 pestanas negras na parte de arriba. O ancho da parte de abaixo é de 0,60 cm. con 10 pestanas negras.

O ollo esquerdo mide de longo 4,10 cm. De alto mide 2,60 cm. O ancho da parte de arriba é de 0,80 cm. Ten 13 pestanas negras na parte de arriba. O ancho da parte de abaixo é de 0,80 cm. con 8 pestanas negras.

AS CELLAS.

Non ten cellas.

Lateral esquerdo.

AS ORELLAS.

As orellas están feitas coas abas do sombreiro. A orella esquerda está rota na punta e fáltalle a pintura.

As orellas teñen as seguintes medidas e cores:


As orellas non teñen pintas nas medias e están unidas ao corno.

O CORNO.

O corno ten o rizo tradicional.

As medidas do corno son:

Dende o punto máis alto ata o pano debaixo das orellas mide 33 cm.

O longo do faldón dende debaixo das orellas mide 19 cm.

O ancho da parte media dende a punta do rizo mide 39 cm.

O rizo mide de ancho 11cm. e de alto 9 cm. ata onde fai a curva e 15,50 cm. ata a parte de arriba. 

O borde é branco en todo o contorno de 0,90 cm. de ancho por cada lado. No rizo mide na punta 1,30 cm. Por riba da cara mide 1,20 cm. Na parte do pano mide entre os 0,70 cm. e os 0,30 cm. Detrás das orella mide 2 cm. na parte de abaixo e 1,50 cm. na parte de arriba. No corte, que é a forma triangualar traseira, ten 16 cm. de alto e 5 cm. de ancho.
O triángulo por riba da cara está pintado de vermello e mide 13 cm. de lado e de base ten 9,80 cm.

Lado dereito.
LADO DEREITO.

Sobre fondo vermello comezando por abaixo:

Un círculo negro de 6 cm. de diámetro. A cada lado e na parte baixa do círculo negro temos 2 círculos brancos de 2 cm. de diámetro.
Por riba un círculo amarelo, o sol, de 8,50 cm. de diámetro. Está rodeado por 6 círculos brancos de 1,80 cm de diámetro, que son os planetas xirando ao redor do sol. A cada lado dous círculos azuis á altura dos pequenos círculos brancos da parte de abaixo do grupo dos seis círculos. O círculo azul da dereita mide 3,50 cm. de diámetro e o da esquerda 4,10 cm de diámetro.
Por riba do conxunto do sol e dos planetas hai un círculo azul de 3 cm. de diámetro.
Outro círculo negro arriba á dereita de 6 cm. de diámetro. Por riba e a dereita deste círculo negro temos tres círculos brancos. O que está pola parte de arriba mide 1,60 cm. de diámetro. O da dereita arriba mide 2,20 cm. de diámetro e o que está abaixo mide 1,70 cm. de diámetro.
Máis cara a dereita temos un círculo azul de 3 cm. de diámetro. Segue un círculo branco caendo cara rizo de 2,30 cm. de diámetro. Por último temos no rizo un círculo verde de 6 cm. de diámetro.



Na parte de atrás onde remata o corno aparece a firma de Pucho e a data na que foi feita a Pantalla. A firma ten unha liña por debaixo do nome. A data presenta o 19 máis pequeno e cunha liña por debaixo e o 84 máis grande.

Lado esquerdo.

LADO ESQUERDO.

Sobre fondo vermello empezando por abaixo:

Un círculo negro de 6 cm. de diámetro. A cada lado na parte de abaixo do círculo dous círculos brancos de 2 cm. de diámetro cada un. Por riba a esquerda un círculo azul de 4,10 cm. de diámetro. O círculo solar central é de 8,50 cm. de diámetro que aparece rodeado por 5 círculos brancos e dous azuis. O branco de abaixo a esquerda mide 2 cm. de diámetro. A súa dereita temos outro círculo branco de 2 cm. de diámetro. A dereita deste último temos un círculo azul de 4,10 cm. de diámetro. Por riba deste azul aparece un branco de 2 cm. de diámetro. Por riba do sol temos un círculo branco máis grande de 2,90 cm. de diámetro. A esquerda do sol un círculo azul de 3 cm. de diámetro. Por riba deste círculo azul temos un círculo branco de 2 cm. de diámetro. Por riba deste último branco aparece un azul de 3 cm. de diámetro. Á esquerda temos un círculo negro de 6 cm. de diámetro. A esqueda deste negro temos un círculo branco de 2 cm. de diámetro. Un pouco máis abaixo á esquerde temos un círculo azul de 2,70 cm. de diámetro. Cáseque no rizo o círculo que temos é de cor branco de 1,60 cm. de diámetro. Finalmente no rizo temos un círculo de cor verde de 6 cm. de diámetro.



Na parte de atrás onde remata o corno tamén aparece a firma de Pucho e a data na que foi feita a Pantalla.

O PANO.

O trapo da Pantalla do Pucho.

O pano é de cor azul. Está recortado no fondo en forma de ondulacións irregulares. Mide de longo 60 cm. e de alto 75 cm. Non está cosido ao corno, está grampado con 11 grampas que serían 12 pero unha caiu. Ten sete series verticais de 3 rombos á mesma altura. Nas dúas partes verticais onde acaba a tea hai o corte de medio rombo ou menos que intenta constinuar a serie.

O FLOCO.

O floco é dourado. Mide 32 cm ao redor da cara e métese por debaixo das orellas. De longo mide 7 cm.

Corte do sombreiro por dentro.

Por dentro vemos o típico corte en V do Pucho. O lado da V mide 9 cm. e de base según está colocado mide 3,30 cm. Tamén vemos o triángulo de cartón que por riba do sombreiro.

Non sei o significado das iniciais que aparecen dentro do corno:


A Pantalla pesa 571 gr.

Dicir que popularmente estas Pantallas son coñecidas como Pucheras.

O traballo do Pucho por manter as Pantallas na rúa foi moi importante no seu tempo. Axudou moitísimo a que a Pantalla tivera continuidade. Dende aquí o meu recoñecemento ao seu traballo.

Moitas grazas a Mari Villarino por deixarnos esta Pantalla para que podamos disfrutar dela.



domingo, 2 de febreiro de 2025

PANTALLA DE JOSÉ MANUEL CUQUEJO LÓPEZ (MEL) FEITA POLO JULIO VILLARINO.

A máscara é propiedade da persoa que a leva. Está unida a ela e forma parte da súa vivencia máis íntima. Están xunguidos para sempre. Chega un momento no que a máscara necesita ser cambiada. Non nos sirve porque medramos, porque cae ao chan, porque queremos un modelo máis actual... Pero a máscara vella non se tira, queda gardada por riba do armario da habitación ou no rocho. Os máis curiosos colócana no salón como un adobío. Como nos imos desprender do que nos identifica como únicos no espazo común do entroido e que nos deu tantas alegrías?.

A Pantalla que hoxe teño nas mans ten para a súa familia un valor sentimental moi especial. Quedo moi agradecido porque sei o que significa para eles e penso que se merece tanto pola persoa que a levou como pola persoa que a fixo a miña atención e a de todos os que aman o Entroido e que dexesarían que houbese un letreiro por riba da "Ponte Vella" que disexe... "Ti eres meu Xinzo o máis fermoso do mundo enteiro".

A Pantalla era e é do Mel, José Manuel Cuquejo López, falecido prematuramente. Disfrutou en vida da Pantalla en plenitude cos seus amigos e familiares trouleando polas rúas do Barrio de Abaixo, collendo aos maiores coñecidos, metendoos nas tascas para beber un viño, contar anecdotas, botar unha cantiga e disfruta da festa da vida que é o Entroido.

Dicir, despois de consultar con Carmen Cuquexo e esta con Ana a súa irmá maior, que a Pantalla é de comezos dos anos setenta do século XX. A Pantalla ten 54 ou 55 anos. Como todas as Pantallas da súa época tiña pintados círculos e estrelas no corno. Con catorce anos o propio Mel cambiou o corno da Pantalla ao seu gusto e deixouna como está agora. As influencias musicais dos anos setenta e oitenta fixo que moitos dos debuxos tradicionais fosen cambiados por outros motivos. (Moitas veces as portadas dos discos dos grupos musicais do momento). Tamén me comentan que tivo un pano vermello que foi mudado posteriormente por un pano de cor azul. 

Pola información e polas fotos que se ollan cara o final do artigo, Mel tivo unha primeira Pantalla ata os dez anos que cambiou por que lle quedaba pequena. 

 

Pantalla do Mel.

A PANTALLA.

O perímetro da cara é de 32 cm. Da fronte ao queixo ten 23 cm.

A BARBA.

A barba nace por debaixo das orellas. A barba é de cor negra. Ten unha patilla a cada lado da cara e co queixo queda completa a barba.

PATILLA DEREITA.

Ten un longo de 10 cm. A parte máis alta ata o floco mide 6,40 cm. A parte estreita do queixo ten 4,50 cm. 

PATILLA ESQUERDA.

Ten un longo de 9,50 cm. A parte máis alta ata o floco mide 4,70 cm. A parte estreita do queixo ten 4,50 cm.

O QUEIXO.

De alto dende o floco ten 5,60 cm. De longo mide 12 cm. A barba está a 3,50 cm, da boca.

A BOCA.

A boca é de cor vermella e ten de longa 6,10 cm. coa pintura que sobrasae dos labios. A anchura na abertura máxima é de 1,40 cm. O ancho do labio superior é de 0,90 cm. e do labio inferior é de 1 cm. O burato mide de ancho 3,7 cm. De alto mide 0,20 cm. A distancia ao floco é de 9 cm. Ata o fondo do sombreiro no papo mide 11,80 cm.

O BIGOTE.

O bigote é de feltro empapelado e pintado de cor negro. Está cosido á cara. O lado dereito non conserva o papel mentres que o lado esquerdo conserva o papel e a pintura. Está revirado cara arriba.

De punta a punta mide 8 cm. De ancho mide 0,90 cm.

Sobresae 0,70 cm. do nariz.

Detalle do bigote.

OS COLORETES.

Os colorentes son vermellos e teñen un diámetro de 2,10 cm. A separación entre eles é de 4,90 cm. O colorete dereito está a 1,30 cm. da base do nariz e a 1,60 cm do ollo. O colorete esquerdo esta a 1,90 cm. da base do nariz e a 1,80 cm. do ollo. 

O NARIZ.

O nariz é circular dun só burato. De longo mide 3,60 cm. De alta mide 2,50 cm. ata a base. De ancha mide 3,60 cm. O burato ten de ancho 1,70 cm. e de alto mide 1,60 cm. O grosor do feltro e do papel é de 0,70 cm. e na punta do nariz mide 0,90 cm. Ten pintado de vermello a parte inferior no interior. 

OS OLLOS.

A pintura vermella sobresae dos ollos.

O ollo dereito mide de longo 4,90 cm. á pintura que sobresae. De alto mide 2,70 cm. á pintura que sobresae. O burato ten de longo 3,70 cm. e de alto 2 cm. O ancho da pálpebra de arriba é de 0,20 cm. O ancho da pálpebra de abaixo é tamén de 0,20 cm. Non ten pestanas.

O ollo esquerdo mide de longo 5,30 cm. á pintura que sobresae. De alto mide 2,80 cm. á pintura que sobresae. O burato ten de longo 3,90 cm. e de alto 2 cm. O ancho da pálpebra de arriba é de 0,20 cm. O ancho da pálpebra de abaixo é tamén de 0,20 cm. Non ten pestanas.

AS CELLAS.

Son de cor negras. Están pintadas por todo o bordo da parte superior do ollo.

A cella dereita mide de longo 6 cm. e de ancha mide entre 0,50 cm. e 0,70 cm.

A cella esquerda mide de longo 6,40 cm. e de ancha mide entre 0,40 cm. e 0,70 cm.


AS ORELLAS.

As orellas están feitas de feltro e a parte dianteira está separada do corno. As puntas son anchas e case planas e achéganse moito ao rizo.

Na parte de abaixo non chegan ata a altura do cartón do corno.

As orellas teñen as seguintes medidas e cores:




O CORNO.

O corno ten o rizo primitivo.

As medidas do corno son:

Dende o punto máis alto ata debaixo das orellas mide 29 cm.

O longo do faldón dende debaixo das orellas mide 20 cm.

O ancho da parte media dende á punta do rizo mide 35 cm.

O rizo mide de ancho 14 cm. e de alto 7 cm. 

Lado dereito.

LADO DEREITO.

Non ten borde. O fondo é todo negro. Ten pegadas tres bonecas recortadas dunha revista e un adhesivo. 
As bonecas están en diferentes posturas. A da esquerda, que está sentada, mide de alto 10,50 cm. A que está no rizo e que está de pé mide 11,60cm. A que está na parte inferior cunha perna levantada mide 12,50 cm. 
O adhesivo do lobishome mide 9,80 cm. de alta e 6,50 cm. de ancha.

Lado esquerdo.

LADO ESQUERDO.

Non ten borde. O fondo é todo negro. Ten pegada unha boneca, unha guitarra e un adhesivo.

A boneca é do mesmo estilo que as que están pegadas no lado dereito. Mide de alta 10,90 cm.
O adhesivo é dunha motocicleta de cros. De longo mide 10,20 cm. e de alta 9,10 cm.
Por riba do rizo aparece unha guitarra. Ten de longo 9,30 cm.

O triángulo que está por riba da cara é pequeno, como corresponde ao modelo de rizo. Mide 5 cm. de base e 7 cm. de lado.

Non ten pano.

Como queda comentado no comezo do artigo, tivo un pano de cor vermello que se mudou por un pano de cor azul.

O FLOCO.

É de cor branco. Mide ao redor da cara 43 cm. De longo ten 4,50 cm.




Foto do corte

A Pantalla ten moito interés por dentro onde vemos elementos que facilitaban os movementos da persoa sen ter que preocuparse por unha caída accidental da máscara.

 

Vemos o comentado corte de sombreiro de Julio Villarino.


Ten unha correa de coiro cosida na parte inferior do papo por dentro. De ancho mide 4,50 cm. e de longo 36 cm. A utilidade é para que o fieltro non manque no papo da persoa. A mácara móvese cando a persoa vai correndo e roza no papo co que moitas veces acábase co papo encarnado ou coa pel levandada. Ademáis dalle mais consistencia á máscara en prol da súa propia seguridade. 

Ten dous reforzos de coiro cosidos que axudan a que a cara e o corno estean máis seguros. O reforzo do lado esquerdo mide de longo 8,30 cm. e de ancho 4,50 cm. O do lado dereito ten de longo 7,70 cm. e de ancho mide 4,50 cm.

Coiro de reforzo.


Tamén podemos ver a goma que suxeitaba a máscara á cabeza. A goma púñase na parte de atrás da cabeza, na caluga, para que a máscara non caíra cara adiante. 

A goma mide 30 cm. de longo e de grosa mide 0,30 cm.


A goma e onde vai cosida.


Posición da goma na Pantalla.


A goma está colocada para poñela na caluga.

Para facer máis cómoda a Pantalla e asegurala na cabeza aínda temos outro elemento na parte de dentro da máscara, unha boina cosida que se adaptada á forma do corno. A boina mide 17 cm. de alto e 40 cm. de ancho.

Boina adaptada á forma do corno.

A Pantalla pesa 476 gr.


FOTOS DO MEL.


José Manuel Cuquejo López (Mel) coa súa primeira Pantalla
 que puxo ata os 10 anos.



Mel á esquerda coa súa primeira Pantalla e Raúl.


Mel lucindo traxe xa coa súa nova Pantalla obxecto do estudo.





Carrasco, Mel (arriba á dereita) e Odilo anicado.


.

Arturo Villarino, Toño Nogueiras, Odilo e Mel.
Toño Rodríguez, Carrasco e Chelís.




O meu agradecemento a Carmen Cuquexo polo préstamo da Pantalla e por toda a información do Mel e da súa Pantalla. O meu agradecemento asimesmo a toda a súa familia por facilitarme información e enviarme unhas fotos ben lindas. Parabéns a esta familia por conservar tan ben esta Pantalla que é unha preciosidade.