luns, 24 de febreiro de 2025

PANTALLA FEITA POR RAQUEL RODRÍGUEZ MÉNDEZ PARA A SÚA NETA RAQUEL SÁNCHEZ GONZÁLEZ. ANO 1997.

Raquel Rodríguez Méndez foi unha muller que viviu o Entroido de Xinzo de Limia en plenitude. Disfrutou da parte lúdica saindo aos bailes e a rúa a troulear. Tamén disfuou da parte tradicional do entroido porque vestiu a Pantalla alá polos comezos dos anos cincuenta do século pasado, según nos manifesta o seu fillo Jorge Juan Sánchez Rodríguez. E saía con outras dúas mulleres, Sita Salgado Ferrín e Lucita Tejada Peláez?. Daquelas non parecía moi ben que as mulleres puxesen a Pantalla, polo que é moi posible que saíse de Pantalla cos seus parentes os Villarino da Praza e que entre eles pasara desapercibida máis ou menos. (Dato aportado por Carmen Cuquejo).

Pero Raquel tamén fixo Pantallas, dende a máscara ata as capas e os políns, e polo que puden observar, xunto cos meus compañeiros que estudamos o entroido de Xinzo de Limia, sabía moi ben o que facía porque están moi ben elavoradas, tanto a máscara como as prendas de roupa. 

Merece coñecerse o traballo desta muller e que forme parte das persoas que conseguiron que o noso entroido perdurase no tempo e chegase ata nós. Dende estas páxinas o meu agradecemento porque por persoas coma ela podo e podemos todos disfrutar do noso entroido.  

De Julio Villarino aprendeu Raquel a facer as Pantallas.

A Pantalla deste artigo é unha Pantalla infantil que fixo Raquel Rodríguez Méndez para a súa neta Raquel Sánchez González no ano 1997.


A PANTALLA.

O perímetro da cara é de 28 cm. Da fronte ao queixo mide 18 cm. Ten a cor rosa forte que tanto se pintou nos anos oitenta e noventa do século XX.

A BARBA.

Nace por debaixo das orellas. A barba é de cor negra. Ten unha patilla a cada lado da cara e co queixo queda completa a barba. 

PATILLA DEREITA.

Ten un longo de 8,40 cm. A parte máis alta ata o floco mide 3,50 cm. A parte estreita do queixo mide 3 cm. 

PATILLA ESQUERDA.

Ten un longo de 7,30 cm. A parte máis alta ata o floco mide 3,40 cm. A parte estreita do queixo mide 3,10 cm. 

O QUEIXO.

De alto dende o floco ten 4,50 cm. De longo mide 6,80 cm. A barba está a 1,10 cm. da boca.

A BOCA.

A boca é de cor vermella e a pintura sobresae dos beizos. Ten de longa con pintura 5,50 cm. A abertura máxima é de 1 cm. O ancho do labio superior é de 0,80 cm. e do labio inferior é de 0,60 cm. O burato da boca ten 0,40 cm. de alto e de longo mide 4,60 cm. A distancia ao floco é de 5,90 cm. Ata o fondo do papo mide 7,10 cm.

O BIGOTE.

O bigote está pintado de cor negro. Está dividido en dous tramos. Están pintados nuns trazos ascendentes. O dereito mide 2,40 cm. de longo e 0,30 cm. de ancho. Con relación á boca o lado máis cercano está a 0,20 cm. e o que está máis lonxe está a 1,10 cm. O esquerdo mide 2,20 cm. de longo e 0,30 cm. de ancho. Con relación á boca o lado máis cercano está a 0,20 cm. e o que está máis lonxe está a 0,80 cm. 

De punta a punta o bigote mide 4,80 cm. A distancia intermedia entre as dúas partes é de 0,60 cm.


OS COLORETES. 

Os colorentes son vermellos. Teñen de diámetro 1 cm. A separación entre eles é de 4,80 cm. A separación da base do nariz do colorete dereito é de 1,20 cm. e do ollo está a 1,80 cm. No colorete esquerdo a separación da base do nariz é de 1,10 cm. e do ollo está a 1,90 cm.

O NARIZ.

O nariz é circular e non ten o burato pintado de vermello. O nariz mide de longo 3,60 cm. De alto mide 1,60 cm. ata a base. De ancho mide 2,80 cm. O burato do nariz mide de ancho 1,90 cm. e de alto mide 0,90 cm. De groso mide 0,80 cm. na punta do nariz e nos lados mide 0,60 cm.

OS OLLOS.

O ollo dereito mide de longo con pintura 4,60 cm. De alto mide 3,10 cm. coa pálpebra de arriba. O burato mide de longo 3,70 cm. e de alto mide 2,40 cm. O ancho da pálpebra de arriba é de 0,60 cm. Non ten pestanas. O ancho da pálpebra de abaixo é de 0,90 cm. 

O ollo esquerdo mide de longo con pintura 4,70 cm. De alto mide 3 cm. coa pálpebra de arriba. O burato mide de longo 3,50 cm. e de alto mide 2,30 cm. O ancho da pálpebra de arriba é de 0,60 cm. Non ten pestanas. O ancho da pálpebra de abaixo é de 0,80 cm. 


AS CELLAS.

Son de cor negras. Están pintadas por todo o bordo da parte superior do ollo.

A cella dereita mide de longo 6,40 cm. e de ancha mide 0,50 cm. Está a 1 cm. do ollo.

A cella esquerda mide de longo 5,20 cm. e de ancha mide 0,50 cm. Está a 0,90 cm. do ollo.

AS ORELLAS.

As orellas están feitas de feltro e pola parte traseira está totalmente separada.

Vista cenital da orella.

As orellas teñen as seguintes medidas e cores:



O CORNO.

O corno ten o rizo especial motivado polo pequeno tamaño da Pantalla. Estariamos entre o primitivo e o antigo.

As medidas do corno son:

Dende o punto máis alto ata o pano debaixo das orellas mide 22,50 cm.

O longo do faldón dende debaixo das orellas é de 19 cm.

O ancho da parte media dende á punta do rizo son 28 cm.

O rizo mide de ancho 7 cm. e de alto 10 cm. 

O borde é do cor prateado de entre 1 cm. e 1,20 cm. de ancha. Non está pintado pola parte de atrás das orellas. No faldón, onde o pano, mide entre os 3,20 cm. na parte de atrás e os 1,80 cm. no lado da cara. O pano non deixa ver o borde debaixo das orellas e na parte traseira mide 0,90 cm. O corte mide de ancho sen pano de base 5 cm. e 5,90 cm. de lado. Métese lixeiramente cara dentro. 



O triángulo por riba da cara está feito de papel. Está apoiado nos fios de coser as dúas partes do corno. Ten fondo de cor negro e non ten borde que o separe da cara. O triángulo ten de base 6,50 cm. e de lado 7 cm.


LADO DEREITO.

Ten o fondo negro con planetas (círculos) e estrelas. Empezando polos planetas temos na parte de abaixo á esquerda un planeta prateado cun diámetro de 1,70 cm. con 7 puntos ao seu redor. Á dereita deste primeiro círculo temos outro de cor vermello de 0,90 cm. de diámetro con 6 puntos ao seu redor. Á dereita deste vermello temos outro vermello de 2,10 cm. de diámetro con 8 puntos ao seu redor. Tamén a dereita deste último temos un círculo amarelo de 1,30 cm. de diámetro con 7 puntos ao seu redor. Por último nesta líña inferior de círculos temos un vermello de 1,10 cm. de diámetro e 6 puntos ao seu redor. Por ribas destes e de esquerda a dereita temos un círculo branco de 1,40 cm. de diámetro con 7 puntos ao seu redor. Despois un círculo amarelo de 1,80 cm. de diámetro e 8 puntos ao seu redor. Continúa un prateado de 2,40 cm. de diámetro e 9 puntos ao seu redor. Á esquerda un círculo vermello de 1,40 cm. de diámetro e 6 puntos ao seu redor. Por riba deste un prateado de 1,80 cm. de diámetro e 8 puntos ao seu redor. Á dereita un vermello de 1,80 cm. de diámetro con 8 puntos ao seu redor. Á dereita un branco de 2,10 cm. de díametro e 9 puntos ao seu redor. Por riba do vermello un branco de 1,90 cm. de diámetro e 7 círculos ao seu redor. Por riba un círculo amarelo de 1,80 cm. de diámetro e 7 puntos ao seu redor. Seguido un vermello de 1,50 cm. de diámetro e 7 puntos vermello ao seu redor. Por riba un branco de 0,80 cm. de diámetro e 6 puntos ao seu redor. Máis abaixo outro círculo branco de 1,10 cm. de diámetro e 5 puntos ao seu redor. Outro círulo dourado de 2,30 cm. de diámetro con 8 puntos ao seu redor. Por último un círculo amarelo de 1,70 cm. de diámetro e 6 puntos ao seu redor. 

Polo contorno e debaixo do borde ten un grupo de tres puntos que forman un triángulo, dous puntos abaixo e un arriba. Tamén podemos ver 7 grupos de 3 puntos en liña de cor branco. No fondo negro vemos 2 grupos de cor branco facendo un triángulo e 1 de cor vermello facendo tamén un triángulo. Aparecen 2 grupos dunha figura cun punto central e 6 puntos ao seu redor de cor branco. Temos un similar a este anterior pero ten o punto central rodeado por 5 puntos de cor branco. Por últmo aparecen 2 grupos de un punto grande e 6 que o siguen en fila nun caso e con cinco en fila noutro, todos de cor branco. 


LADO ESQUERDO.

Fondo negro con planetas (círculos) e grupos de estrelas. Na parte de abaixo á dereita temos un círculo vermello de 1,40 cm. de diámetro e 7 puntos ao seu redor. A esquerda ten un círculo amarelo de 1,40 cm. de diámetro de 7 puntos ao seu redor. Por riba do vermello un círculo prateado de 1,90 cm. de diámetro e 7 puntos ao seu redor. Por riba do círculo amarelo un círculo de cor branco de 1,40 cm. de diámetro e 7 puntos ao seu redor. A esquerda deste un círculo prateado de 2,50 cm. de diámetro con 8 puntos ao seu redor. A esquerda un círculo vermello de 1,20 cm. de diámetro e 7 puntos ao seu redor. Por riba deste último un círculo de cor branco de 1,30 cm. de diámetro con 8 puntos ao seu redor. Á dereita un círculo vermello de 2,40 cm. de diámetro con 8 puntos ao seu redor. Á dereita deste un circulo de cor branco de 2 cm. de diámetro con 8 puntos ao seu redor. Por riba un círculo prateado de 1,90 cm. con 8 puntos ao seu redor. Á esquerda un círculo amarelo de 1,20 cm. de diámetro con 7 puntos ao seu redor. Por riba un círculo vermello de 1,20 cm. de diámetro con 7 puntos ao seu redor. Cara o rizo temos un círculo prateado de 1,90 cm. de diámetro con 7 puntos ao seu redor. Á esquerda arriba un círculo branco de 1,40 cm. de diámetro con 9 puntos ao seu redor. Debaixo deste un círculo vermello de 1,20 cm. de diámetro con 7 puntos ao seu redor. No rizo un círculo amarelo de 2, 40 cm. de diámetro con 8 puntos ao seu redor.

Tamén temos polo contorno e debaixo do borde, un grupo de tres puntos que forman un triángulo, dous puntos abaixo e un arriba. Podemos ver 3 grupos de punto central e 6 puntos ao seu redor de cor branco. Un de un punto central e 5 puntos ao seu redor de cor branco. Temos 4 grupos en forma de triángulo de cor branco. Tamén aparece 9 grupos de 3 puntos brancos en liña. Temos 8 grupos de 3 puntos en liña de cor branco no rizo ao redor do círculo amarelo. Hai 3 grupos de 2 puntos en liña. Seguimos con 3 puntos brancos máis grandes con manchas azuis.  Aparecen tamén 2 grupos dun punto grande con unha estela de 6 puntos cara un lado e 3 cara outro de cor branco. 


O PANO.

O pano é de cor azul. Todo o contorno está aserrado con cortes de 1,50 cm. de lado. De longo mide 36 cm. e de ancho 80 cm. O picado está composto por 15 grupos de 2 rombos uns por riba dos outros que miden de lado sobre 1,50 cm. 

O FLOCO.

O floco é de cor dourado. Mide 30 cm. ao redor da cara. De longo mide 6,50 cm. Dende a parte de arriba do floco ata o fondo do papo ten 1,20 cm.  

A Pantalla pesa 283 gr.

 


Álvaro Gelpi Asorey, Raquel Rodríguez Méndez, Antonio Salgado Ferrín e Lina Acevedo.
Os nenos son Pedro Antonio Rodríguez Gelpi e María José Taboada Rodriguez, ambos sobriños de Raquel. (Foto enviada por Carmen Cuquejo).

O meu agradecemento a Jorge por ter colaborado tan amablemente aportando as máscaras e moitísima información que é moi importante.

Muito obrigado Jorge!!!