O Pucho, José Carrera Santana, é un home de entroido polos catro puntos cardinais. Leva animando o entroido de Xinzo de Limia dende que teño memoria. A súa carroza, agora carriño, está operativo dende prirmeira hora da mañá ata que as rúas se fan intransitables. Quen non se ergue en Xinzo nas mañas de entroido e non pregunta "Xa pasou o Pucho?". Porque o Pucho ofrécenos unhas alboradas con música de banda como as de toda a vida. E agradécese, ben que se agradece. Nunca un carriño foi tan agardado.
Pero é que o Pucho ademáis fixo Pantallas. As Pantallas do Pucho encheron as rúas de Xinzo nos anos oitenta e noventa do século pasado. Son facilmente identificables pola forma da cara e polos deseños das pantallas: o corno cun fondo de cor vermello e con círculos de varias cores. Pasado o tempo pintou as famosas portadas dos discos de Los Suaves co gato negro e a portada do disco de Ñu coa caveira do bóvido. Inda podemos ver algunhas das súas Pantallas trouleando nas rúas de Xinzo de Limia e a min persoalmente faime ilusión velas.
Temos nas mans unha das fermosas Pantallas do Pucho.
A Pantalla é de Mari Villarino que puxo o seu fillo Xurxo. Ten data no corno polo que sabemos que é do ano 1984.
 |
Pantalla do Pucho. |
A PANTALLA.
O perímetro da cara é de 24 cm. Da fronte ao quiexo hai 20 cm.
A BARBA.
Nace da parte de abaixo das orellas. A barba é de cor negra. Ten unha patilla a cada lado da cara. O quiexo é de tamaño máis grande.
PATILLA DEREITA.
Ten un longo de 4,50 cm. A parte máis alta ata o floco mide 4,30 cm. A parte estreita do queixo mide 3,50 cm.
PATILLA ESQUERDA.
Ten un longo de 4,80 cm. A parte máis alta ata o floco mide 4,40 cm. A parte estreita do queixo mide 3,40 cm.
BARBA DO QUEIXO.
De alto dende o floco ten 6,70 cm. De longo mide 7,20 cm. Fáltalle pintura polo paso dos anos.
A BOCA.
A boca é de cor vermella pero non sobresae para fóra dos labios. Ten de longa 5 cm. A anchura na abertura máxima é de 1,10 cm. O ancho do labio superior é de 0,60 cm. e do labio inferior é de 0,70 cm. O ancho do burato é de 0,60 cm. e de longo ten 3,30 cm. A distancia á barba é de 2,20 cm. Ata o fondo do sombreiro no quixo é de 8 cm. A distancia ao floco é de 6,50 cm. A distancia a barba é de 2,20 cm. e ao bigote é de 0,50 cm.
O BIGOTE.
Está pintado de negro e é unha pincelada horizontal.
Mide de longo 5 cm. e de ancho 0,30 cm. e cara as esquinas rematan en punta.
OS COLORETES.
Os colorentes son vermellos. Teñen un diámetro de 1,60 cm. A separación entre eles é de 5,50 cm.
 |
Lateral da Pantalla do Pucho. |
O nariz é triangular e ten o burato pintado de vermello. O nariz mide de longo 4,10 cm. De alta mide 2,50 cm. ata a base. De ancha mide 2,80 cm. O burato do nariz mide de ancho 0,90 cm. e de alto mide 1,10 cm. De groso mide 0,70 cm.
OS OLLOS.
Os ollos están pintados de vermello por dentro e sobresae a pintura cara fóra.
O ollo dereito mide de longo 4,20 cm. De alto mide 2,40 cm. O ancho da parte de arriba é de 0,90 cm. Ten 12 pestanas negras na parte de arriba. O ancho da parte de abaixo é de 0,60 cm. con 10 pestanas negras.
O ollo esquerdo mide de longo 4,10 cm. De alto mide 2,60 cm. O ancho da parte de arriba é de 0,80 cm. Ten 13 pestanas negras na parte de arriba. O ancho da parte de abaixo é de 0,80 cm. con 8 pestanas negras.
AS CELLAS.
Non ten cellas.
 |
Lateral esquerdo. |
AS ORELLAS.
As orellas están feitas coas abas do sombreiro. A orella esquerda está rota na punta e fáltalle a pintura.
As orellas teñen as seguintes medidas e cores:
As orellas non teñen pintas nas medias e están unidas ao corno.
O CORNO.
O corno ten o rizo tradicional.
As medidas do corno son:
Dende o punto máis alto ata o pano debaixo das orellas mide 33 cm.
O longo do faldón dende debaixo das orellas mide 19 cm.
O ancho da parte media dende a punta do rizo mide 39 cm.
O rizo mide de ancho 11cm. e de alto 9 cm. ata onde fai a curva e 15,50 cm. ata a parte de arriba.
O borde é branco en todo o contorno de 0,90 cm. de ancho por cada lado. No rizo mide na punta 1,30 cm. Por riba da cara mide 1,20 cm. Na parte do pano mide entre os 0,70 cm. e os 0,30 cm. Detrás das orella mide 2 cm. na parte de abaixo e 1,50 cm. na parte de arriba. No corte, que é a forma triangualar traseira, ten 16 cm. de alto e 5 cm. de ancho.
O triángulo por riba da cara está pintado de vermello e mide 13 cm. de lado e de base ten 9,80 cm.
 |
Lado dereito. |
LADO DEREITO.
Sobre fondo vermello comezando por abaixo:
Un círculo negro de 6 cm. de diámetro. A cada lado e na parte baixa do círculo negro temos 2 círculos brancos de 2 cm. de diámetro.
Por riba un círculo amarelo, o sol, de 8,50 cm. de diámetro. Está rodeado por 6 círculos brancos de 1,80 cm de diámetro, que son os planetas xirando ao redor do sol. A cada lado dous círculos azuis á altura dos pequenos círculos brancos da parte de abaixo do grupo dos seis círculos. O círculo azul da dereita mide 3,50 cm. de diámetro e o da esquerda 4,10 cm de diámetro.
Por riba do conxunto do sol e dos planetas hai un círculo azul de 3 cm. de diámetro.
Outro círculo negro arriba á dereita de 6 cm. de diámetro. Por riba e a dereita deste círculo negro temos tres círculos brancos. O que está pola parte de arriba mide 1,60 cm. de diámetro. O da dereita arriba mide 2,20 cm. de diámetro e o que está abaixo mide 1,70 cm. de diámetro.
Máis cara a dereita temos un círculo azul de 3 cm. de diámetro. Segue un círculo branco caendo cara rizo de 2,30 cm. de diámetro. Por último temos no rizo un círculo verde de 6 cm. de diámetro.
Na parte de atrás onde remata o corno aparece a firma de Pucho e a data na que foi feita a Pantalla. A firma ten unha liña por debaixo do nome. A data presenta o 19 máis pequeno e cunha liña por debaixo e o 84 máis grande.
 |
Lado esquerdo. |
LADO ESQUERDO.
Sobre fondo vermello empezando por abaixo:
Un círculo negro de 6 cm. de diámetro. A cada lado na parte de abaixo do círculo dous círculos brancos de 2 cm. de diámetro cada un. Por riba a esquerda un círculo azul de 4,10 cm. de diámetro. O círculo solar central é de 8,50 cm. de diámetro que aparece rodeado por 5 círculos brancos e dous azuis. O branco de abaixo a esquerda mide 2 cm. de diámetro. A súa dereita temos outro círculo branco de 2 cm. de diámetro. A dereita deste último temos un círculo azul de 4,10 cm. de diámetro. Por riba deste azul aparece un branco de 2 cm. de diámetro. Por riba do sol temos un círculo branco máis grande de 2,90 cm. de diámetro. A esquerda do sol un círculo azul de 3 cm. de diámetro. Por riba deste círculo azul temos un círculo branco de 2 cm. de diámetro. Por riba deste último branco aparece un azul de 3 cm. de diámetro. Á esquerda temos un círculo negro de 6 cm. de diámetro. A esqueda deste negro temos un círculo branco de 2 cm. de diámetro. Un pouco máis abaixo á esquerde temos un círculo azul de 2,70 cm. de diámetro. Cáseque no rizo o círculo que temos é de cor branco de 1,60 cm. de diámetro. Finalmente no rizo temos un círculo de cor verde de 6 cm. de diámetro.

Na parte de atrás onde remata o corno tamén aparece a firma de Pucho e a data na que foi feita a Pantalla.
O PANO.
 |
O trapo da Pantalla do Pucho. |
O pano é de cor azul. Está recortado no fondo en forma de ondulacións irregulares. Mide de longo 60 cm. e de alto 75 cm. Non está cosido ao corno, está grampado con 11 grampas que serían 12 pero unha caiu. Ten sete series verticais de 3 rombos á mesma altura. Nas dúas partes verticais onde acaba a tea hai o corte de medio rombo ou menos que intenta constinuar a serie.
O FLOCO.
O floco é dourado. Mide 32 cm ao redor da cara e métese por debaixo das orellas. De longo mide 7 cm.
 |
Corte do sombreiro por dentro. |
Por dentro vemos o típico corte en V do Pucho. O lado da V mide 9 cm. e de base según está colocado mide 3,30 cm. Tamén vemos o triángulo de cartón que por riba do sombreiro.
Non sei o significado das iniciais que aparecen dentro do corno:
A Pantalla pesa 571 gr.
Dicir que popularmente estas Pantallas son coñecidas como Pucheras.
O traballo do Pucho por manter as Pantallas na rúa foi moi importante no seu tempo. Axudou moitísimo a que a Pantalla tivera continuidade. Dende aquí o meu recoñecemento ao seu traballo.
Moitas grazas a Mari Villarino por deixarnos esta Pantalla para que podamos disfrutar dela.